Request edit access
CAMPAMENTO DE VERÁN 2017
Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán DISFRUTA E APRENDE que organiza a ANPA Valle-Inclán xunto coa Asociación Deportiva As Mariñas durante todo o mes de xullo no CEIP Valle-Inclán.
Durante este mes intentaremos encher o tempo libre das vosas crianzas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ao monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas, teatrais e actividades en lingua inglesa procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión e a aprendizaxe.

O día de inicio será o luns 3 de xullo e durará ata o luns 31 do mesmo mes, día no que se realizará a festa de clausura para TODAS as crianzas que participaron no campamento e as súas familias.
A hora de entrada será ás 09:00h. da mañá de luns a venres aínda que a partir das 8:00h. haberá un servizo de madrugadores. A saída será ás 14:00h. agás para quen utilice o servizo de comedor que poderán estar ata as 16:00h.

As inscricións poderanse facer por unha ou dúas quincenas:
- 1ª quincena: do 3 ao 14 de xullo.
- 2ª quincena: do 17 ao 31 (día 31 festa de clausura).

Inscricións online a partir do 18 de abril ás 14:00h. a través deste formulario.

Listado provisional: 19 de maio no taboleiro da ANPA e páxina web: www.apavalleinclan.es

Reclamacións: 22 e 23 de maio de 14:00h. a 18:00h.

Listado definitivo e nº de prazas vacantes (no caso de que haxa): 24 de maio.

Ingreso de cartos: do 24 de maio ao 05 de xuño o 50%. O outro 50% antes do 1 de xullo.

Nº Conta Banco Popular ES63 0238 8114 3906 0324 5156

Prazas limitadas: 100 usuarias/os
(40 E. Infantil e 60 E. Primaria)
Respectarase a orde de inscrición e darase a seguinte preferencia:
1º socias/os ANPA, 2º alumnado do centro non asociado á ANPA, 3º resto solicitudes.

Plan de actividades semanal
Períodos de inscrición e prezos
DISFRUTA E APRENDE 2017
APELIDOS
Your answer
NOME
Your answer
CURSO
IDADE
Your answer
SOCIA/O DA ANPA VALLE INCLÁN?
DATAS DE ASISTENCIA
UTILIZA COMEDOR?
ENDEREZO
Your answer
NOME DO PAI/NAI/TITOR/A
Your answer
DNI DO PAI/NAI/TITOR/A
Your answer
CORREO ELECTRÓNICO
Your answer
TELÉFONOS
Your answer
DATOS MÉDICOS
Your answer
Ten as vacinas ao dÍa?
Alerxias?
Your answer
Pacede algunha enfermidade?
Your answer
Necesita algún réxime especial de alimentación?
Your answer
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o no campamento de verán do CEIP Valle - Inclán organizado pola ANPA Valle - Inclán e a Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo as decisións médico-quirúrxicas que no caso de urxencia fose preciso adoptar baixo a dirección facultativa pertinente. Esta autorización e extensiva a todas as actividades programadas: sendeirismo, xogos, excursións... Ademais acepto que se o/a meu fillo/a reincide en comportamentos e actitudes non axeitadas durante o desenvolvemento do campamento podera ser enviado/a para a casa e incluso ser expulsado/a do campamento. De ser así só se lles será devolto o 50% do importe dos días restantes.
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o no campamento de verán do CEIP Valle - Inclán organizado pola ANPA Valle - Inclán e a Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo a facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo durante o campamento de verán. As imaxes poderán ser usadas para uso interno en memorias e proxectos da ANPA e da Asociación Deportiva As Mariñas, difundir esta actividade na páxina web (www.apavalleinclan.es) e redes sociais da entidade. A ANPA Valle Inclán comprométese a que a utilización destas imaxes respectará a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica da/o menor.
ASINO E ENVÍO NA SEGUINTE DATA
MM
/
DD
/
YYYY
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms