Request edit access
Xornada "O proxecto de xeoparque do Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e o desenvolvemento sostible"
O territorio conformado polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño está a traballar para presentar unha candidatura diante da UNESCO que defina o territorio como xeoparque.

Pero, quere saber máis do que é un xeoparque?
Sabe que o noso territorio conta con sitios e paisaxes de importancia xeolóxica internacional?
Coñece os beneficios que podería reportar a súa declaración e implementación no territorio?
Gustaríalle formar parte activa deste proxecto que busca trazar unha estratexia común de desenvolvemento sostible para o territorio a través deste recoñecemento?

Se é así, convidámolo a participar nalgunha das 7 xornadas informativas que se van levar a cabo neste mes de novembro nos concellos que forman parte da candidatura, e nas que poderá coñecer que é un xeoparque, cales son as súas características, cales poden ser os principais beneficios da súa implementación e que están a facer noutros territorios que xa forman parte desta rede.

O lugar, a data e a hora das xornadas serán as seguintes:

- Cerdido, 12 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura.
- Valdoviño, 13 de novembro, ás 18:00 horas, no Auditorio.
- Moeche, 21 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural Francisco Piñeiro (Trieiro, Abade)
- Cariño, 26 de novembro, ás 18:30 horas, no Local Social da Casa do Concello.
- Cedeira, 27 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio.
- San Sadurniño, 3 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa da Xuventude (antiga Casa do Concello)
- Ortigueira, 4 de decembro, ás 18:00 horas, no Teatro da Beneficencia.

Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy