TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS
En cumprimento coa Lei Orgánica 15/1999 sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante LOPD), O Círculo Cultural Recreativo de Chapela (en adiante C C R de Chapela) infórmalle que os documentos con datos de carácter persoal que vostede nos facilite incorporaranse a base de datos que esta entidade ten e que foi debidamente rexistrada ante a Agencia Española de Protección de Datos.
O C C R de Chapela garante o pleno cumprimento da normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal e a adopción das medidas de seguridade previstas no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, e así, de acordo coa LOPD, vostede queda informado e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos ao citado arquivo automatizado, e ao tratamento informático dos mesmos para a finalidade prevista na súa relación con esta entidade: concurso gastronómico “Festa do Mexillón 2022”.
Así mesmo, ao cumprimentar este formulario vostede acepta que os datos persoais incluídos no formulario poidan ser comunicados a empresas ou entidades externas que vaian a intervir en parte ou na totalidade da actividade.
Ao asinar este formulario o/a candidato/a comprométese a aceptar integramente as bases do concurso, e en particular autoriza expresamente á C C R de Chapela para que poidan ser incluídos os seus datos persoais nos resultados obtidos por cada candidato/a no concurso gastronómico “Festa do Mexillón 2022”. Ditos datos persoais e os resultados das probas tamén serán publicados na propia páxina Web e no Facebook do C C R de Chapela, para velar pola total transparencia e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade dos candidatos en cada proceso de selección.
O C C R de Chapela comprométese a utilizar os seus datos exclusivamente para a finalidade prevista, e a non ceder os seus datos a terceiros sen contar coa súa autorización expresa.
En calquera momento vostede poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación, dirixindo a súa petición por escrito á C C R de Chapela.