Request edit access
Visitamos o Courel
Como nos imos desprazar ata a Serra do Courel cremos interesante poder ofertar unha actividade que comprenda toda a fin de semana podendo elixir participar o sábado 30 de xuño, o domingo 01 de xullo ou ambos. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Paula Gómez del Valle que impartirá o obradoiro de fotografía o sábado 30 e o domingo 01 de xuño camiñaremos pola Serra do Courel da man de Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes e Transitum Natura.

SÁBADO 30 de xuño: OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA polos arredores de Folgoso do Courel. Cada participante levará ou ben unha cámara (recoméndase que non sexa moi pesada) ou ben o teléfono móbil. Ao rematar a xornada proxectaremos os traballos feitos e comentaremos a técnica.
HORA: ás 11:30h. no ALBERGUE DE FOLGOSO DO COUREL.
O xantar do día do obradoiro de fotografía (sábado 30) correrá a cargo de cada participante.
Localización:
Parroquia: Folgoso do Courel (Santa María)
Rúa: Fondo da Vila s/n. 27325  Folgoso do Courel – Lugo
Coordenadas:
42º 35' 17.0" N - 7º 11' 47.0" W

DOMINGO 01 de xullo: CAMIÑATA POLA SERRA DO COUREL. Ruta Val do Río Pequeno.
Atoparémonos o domingo 01 de xullo ás 11:00h. en Seoane (salida do pobo rumbo a Folgoso).

PRAZO MÁXIMO PARA ANOTARSE: 04 de xuño.
A partir do día 05 de xuño non poderemos garantir a hospedaxe no albergue de Folgoso do Courel.

• Se o tempo meteorolóxico é moi adverso a actividade suspenderase e realizarase noutra data. De darse o caso, a organización poñerase en contacto con cada unha das persoas inscritas. De non ser así, a actividade realizarase segundo o acordado.
• Toda a información en www.implicadas.net ou escribindo a secretariaimplicadas@gmail.com.

RECOMENDACIÓNS:
- Levar calzado cómodo e flexible, preferiblemente botas de montaña.
- Levar outra muda completa.
- Levar roupa axeitada para a actividade e vendo as condicións meteorolóxicas coas que coincidamos. Pantalóns longos, chuvasqueiro,...
- Levar bastóns, facilitaranos a camiñata.
- Hidratarse a miúdo bebendo auga.
- Protexer a pel e os ollos con protección solar e gafas de sol.
- Non arrancar, cortar ou deteriorar a vexetación.
- Non esquecer que no monte hai que cumprir unhas normas: respecta a flora, a fauna e o patrimonio etnográfico.
- Non arroxar lixo e se o atopas, por favor recólleo e deposítao nos lugares acondicionados para tal fin.
- Non alterar a tranquilidade natural con ruídos, altofalantes ou luces innecesarias.
- Non tirar cabichas de cigarros prendidas ou apagadas xa que poden provocar incendios.
- Seguir os camiños sinalados.

DESTINO DA RECADACIÓN:
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos programas de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DAS MULLERES II” en Tiruchy.

NOME E APELIDOS *
Your answer
DNI *
Your answer
CORREO ELECTRÓNICO *
Your answer
TELÉFONO *
Your answer
ENDEREZO
Your answer
DÍA 30: OBRADOIRO FOTOGRAFÍA *
DÍA 01: CAMIÑATA POLA SERRA DO COUREL *
PREZO *
ALERXIAS, INTOLERANCIAS...
Your answer
OUTROS COMENTARIOS
Your answer
PASO FINAL DA INSCRICIÓN
Para formalizar a inscrición despois de enviar este formulario hai que facer o pago da actividade nunha destas dúas contas de Implicadas: ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798 ou TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227 e logo mandar por correo (secretaria@implicadas.com) o xustificante de pago e indicar en CONCEPTO: visitamos o Courel
GRAZAS!
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms