Encaderna, crea e conservaNo Obradoiro Penumbra celebramos o pracer de crear coas mans, a beleza dos materiais naturais e preservamos o valor de cada historia. No noso taller aprenderás, experimentarás e darás forma a pezas únicas feitas por ti ou para ti.
Clases mensuais
En cada sesión descubrirás as técnicas da encadernación artística: desde as costuras máis sinxelas ata cubertas ríxidas, papeis decorativos, teas e mesmo peles. Comezarás dende cero e avanzarás paso a paso, xogando con cores, texturas e acabados. Todas as ferramentas e materiais estarán á túa disposición: só necesitas traer ganas de crear e pasalo ben.
Traballos personalizados
Tamén poñemos as nosas mans e coidado a traballar para ti. Restauramos libros que gardan recordos, encadernamos edicións especiais, deseñamos e maquetamos proxectos únicos: cadernos, álbums, diarios, fotolibros ou calquera idea que mereza converterse nunha peza para toda a vida.
Cada encadernación é única, feita con calma, respecto polos materiais e amor polo detalle.
📧
obradoiropenumbra@gmail.com 💬 674531139