Request edit access
Enquisa do sector da pesca artesanal para a elaboración do "Plan estratéxico da pesca artesanal de Galicia"

Bó dia, estamos a realizar unha breve enquisa para recoller datos necesarios para a elaboración do Plan estratéxico da pesca artesanal de Galicia (PEPAG). A enquisa pretende incluír todos aqueles aspectos que poidan ser de interese para o desenvolvemento futuro do sector pesqueiro que engloba a frota artesanal de Galicia.

A seguinte enquisa está dirixida a flota do censo de artes menores de pesca de Galicia (aquela que traballa maioritariamente nas modalidades de pesca extractiva)

Trátase de 18 preguntas estruturadas en distintos bloques temáticos:

 O SECTOR E OS RECURSOS MARIÑOS
 ORGANIZACIÓN SECTORIAL
 CLAVES SOCIOECONÓMICAS
 ESCENARIO DE DESENVOLVEMENTO

¿Sería tan amable de responder ás seguintes preguntas?

Plan Estratéxico da Pesca Artesanal de Galicia (PEPAG)
Perfil do enquisado
Idade
Sexo
Perfil profesional
Confraría a que pertences
O SECTOR E OS RECURSOS MARIÑOS
Contidos:

• Estrutura da frota e normativa reguladora.
• Ordenación da explotación do recurso.
• Operativa de traballo.
• Control de acceso ao recurso.
• Biodiversidade e conservación.

1. A normativa que regula a pesca artesanal no contexto europeo, define un marco onde ten que desenvolverse a actividade. Sinala máximo 2 das opcións sobre a normativa mais necesarias para o futuro:
2. A ordenación para explotación dos recursos promove a elaboración de plans de xestión. O desenvolvemento de plans de xestión rexionais/zonais que definan un marco estable de ordenación e que inclúan especificidades mediante una ordenación local, pode ser un modelo para ordenar a pesca artesanal galega. (contesta SI/NON)
3. Sinala as afirmacións coas que esteas de acordo sobre a operativa do traballo, o reforzo da seguridade e a súa relación coa potencia motora:
4. Para a ordenación dos recursos mariños en Galicia contase có permex como sistema de control do acceso. Có obxectivo da súa mellora, sinala as opcións mais necesarias:
5. Na actualidade no noso entorno europeo e español, existe unha aposta decidida pola loita contra a pesca ilegal, non declarada, non regulamentada (INDNR) e o furtivismo. Nos próximos anos en Galicia (sinala máximo 3 das opcións mais urxentes):
6. Para a xestión dos recursos é imprescindible un bo coñecemento dos mesmos. Indica cales das seguintes propostas redundarían na mellora do que sabemos dos nosos recursos.(sinala máximo 2 opcións)
7. A Comisión europea e as Nacións Unidas promoven a creación de espazos mariños con algún tipo de protección para conservar os océanos nos próximos anos. (sinala máximo 2 opcións)
ORGANIZACIÓN SECTORIAL
Contidos:

• Organizacións profesionais.
• Participación.
• Asesoramento ao sector.

8. Na Europa da rexionalización das políticas pesqueiras, en relación á estrutura organizativa do sector artesanal galego, marca Si/Non a/s opción/s necesaria/s: *
SI
NON
- A mellor representación da pesca artesanal galega pasa por un traballo en conxunto nos organismos europeos
- Reforzar e poñer en valor o actual sistema de representación da pesca artesanal galega (confrarías, federacións de confrarías, cooperativas, asociacións, organizacións de produtores…),
9. Para o fomento da participación na ordenación pesqueira ¿Son necesarias novas estratexias que regulen a participación dos pescadores e outros sectores na xestión dos recursos pesqueiros no futuro?
10. Para que a flota artesanal galega poda afrontar os retos de aplicación das políticas europeas nos próximos anos. ¿É acertado a creación dos seguintes organismos de asesoramento? Marca SI/NON. *
SI
NON
- ORGANISMO CIENTÍFICO-TÉCNICO independente de carácter consultivo para asesorar ao sector pesqueiro artesanal na xestión dos recursos mariños de Galicia
- ORGANISMO TÉCNICO-ADMINISTRATIVO de asesoramento para o sector pesqueiro artesanal en materia de acceso aos fondos europeos de financiamento, estratexias de desenvolvemento de futuro ou organización sectorial
CLAVES SOCIOECONÓMICAS
Contidos:

• Formación, emprego e diversificación.
• Comercialización.
• Valorización do produto.

