Request edit access
CURSO: DESENVOLVEMENTO DAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS NOS TRASTORNOS DO ESPECTRO DO AUTISMO
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade


Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes
Data de realización: 06/10/2018
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.


Prazo de inscrición: ata o 13 de setembro. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. Teñenpreferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.


Obxectivo xeral:

Identificar, avaliar e coñecer estratexias de intervención adecuadas ao desenvolvemento da función executiva.

Obxectivos específicos:

- Establecer un marco de comprensión dalgúns procesos nurolóxicos alterados nas personas con TEA
- Coñecer as bases neurobiolóxicas das funcións executivas e da cognición social
- Analizar a relación entre as manifestacións condutuais e as alteracións nos procesos para comprender o seu impacto no Trastorno do Espectro do Autismo.
- Coñecer estratexias prácticas para a intervención.

PROGRAMA


1-Que son as funcións executivas


- As funcións executivas son accións orientadas hacia un mesmo.
- As función executivas permiten un comportamento flexible, especialmente ante novas circustancias.
- As función executivas reteñen a información na memoria de traballo e inhibir respostas prepotentes
- As funcións executivas son necesarias para organizarse os propios pensamentos, as tarefas, as actividades, os materiais, o tempo, para seleccionar e marcarse obxectivos e para comprender e solucionar problemas.


2- As funcións executivas e os Trastornos do Espectro do Autismo

3-Avaliar as funcións executivas. Categorías das funcións executivas:

- Inhibición
- Memoria de traballo
- Atención sostida
- Empezar unha tarefa
- Planificar/ priorizar
- Organizarse
- Control do tempo
- Flexibilidade
- Organizarse a partir de metas
- Metacognición

4- Estratexias de intervención.


Relación do profesorado:

Ana González Navarro

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, é socia fundadora do equipo Deletrea, centro especializados en diagnóstico e tratamento dos Trastornos do Espectro do Autismo e Trastorno específico da linguaxe.

O seu traballo profesional céntrase no diagnóstico e tratamento de persoas con TEA. Conta cunha amplia experiencia como docente en cursos promovidos por multituded de centros educativos, universidades e organizacións.
Participou en varias publicacións, entre outras: "A síndrome de Asperger, unha guía para mellorar a coexistencia escolar "(CEPE Madrid); "O meu irmán ten Autismo "(IMSERSO); "Os nenos pequenos con autismo: solucións prácticas para problemas cotiáns "(CEPE Madrid)

Apelidos e Nome *
Your answer
D.N.I *
Your answer
Correo electrónico *
Your answer
Teléfono *
Your answer
Escolla unha opción: *
Entidade/Organización/ Asociación a que pertence *
Your answer
Posto de Traballo *
Your answer
Necesitas Factura
Nome ou razón social
Your answer
NIF/ CIF
Your answer
Dirección Postal
Your answer
Federación Autismo Galicia
(*) Cláusula de protección de datos

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos facilitados nesta solicitude poderán ser incorporados a un ficheiro de datos persoais responsabilidade da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, provista de CIF Nº G15549306, con domicilio social en Rúa Home Santo de Bonaval, número 74, baixo, Código Postal 15703, Santiago de Compostela, coa finalidade de xestionar axeitadamente a organización e desenvolvemento da actividade formativa.

Infórmaselle así mesmo que durante o desenvolvemento da actividade formativa poderase captar, mediante fotografía, filme ou calqueroutro procedemento a sua imaxe e de non facer indicación en contrario, marcando a casilla habilitada para tal fin, autoriza a súa reprodución e a súa publicación sen ánimo do lucro nas publicacións de promoción interna ou externa de carácter informativo e/ou divulgativo, tales como memorias, boletíns, página web, material divulgativo, proxectos e calqueroutro formato ou canle de comunicación da entidade.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA ao enderezo xa sinalado.

Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service