Request edit access
I CAMPUS DE FUTBOL UNIÓN CAMPESTRE
Presentámosvos o I Campus de fútbol base, organizado polo Unión Campestre FC, en colaboración coa Asociación deportiva As Mariñas, ANPA do CEIP Valle Inclán e o Concello de Oleiros

Por primeira vez, o Unión Campestre, organiza un Campus de fútbol, para que os nenos e nenas do Concello de Oleiros poidan aproveitar os días de vacacións facendo o deporte que máis lles gusta.

Contamos coa colaboración da ANPA Valle-Inclán e máis coa Agrupación Deportiva As Mariñas aportando a súa experiencia organizando campamentos, actividades, viaxes, dende hai máis de 17 anos.

Este campus terá a seguinte estrutura:
- Práctica e aprendizaxe do propio deporte.
- Unha excursión por semana visitas a museos, práctica de remo,, sendeirismo ...)
- Saídas á praia/monte de luns a venres.
- Talleres de distintas temáticas.

O día de inicio será o día 25 de xuño e durará ata o 13 de xullo,

A hora de entrada será ás 9 da mañá de luns a venres e a saída será ás 14:00 horas.

Contamos con persoas con experiencia profesional contrastada e formación no ámbito da Educación física e do Deporte, licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, diplomatura en Educación Física, Técnico/a Superior en TAFAD, e monitorado de Fútbol e actividades deportivas.

PLAZAS LIMITADAS

Dirixido a nenos/as entre 5 e 14 anos

Inscrición:
1. Encher a solicitude a través deste formulario (aloxado na web do clube ou na das mariñas).
2. Esperar confirmación (publicación do listado de admitidas/os a partir do 30 de maio).
3. Ingresar o diñeiro no número de conta que se facilitará no momento que se publique o listado de admitidas/os.
4. Enviar o xustificante de pago ao correo electrónico: agrupacionasmarinhas@gmail.com.

Prazo:
Do 9 ao 30 de maio

Obxectivos:
- Aprender conceptos e situacións básicas do fútbol.
- Conseguir que o neno/a se identifique e lle colla gusto pola actividade física en xeral e particularmente co fútbol.
- Inculcar a cultura do deporte amosando os seus beneficios e vantaxes.
- Empregar a práctica deportiva como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a desenrolar as relacións e formación integral do neno/a.
- Desenvolver as súas capacidades perceptivo-motrices e os mecanismos de toma de decisións.

Email address *
Confirmación do enderezo de correo electrónico *
Your answer
Apelidos do participante
Your answer
Nome do participante
Your answer
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Socio/a do Unión Campestre ou da Anpa Valle Inclán *
Datas de Asistencia *
Nome do pai/nai/titor/a *
Your answer
teléfono 1
Your answer
teléfono 2
Your answer
DATOS MÉDICOS
Your answer
Ten as vacinas ao día?
Alerxias?
Your answer
Padece algúnha enfermidade?
Your answer
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o no I CAMPUS DE FUTBOL UNIÓN CAMPESTRE organizado polo clube Unión Campestre e a Asociación Deportiva As Mariñas coa colaboración da Anpa Valle Inclán, autorizo as decisións médico-quirúrxicas que no caso de urxencia fose preciso adoptar baixo a dirección facultativa pertinente. Esta autorización e extensiva a todas as actividades programadas: sendeirismo, xogos, excursións... Ademais acepto que se o/a meu fillo/a reincide en comportamentos e actitudes non axeitadas durante o desenvolvemento do campamento podera ser enviado/a para a casa e incluso ser expulsado/a do campamento. De ser así só se lles será devolto o 50% do importe dos días restantes.
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o, autorizo a facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo durante o campamento de verán. As imaxes poderán ser usadas para uso interno en memorias e proxectos do Clube Unión Campestre e da Asociación Deportiva As Mariñas, difundir esta actividade na páxina web do clube e redes sociais da entidade. O Clube Unión Campestre comprométese a que a utilización destas imaxes respectará a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica da/o menor. *
Asino e envío na seguinte data
MM
/
DD
/
YYYY
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service