Request edit access
Clube de Debuxo no Náutico de Vigo
Venres 6 de marzo de 2020, Club Naútico de Vigo (Rúa as Avenidas, S/N) de 21:30 a 22:30.

Debuxo dun adestramento da equipa de waterpolo.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de marzo.

Para a participación nesta actividade non é preciso ser socio da AGPI e é de balde.

Máis información:

Trala boa acollida que tivo o Clube de Debuxo na Coruña e Vilagarcía, movémonos cara outras cidades. Nesta ocasión, visitaremos un entrenamento da equipa de waterpolo do Real Club Náutico de Vigo (Rúa as Avenidas, S/N) o vindeiro 6 de marzo, de 21:30 a 22:30. Trátase dunha piscina cuberta e dispón dunha zona de gradas onde acomodarnos. Aproveita a ocasión para debuxar deportes en directo!

O Clube de Debuxo nace coa intención de realizar unha práctica interesante rodeados de compañeiros, ademais de crear un punto de encontro entre profesionais onde compartir as nosas experiencias e inquedanzas.

O evento, novamente, está dirixido a ilustradores, animadores, debuxantes de cómic e estudantes de ilustración. Non é preciso ser socio da AGPI e é de balde. Para te inscribires, envía un mail a: correo@agpi.es indicando o teu nome completo e DNI. O prazo de inscrición remata o 05/03/2020. O aforo é limitado. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

AVISO IMPORTANTE:
• Ás 21:30 entraremos nas intalacións. As persoas que cheguen tarde non poderán acceder a piscina.
• Recoméndase levar auga e roupa fresca. Na zona de gradas onde realizaremos a sesión vai moita calor.
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
Correo electrónico de contacto *
Your answer
DNI/NIF *
Your answer
Es socio/a da AGPI? *
Required
Sinala o teu grupo: *
Os teus datos só se utilizarán para a xestión das prazas desta edición do Clube de Debuxo. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é a encargada desa xestión e non utilizará eses datos para ningún outro fin. Para calquera cuestión en relación co uso destes datos, podes contactar connosco en correo@agpi.es
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy