OBRADOIRO SÁBADO 20/06/2020 ÁS 12H EN "O SERÁN" R/MANUEL NUÑEZ, 29, VIGO
Recibirás unha mensaxe no tlf/correo que indiques confirmando a túa inscrición.
Neste taller, impartido pola Compañía de Teatro A Panadaría e que mestura crítica, arte e xeografía, elaboramos un mapa colaborativo poñendo atención á visibilidade e seguridade do colectivo LGTBIQ+ nas rúas da cidade para xerar dinámicas de reflexión sobre a habitabilidade do territorio. Podes facerte unha idea aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=XmdvQ1WXqTEINSCRICIÓN MÁXIMA 20 PERSOAS
NORMAS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO COVID:
-Acude con máscara, estaremos traballando en pequeno grupo e a pesar de que haberá espazo para respectar a distancia de seguridade, haberá momentos en que te achegues máis a outras persoas.
-Manten a distancia de seguridade, sempre que sexa posible.
-Non podes participar se tes síntomas atribuibles ao COVID-19 como febre, dor de gorxa, tos seca, diarrea....
-Non podes participar se te atopas en illamento por un diagnóstico de COVID-19 ou en corentena domiciliaria por estar en contacto con alguén con sintomatoloxía ou diagnosticadx de COVID-19