Request edit access
CURSO: ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade
Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes s/n
Data de realización: 15/09/2018
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Número de prazas: 100
Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.


Prazo de inscrición: ata o 28 de agosto. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. A confirmación de prazas realizarase a partir do 29 de agosto. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

Obxectivos:

Obxectivo xeral: Dotar aos asistentes dun maior coñecemento sobre as alteracións relacionadas coa comunicación e a linguaxe das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, así como aprender estratexias de estimulación da linguaxe.


Obxectivos específicos:

• Coñecer as características da linguaxe nas persoas con TEA
• Aprender estratexias metodolóxicas baseadas na evidencia para mellorar a linguaxe funcional nas primeiras etapas
• Comprender a ecolalia, recoñecer as súas funcións e aprender estratexias de estimulación da linguaxe a través da ecolalia.
• Incorporar información sobre obxectivos e metodoloxía de estimulación de habilidades pragmáticas.


PROGRAMA


1- A linguaxe nas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo
2- O marco metodolóxico de estimulación da linguaxe
3- Aspectos a ter en conta no desenvolvemento da linguaxe oral inicial: dos xestos ás palabras.
4- Estratexias de enriquecemento da linguaxe: das palabras ás oracións
5- A ecolalia: comprensión, análise funcional, e desenvolvemento da linguaxe.
6- Habilidades conversacionales en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo: cómo estimular a linguaxe.
7- Habilidades narrativas en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

Docente
Raquel Ayuda Pascual é Licenciada en Psicoloxía, con especialización en técnicas de investigación e socia fundadora do Centro Deletrea (Madrid), centro especializados en diagnóstico e tratamento dos Trastornos do Espectro do Autismo e Trastorno específico da linguaxe.

Desenvolve actividades relacionadas coa avaliación e diagnóstico de persoas con TEA, intervención individual e programas HHSS en grupos con adolescentes con síndrome de Asperger. Ademais, participa en diferentes programas de ensino e coautora de diferentes artigos e libros sobre TEA, que inclúen: nenos pequenos con autismo, autismo de alto rendemento: outra forma de aprender.


Sin título
Apelidos e Nome *
Your answer
D.N.I *
Your answer
Correo electrónico *
Your answer
Teléfono *
Your answer
Escolla unha opción: *
Entidade/Organización/ Asociación a que pertence *
Your answer
Posto de Traballo *
Your answer
Necesitas Factura
Nome ou razón social
Your answer
NIF/ CIF
Your answer
Dirección Postal
Your answer
Federación Autismo Galicia
(*) Cláusula de protección de datos

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos facilitados nesta solicitude poderán ser incorporados a un ficheiro de datos persoais responsabilidade da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, provista de CIF Nº G15549306, con domicilio social en Rúa Home Santo de Bonaval, número 74, baixo, Código Postal 15703, Santiago de Compostela, coa finalidade de xestionar axeitadamente a organización e desenvolvemento da actividade formativa.

Infórmaselle así mesmo que durante o desenvolvemento da actividade formativa poderase captar, mediante fotografía, filme ou calqueroutro procedemento a sua imaxe e de non facer indicación en contrario, marcando a casilla habilitada para tal fin, autoriza a súa reprodución e a súa publicación sen ánimo do lucro nas publicacións de promoción interna ou externa de carácter informativo e/ou divulgativo, tales como memorias, boletíns, página web, material divulgativo, proxectos e calqueroutro formato ou canle de comunicación da entidade.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA ao enderezo xa sinalado.

Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms