Request edit access
Cuestionario de escola inclusiva (xeral)

Este cuestionario pretende  servir de guía e reflexión para acadar unha educación máis inclusiva. Por favor, marcade o número que mellor reflicta a situación do noso centro educativo, de acordo coa seguinte lenda:
1 (nunca), 2 (ás veces), 3 (maioritariamente), 4 (sempre) e  NI (necesitamos máis información).
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Apartado A- Creando culturas inclusivas.
Este apartado está orientado cara a reflexión sobre a importancia de crear comunidades escolares acolledoras, polo que os elementos que se someten a consideración nos apartados A1 e A2 fan referencia aos valores, crenzas e principios compartidos nun centro pola súa comunidade educativa.
A.1. Construíndo comunidade.
1. Todas as persoas que chegan a este centro son benvidas. *
2. O profesorado colabora mutuamente
*
3. O alumnado axúdase entre si.
*
4. O profesorado e o alumnado respéctanse mutuamente.
*
5. As familias colaboran e séntense implicadas no centro.
*
6. O profesorado e as persoas que compoñen o Consello Escolar do centro traballan ben  e en equipo.
*
7. O profesorado non favorece a un grupo de estudantes fronte a outros.
*
8. O centro escolar fomenta a comprensión das interrelacións entre as persoas de todo o mundo.
*
9. As persoas adultas e o alumnado son receptivos á variedade de identidades de xénero.
*
10. O centro escolar e a comunidade local apóianse entre si.
*
11. O equipo educativo vincula o que acontece no centro escolar coa vida do alumnado no fogar.
*
A2. Establecendo valores inclusivos.
1. O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos, facendo públicos os seus valores e falándose dos mesmos. Así os cambios no centro realízanse en función dos valores compartidos...


*
2. O centro escolar fomenta o respecto de todos os dereitos humanos.
*
3. O centro escolar fomenta o respecto pola integridade do planeta Terra.
*
4. A inclusión enténdese como unha maior participación de todos e todas.
*
5. As expectativas son altas para todo o alumnado.
*
6. O profesorado pensa que todo o alumnado é igual de importante.
*
7. O centro escolar rexeita todas as formas de discriminación.
*
8. O centro escolar promove a convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
*
9. O centro escolar anima ao alumnado e ás persoas adultas á sentirse ben consigo mesmos/as.
*
10. O centro escolar contribúe á saúde ( benestar físico e mental) do alumnado e das persoas adultas.
*
11. Os diferentes espazos do centro, como axentes de inclusión, son susceptibles de mellora? *
Apartado B. -Establecendo políticas inclusivas.
Este apartado pretende asegurar a análise, permitindo conseguir que a inclusión estea marcando os procesos de mellora e innovación. De aí que os elementos que se consideren nestes apartados (B1e B2) fagan referencia ás normas, plans e programas que articulan a vida escolar como:  a  participación da comunidade educativa, convivencia escolar, agrupamentos, horarios, actividades extraescolares...
B1. Desenvolvendo un centro escolar para todos e todas.
1. O centro escolar ten un proceso de desenvolvemento participativo mediante a recollida das opinións dos membros da comunidade educativa, baseadas en como mellorar o centro.
*
2. O centro escolar ten un enfoque de liderado inclusivo, compartindo a información, que a distribuíndo os recursos de forma equitativa  equitativa, resolvéndose con diálogo os desacordos...).
*
3. Os nomeamentos e os ascensos son xustos (libres de prexuízos en función de xénero, idade, orientación sexual; puidendo ser todas as persoas  elixibles..).
*
4. A experiencia do equipo educativo é recoñecida e utilizada.
*
2. O centro escolar ten un enfoque de liderado inclusivo, compartindo a información, que a distribuíndo os recursos de forma equitativa  equitativa, resolvéndose con diálogo os desacordos...).
*
6. O centro escolar trata de admitir a todo o alumnado da súa localidade?
*
7. Axúdase a todo o alumnado novo a integrarse no centro escolar.
*
8. O profesorado mostra igual interese por todos os grupos? 
*
9. Os grupos configúranse de xeito heteroxéneo?
*
10. O alumnado está ben preparado para desenvolverse fóra do centro escolar?
*
11. Os edificios do centro escolar son fisicamente accesibles para todas as persoas?
*
12. Os edificios e os patios deseñáronse pensando en facilitar a participación de todos e de todas?
*
13. O centro escolar reduce a súa pegada de carbono e o uso de auga?
*
14. O centro escolar contribúe á redución de residuos?
*
B2. Organizando o apoio á diversidade.
1. Todas as formas de apoio están coordinadas?
*
2. As actividades de desenvolvemento profesional axudan ao equipo educativo a responder mellor á diversidade?
*
3. O apoio ao alumnado de incorporación tardía que non coñece o galego coordínase con outros soportes pedagóxicos?
*
4. O centro escolar apoia a continuidade da educación do alumnado que está en Centros de protección de menores?
*
5. O centro escolar asegúrase de que as políticas sobre "necesidades educativas especiais"(NEE) sexan convertidas en políticas de inclusión?
*
6. As normas de conduta están relacionadas coa aprendizaxe e desenvolvemento curricular?
*
7. Reducíronse os problemas de convivencia e as expulsións por indisciplina?
*
8. Reducíronse as causas e as faltas de asistencia a clase?
*
9. Reduciuse o acoso escolar.
*
Apartado C: Desenvolvendo prácticas inclusivas.
Estes  dous apartados (C1 e C2) fan referencia ás accións que se executan ou desenvolven no centro de xeito cotiá, tanto no ámbito da aula no referente ao uso de diferentes metodoloxías á hora de ensinar, ao uso de diferentes instrumentos de avaliación, á utilización de diversos materiais didácticos..., como en espazos comúns ou en actividades complementarias e extraescolares...
C1. Construíndo un currículo para todos e todas.
As temáticas destes ítems fan referencia ás preocupacións comúns das persoas en todos os lugares do mundo: comida, auga, roupa, vivenda, transporte, saúde e relacións, contorna, enerxía,  TIC,  literatura, artes,  linguas, traballo e poder.
1. O alumnado explora os ciclos de produción e consumo de alimentos?
*
2. O alumnado investiga a importancia da auga?
*
3. O alumnado estuda a roupa e a decoración do corpo (ciclo de produción da roupa, presión social para o consumo de roupa...)?
*
4. O alumnado investiga sobre a vivenda e o medio urbano?
*
5. O alumnado aprende como e por que as persoas se moven arredor da súa localidade e polo mundo? (satisfacción de  necesidades básicas de alimento, auga, calor, transporte, vivenda, seguridade, educación, traballo, turismo..)
*
6. O alumnado aprende sobre a saúde e as relacións interpersoais?
*
7. O alumnado investiga a Terra, o Sistema Solar e o Universo?
*
8. O alumnado investiga a vida na Terra mediante a comprensión da biodiversidade, da contaminación, do cambio climático, dos métodos de agricultura e pesca...)?
*
9. O alumnado investiga sobre as fontes de enerxía?
*
10. O alumnado aprende a comunicarse de maneira eficiente en todos os ámbitos, tanto escolar como persoal?

