Dende o Colexio
Oficial de Traballo Social de Galicia estase a desenvolver unha análise
sobre a realidade da coordinación entre os servizos sociais comunitarios e os
centros educativos, no contexto da implantación da figura do/da coordinador/a
de benestar e protección.
Nos últimos
tempos, a Confederación de Anpas Galegas ten trasladado preocupacións
relacionadas coa falta de claridade na implantación desta figura, así como coa
escasa dispoñibilidade de datos e información por parte da administración
educativa. Neste marco, considérase fundamental coñecer a realidade dende o
ámbito dos servizos sociais comunitarios, como axentes clave na atención
á infancia, adolescencia e familias.
O obxectivo desta enquisa é recompilar información
sobre:
- O volume de casos procedentes dos centros
educativos atendidos polos servizos sociais
- A tipoloxía das situacións abordadas
- Os mecanismos de coordinación existentes
- A valoración da implantación da figura
do/da coordinador/a de benestar
A información recollida será tratada de maneira
confidencial, e servirá para elaborar un informe que contribúa á mellora das
políticas públicas e da coordinación interinstitucional.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.