Inscrición na 2ª edición do Seminario "Hábitat a Escala Humana"
Sign in to Google to save your progress. Learn more
DHabitat é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento, que nace na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en consorcio coa asociación Arquitectos Sen Fronteiras e co apoio económico da Xunta de Galicia.

Entre as actividades formativas e de sensibilización que forman parte do proxecto, inclúese a organización da 2ª edición do Seminario "Hábitat a Escala Humana", o cal adopta un papel de complementariedade dos contidos do curso en liña realizado de xeito paralelo, a través do desenvolvemento teórico de certos conceptos ou mesmo da exposición de experiencias concretas.

OBXECTIVOS
- Fomentar e visibilizar a transdisciplinariedade no traballo en torno ao hábitat como ferramenta básica para incorporarse ou desenvolver a estratexias orientadas a xerar un cambio social en favor dunhas condicións de vida máis equitativas e humanas.
- Mellorar as capacidades e habilidades dos profesionais no enfoque das necesidades humanas en procesos de desenvolvemento compartidos e coordinados entre diferentes actores.
- Aportar miradas complementarias sobre as temáticas tratadas a partires de persoas de recoñecida traxectoria y experiencia.

PROGRAMA

SESIÓN 1 - Xoves, 3 de Abril de 2014 – 16:30h [3h]
DEREITO AO HÁBITAT E Á CIDADE
Ana Filgueiras + Vanesa Valiño (Observatori DESC)
Perspectiva complexa do hábitat; dimensións e a evolución conceptual. O dereito á cidade. Aproximación aos asentamentos humanos e á súa precariedade. Degradación da cidade existente e recoñecemento de procesos.

SESIÓN 2 - Luns, 5 de Maio de 2014 – 16:30h [3h]
HABITABILIDADE BÁSICA
Carlos González Lobo + Mª Eugenia Hurtado + Felipe Colavidas
Os retos da pobreza humana. A habitabilidade básica como dereito e como reto. Políticas e prácticas do sector “informal” de vivendas evolutivas e de asentamientos.

SESIÓN 3 - Xoves, 29 de Maio de 2014 – 16:30h [3h]
XESTIÓN SOCIAL DO HÁBITAT
Sostre Civic* + Hiria Kolektiboa
Conceptos e actores na xestión social do hábitat. Políticas, modelos e experiencias. Dereito á vivenda e políticas relacionadas.

SESIÓN 4 - Xoves, 26 de Xuño de 2014 – 16:30h [3h]
INTERVENCIÓN SOCIAL
Raons Públiques + Carlos Verdaguer
Modelos, retos e principios básicos da intervención social. Metodoloxías e experiencias de procesos participativos.
*pendente de confirmación

SESIÓN 5 - Xoves, 17 de Xullo de 2014 – 16:30h [3h]
TECNOLOXÍAS APROPIADAS
Alejandro Fernández + Enxeñería sen Fronteiras
Definición e características das tecnoloxías apropiadas. Planificación urbana para un desenvolvemento sustentable. Arquitecturas vernáculas e patrimonio histórico. Sistemas tradicionais de construción. Sistemas de auga, saneamento e enerxía. Tecnoloxías para o desenvolvemento. Tecnoloxías para a urxencia.

LUGAR
Salón de grados de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Campus de A Zapateira s/n.

INSCRICIÓN
Aínda que a asistencia é libre, as inscricións son gratuitas e darán acceso a un certificado de asistencia e ao correspondente recoñecemento de créditos de libre elección por parte da Universidade de A Coruña para aquelas persoas que asistan ao 80% das sesións (en tramitación). Estarán abertas ata o día 3 de Abril antes das 12:00h e pódense realizar a través do seguinte formulario.
Nome *
Nombre
Apelidos *
Apellidos
Correo electrónico *
Lugar de residencia *
Motivos para inscribirme na 2ª edición do Seminario "Hábitat a Escala Humana" *
Motivos para inscribirme en la 2ª edición del Seminario "Hábitat a Escala Humana"
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report