11. En materia de formación, emprego e diversificación da actividade pesqueira, marca as accións necesarias: (sinala máximo 2 opcións)
12. En materia de comercialización, marca as accións necesarias: (sinala máximo 2 opcións)
13. Para a estratexia da promoción e consumo dos produtos do mar indica SI/NON a necesidade as seguintes accións: *
SI
NON
- Potenciar o produto a través da marca PescadeRías, facendo unha estratexia de país que englobe toda a oferta garantindo a orixe e sostibilidade.
- Diferenciar con selos e certificacións con estándares internacionais recoñecidos.
- Potenciar os produtos por organización ou colectivo
- Procurar a diferenciación pola calidade fronte a cantidade.
- Fomentar unha estratexia de valorización dos produtos da pesca artesanal galega
- Facer un esforzo de promoción fóra de Galicia
- Prepararse para afrontar o reto dos novos hábitos de consumo e o novo perfil dos consumidores de peixe
- Involucrarse mais na transformación dos produtos do mar
- Potenciar os produtos da pesca artesanal como de proximidade, procedentes de actividades sostibles e incluso ecolóxicos.
ESCENARIO DE DESENVOLVEMENTO
Contidos:

• Liñas de financiamento fondos FEMP.
• Política Pesqueira Comunitaria (PPC).
• Política Marítima Integrada (PMI).
• Futuro do sector artesanal de Galicia.

14. Respecto ao papel dos GALP (Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro) como axentes de desenvolvemento, indica SI/NON: *
SI
NON
- Existe unha participación activa do sector pesqueiro artesanal no desenvolvemento das accións dos GALP
- Son unha ferramenta necesaria para o desenvolvemento dos fondos FEMP, nos próximos anos.
- O seu papel debe reforzarse para poder aproveitar o uso dos fondos
15. Cara a unha pesca sostible… (marca con SI ou NON): *
SI
NON
- O sector debe mellorar en boas prácticas.
- O sector xa traballa de xeito totalmente sostible.
- É necesario coidar as poboacións e facer rendibles os produtos.
- Débese concienciar ao sector pesqueiro da necesidade de facer unha actividade sostible.
- Débese concienciar á sociedade civil da necesidade de fomentar unha relación sostible no entorno litoral.
16. Ordena de 1 o 7 por orde de importancia de maior a menor segundo afectan a pesca artesanal, as seguintes temáticas: Cada valor (1-7) so pode poñerse unha vez, e non se pode repetir ese valor en outro tema. *
1
2
3
4
5
6
7
- OBRIGACIÓN DE DESEMBARQUE (política de descartes)
- PESCA FANTASMA (aparellos abandonados)
- PEGADA DE CARBONO (impacto da actividade pesqueira na emisión de carbono)
- CAMBIO CLIMÁTICO (aparición de novas especies ou diminución das especies actuais obxectivo da frota)
- CONTAMINACIÓN MARIÑA (contaminación terrestre e mariña, problema dos plásticos).
- EFICIENCIA ENERXÉTICA (uso de combustibles, enerxías renovables)
- SOBREPESCA (esgotamento de caladoiros e alta presión sobre as poboacións de peixes)
17. O crecemento azul, entendido como as actividades económicas no contexto dun crecemento sostible, é unha das estratexias de desenvolvemento marcadas pola Política Marítima Integrada *
SI
NON
- ¿As administracións deben implicarse mais no desenvolvemento de accións e actividades para o impulso do crecemento azul na pesca artesanal de Galicia?
- ¿O sector pesqueiro artesanal debe implicarse activamente en accións e actividades propostas para o desenvolvemento do crecemento azul en Galicia?
18. Das seguintes liñas de financiamento do actual FEMP indica cales son as 5 prioritarias para o futuro da frota artesanal de Galicia (escolle 5):
Submit
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service