IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música - Curso 2011-12

 

MÚSICA 1º BACHARELATO

OBXECTIVOS

 

a. Aceptar a pluralidade do feito musical.

b. Comprender a relación da música cos outros campos do saber.

c. Recoñecer os axentes e mecanismos que interveñen no proceso da audición.

d. Distinguir os fenómenos sonoros e os parámetros do son.

e. Comprender a relación entre música e movemento a través da danza.

f. Recoñecer o papel da música nos medios audiovisuais.

g. Apreciar o valor da música como manifestación que precisa interpretación.

h. Practicar a lectura e entoación musical a través do uso do canto e dos instrumentos.

i. Analizar o repertorio desde o punto de vista interpretativo e técnico.

j. Practicar o repertorio vocal, instrumental e de movemento e danza.

k. Empregar a audición e a expresión coma medios de coñecemento, comunicación e desenvolvemento.

l. Empregar de forma expresiva a aprendizaxe, incorporando improvisacións e creacións propias.

m. Integrar o traballo persoal e en equipo.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

1. Aplicar os coñecementos adquiridos para unha correcta posición e hixiene da voz, tanto na vida cotiá como en contextos de interpretación musical.

2. Recoñecer a estrutura dunha canción, a partir da partitura, do seu canto e da súa audición.

3. Distinguir na audición dunha canción ou forma musical as diferentes voces e/ou instrumentos.

4. Interpretar con acompañamento instrumental cancións de características e estilos diversos e recoñecer as diferenzas e/ou relacións entre elas, utilizando posteriormente, se

se desexa, a partitura.

5. Recoñecer aquelas características dunha forma vocal concreta que producen ou potencian determinados sentimentos e emocións.

6.-Realizar pequenos arranxos ou cancións, con ou sen acompañamento instrumental.

 

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

 

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[1], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teórico-práctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas realiconadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%).

Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota.

Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obterían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

 

MÍNIMOS PARA APROBAR

 

a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, audición, análise e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5;

d. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

e. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.

 

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS EN UNIDADES E TEMPORALIZACIÓN

 

1ª AVALIACIÓN (6 UNIDADES)

UNIDADE 1: A EXPRESIÓN VOCAL. A VOZ. TIPOS. PRODUCCIÓN. HIXIENE.

UNIDADE 2: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (I): MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

UNIDADE 3: MÚSICA POPULAR URBANA (I): A MÚSICA ESPAÑOLA DESDE OS 50.

UNIDADE 4: MÚSICAS DO MUNDO (I): AMÉRICA.

UNIDADE 5: A MÚSICA CHAMADA CULTA (I): XÉNEROS VOCAIS.

UNIDADE 6: MÚSICA E IMAXE (I): O CINEMA.

 

2ª AVALIACIÓN (6 UNIDADES)

UNIDADE 7: MÚSICA E IMAXE (II): OS VIDEOXOGOS.

UNIDADE 8: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (II): MÚSICA PENINSULAR.

UNIDADE 9: MÚSICA POPULAR URBANA (II): OS ANOS 70-80.

UNIDADE 10: MÚSICAS DO MUNDO (II): ASIA E EUROPA.

UNIDADE 11: A MÚSICA CHAMADA CULTA (II): XÉNEROS INSTRUMENTAIS.

UNIDADE 12: MÚSICA E TECNOLOXÍA: MÚSICA ELECTRÓNICA E DJ.

 

3ª AVALIACIÓN (4 UNIDADES)

UNIDADE 13: MÚSICA E IMAXE (III): A PUBLICIDADE E O VIDEOCLIP.

UNIDADE 14: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (III): MÚSICA VASCA E CATALANA.

UNIDADE 15: MÚSICA POPULAR URBANA (III): A ACTUALIDADE.

UNIDADE 16: MÚSICAS DO MUNDO (III): ÁFRICA E OCEANÍA.

 

 


[1] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.