II Limpeza do Río Freiría, Samieira (Poio, Pontevedra) - 27 de setembro de 2015
O vindeiro domingo 27 de setembro o "Proxecto Ríos" recala en Samieira coa II LIMPEZA DO RÍO FREIRÍA. Dende a organización, a asociación ecoloxista ADEGA, a veciñanza de Samieira e os/as amigos/as do río, convocamos e animamos a todas as persoas a tomar parte nesta actividade que se realizará de forma simultánea coas máis de 40 que están programadas en toda Galicia.
O "Proxecto Ríos" é unha iniciativa de concienciación, educación ambiental e participación cidadá que promove dende o ano 2008 limpezas fluviais en toda a xeografía galega.
Se queres participar na II Limpeza do Río Freiría, podes inscribirte AQUÍ: