Merendas no Aquarium 2019
>> O FORMULARIO ESTARÁ ABERTO O LUNS 4 DE NOVEMBRO DE 10:00 A 13:00 <<
IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN:
AS PRAZAS ADXUDICARANSE POR ESTRITO ORDE DE RECEPCIÓN DA SOLICITUDE
– Pódese preinscribir como máximo a 3 participantes por solicitude. Por cada menor prescrito, precisamos os datos da nai/pai/titor legal de cada un. No caso de non achegar esta información ou de que sexa falsa, anularemos a solicitude.
– Non se admite a preinscrición ao mesmo participante dúas veces.
– IDADE: Para menores de entre 4 e 13 anos cumpridos.
– DATAS: 9, 10, 23, 24, 30 de novembro e 1 de decembro (PODERÁ SELECCIONAR A OPCIÓN "VÁLEME CALQUERA DATA" OU SOLICITAR ATA CATRO DATAS CONCRETAS)
– HORARIO DA ACTIVIDADE: De 16:30 a 18:00.
– Para participar hai que solicitar praza enchendo este formulario online o LUNS 4 DE NOVEMBRO DE 10:00 A 13:00. Despois de recibir a confirmación de contar con praza (a través do correo electrónico que nos proporciones) é necesario aboar na recepción do acuario, o mesmo día da actividade, unha entrada reducida (4€) e recibirá unha invitación para merendar (a actividade é gratuíta para as nenas e nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vente).
– Todos os datos achegados ao formulario deben ser certos, en caso contrario a solicitude quedará anulada.