IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-12

 

MÚSICA 3º ESO

OBXECTIVOS

 

a) Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b) Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c) Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d) Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e) Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f) Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g) Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

h) Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

- Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade.

- Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos.

- Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións.

- Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás.

- Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...).

- Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas.

- Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión.

- Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado.

- Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto.

- Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance.

- Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario.

- Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección.

 

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

 

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40 por cen), outra práctica (50 por cen) e a asistencia a clase (10%).

Na nota teórica (40%) entran: un exame de avaliación (20% da nota teórica), no que o alumno deberá responder solventemente a unha serie de cuestións teóricas e prácticas relativas ó visto na aula (descrición de danzas, contidos teóricos da materia, análise auditiva de cancións ou pezas pertencentes ó temario...) e un traballo de avaliación (o restante 20% da nota teórica). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame teórico ou no traballo de avaliación poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

A nota práctica (50%) integra actividades de instrumentación (láminas, frauta, pequena percusión, guitarra ou piano), danza, práctica vocal, audición, análise, composición e actividades de solfexo. Ningún alumno poderá negarse a realizar ningunha destas tarefas a non ser que acredite documentalmente algunha incapacidade para levalas a cabo. Faranse varios exames o longo das avaliacións. Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame práctico poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar, ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Poderá, sen embargo, renunciar libremente a ser avaliado neste sistema, sustituindo todo por un único exame final de avaliación, de carácter teórico-práctico, que suporá o cen por cen da nota de avaliación.

O último 10% restante da nota é a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[1], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

 

MÍNIMOS PARA APROBAR

 

-Ter aprobados o exame de avaliación e o traballo de avaliación cun 5, ou obter un 4 coma mínimo, que compensado coas outras notas dea un 5 de promedio;

-Ter calificacións positivas (por riba do 5) nas actividades prácticas e instrumentación, canto, audición, análise e danza.

-Ter feitas as tarefas da aula, ou ter aprobado cun 5 ou máis o exame que sustituiría estes procedementos de avaliación.

-Ter unha actitude respectuosa hacia os compañeiros, profesores e demais persoas no centro.

 

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS POR UNIDADES E TEMPORALIZACIÓN

1ª AVALIACIÓN

*Unidade 0: Elementos para a análise musical.

*Unidade 1: A escoita, interpretación e creación musicais nos contextos da Antigüidade e da Idade Media.

*Unidade 2: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Renacemento.

*Unidade 3: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Barroco.

2ª AVALIACIÓN

*Unidade 4: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Clasicismo.

*Unidade 5: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Romanticismo.

*Unidade 6: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Século XX.

3ª AVALIACIÓN

*Unidade 7: Música e tecnoloxía.

*Unidade 8: Música popular (urbana) no Século XX.

 


[1] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.