Formulario mostra de interese Xornada de Descubrimento de Proxectos "Cluster TIC Capital Network"

O formulario para a mostra de interese en participar na Xornada de Descubrimento de Proxectos CCN'2015 atópase pechado.

As inscricións realizadas están a ser analizadas ao longo da semana do 20 ao 24 de xullo; comunicaráselles ás entidades canto antes a decisión da organización.

Agradecemos a todos os participantes o alto interese amosado na iniciativa.

No caso de necesitar corrixir información dunha inscrición ou de ter algún comentario sobre o proceso de inscrición, podedes dirixir as vosas dúbidas ao correo info@clusterticgalicia.com