*
11. O alumnado aprende a traballar e empregar as  tecnoloxías da comunicación dun modo responsable e crítico? *
12. O alumnado aprende a traballar e analizar diferentes manifestacións artísticas de maneira autónoma e crítica?
*
12. O alumnado crea diferentes produtos artísticos (literarios, musicais, pictóricos, escultóricos, fotográficos, carteis...)?
*
13. O alumnado desenvolve a súa sensibilidade lingüística e cultural en contextos de linguas en contacto, aprendendo a identificar prexuízos, usos dscriminatorios...?
*
14. O alumnado aprende sobre o traballo, vinculándoo co desenvolvemento dos seus intereses (traballo de voluntariado, desemprego, salarios e finanzas...)?
*
15. O alumnado aprende sobre a ética, o poder e o goberno (distribución do poder, formas de goberno, participación en discusións morais...)?
*
C2.Orquestando a aprendizaxe.
1. Todas as actividades do centro están adaptadas a todo o alumnado?
*
2. As actividades de aprendizaxe fomentan a participación de todo o alumnado?
*
3. Promóvese o pensamento crítico analítico no alumnado?
*
4. O centro implica activamente ao alumnado na súa propia aprendizaxe?
*
5. O alumnado aprende de maneira cooperativa?
*
6. Ensínase ao alumnado a valorar a todas as persoas por igual, sexa cal for a súa orixe, cultura ou características individuais?
*
7. As avaliacións fomentan os logros de todo o alumnado?
*
8. A disciplina baséase no respecto mutuo?
*
9. O equipo educativo planifica, ensina e revisa en colaboración?
*
10. O equipo desenvolve recursos compartidos para apoiar a aprendizaxe?
*
11. O profesorado de apoio axuda e favorece o proceso de ensinanza e aprendizaxe de todo o alumnado?
*
12. As tarefas escolares son pensadas para contribuír á aprendizaxe do alumnado?
*
13. As actividades fóra do horario lectivo están dispoñibles para todo o alumnado?
*
14. Os recursos sociais e culturais da localidade son coñecidos e utilizados?
*
A boa relación, o ambiente de traballo e a contorna son... *
Indica que aspectos deben mellorar no centro educativo? *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy