Inscrición dos asistentes ás Xornadas técnicas sobre «Construción dunha impresora ·D Prusa i3» que GALPon organiza na Residencia Altamar en colaboración coa Asoc. Xuvenil Altamar.
A inscrición farase por equipos. Aínda que pode inscribirse só unha persoa por equipo, cremos que non é o ideal, xa que o máis probábel é que non sexa quen de facer todo o traballo. Cada equipo poderá estar formado por un máximo de 5 persoas. Excepcionalmente e por causa xustificada poderiamos aceptar equipos de máis persoas, envía unha consulta ao correo
xornadas@galpon.org expoñendo as razóns e valorarémola.
Nesta folla só se fai a inscrición do equipo. Os membros dos equipos asistentes comprométense a facilitar o DNI (ou equivalente), o seu enderezo de correo e a indicación de se pertencen ou non a algún GUL, no mesmo día da actividade.
A asignación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, agás no caso das persoas que adquiran o «kit» fornecido por GALPon que terán preferencia sobre as persoas que asistan cun «kit» de seu.
Neste momento temos o límite de prazas estabelecido en 24 persoas ou 7 equipos, acadado ese nivel de inscricións os seguintes inscritos serán notificados conforme pasan a «Lista de espera» e confirmaráselle a dispoñibilidade, ou non, de praza non máis tarde de 48 horas antes do comezo da actividade.
Agradecémoslle aos que se inscriban que nos notifiquen calquera cambio na súa dispoñibilidade a asistir para poder asignar a súa praza a quen lle corresponda dos que estean en Lista de espera. Para esta notificación podedes empregar o propio «Evento en G+» ou o correo
xornadas@galpon.org