Published using Google Docs
EUROPA
Updated automatically every 5 minutes

 

6. EUROPA

Europa forma xunto con Asia o gran continente euroasiático. Está situado ao Oeste desta enorme masa continental, a maior do noso planeta, formando unha gran península de 10.522.176 Km cadrados que avanza cara ao Atlántico.

Pola súa condición de península, Europa limita basicamente con océanos e mares: ao Norte co Océano Glaciar Ártico (Mar de Barents e Mar Branco), ao Oeste co Océano Atlántico e ao Sur co Mar Mediterráneo e o Mar Negro.

Polo leste os lindes de Europa son complexos e difíciles; a fronteira de Europa con Asia está está constituída polos Montes Urais, o río Ural, o mar Caspio e o norte da Cordilleira do Cáucaso.

. 1. RELEVO E RÍOS

O continente europeo está formado por tres grandes conxuntos de relevo: as chairas, os macizos, que son montañas vellas, moi erosionadas, e as montañas xoves, de época máis recente, e menos desgastadas pola erosión.

2. COSTAS, MARES E ILLAS

O litoral do continente europeo presenta no seu conxunto unha costas de formas moi recortadas, é dicir, con moitos entrantes e saíntes que dan lugar a numerosos golfos e mares que penetran cara ó seu interior e illas, cabos e penínsulas que se internan nos mares e océanos.

3. RÍOS

Percorren as grandes chairas europeas.