A PANTASMA DA ESTRADA...FANTASMA
Despois da festa viñan todos os meus compañeiros ían borachos coma cubas. Eu ía conducindo cos monos aqueles dándome a tabarra. Era noite, pasabamos por un bosque que tiña unhas árbores altas, vellas, e de súpeto vin un rapaz sentado no medio da estrada e peguei un freazo... por pouco non levo por diante.
Saín fóra do coche para ver se estaba ben e pregunteille:
-Estás ben?
-Si, preciosa. Non te preocupes. Teño que dicir que aínda que me pasaras por riba non pasaba nada. Pola miña culpa mandáchete un bo golpe na fronte.-Respondeume educadamente el.
-Que golpe?- Preguntei eu.
-Este.-Respondeu el á vez que me conduciu ata unha charqueira onde se vía ben.
Sentín unha sensación xélida na fronte cando el tocouma con esas mans pálidas. Un frío correume por todo o corpo.
Sentín o impulso de preguntarlle:
-¿Como te chamas?
-David... e ti, preciosa?
-Eu...Iris.
-Iris... tes un nome bonito.-Díxome el.
-E... que facías aí plantado no medio da estrada?
-Ven, corre!!! Rápido!!!-Nun abrir e pechar de ollos, literalmente, estaba a vinte metros de min- Veña!!!
Cheguei xunto del e de súpeto o meu coche estoupou cos borrachos dentro.
-Por iso... Para evitar que unha boa persoa coma a ti vaia morrer coma a min aquí...
Aínda ben non rematara de dicilo todo e interrumpinlle a frase:
-Morrer coma a ti?-Mirei cara abaixo e vin que non tiña pés...-Ti, ti, ti...es unha pantasma!!!
-Exacto! Mira que aguda es, preciosa.
-Non...-retrocedín cara atrás negando coa cabeza-Non pode ser...
-Ven... non ves que vai friaxe. E non teñas medo. Só fixen estoupar o coche porque quería que viñeras comigo.
-Váiteme de diante...- Saquei o colgante que me dera a avoa.-Atrás!
O colgante fixo que se convirtira en cinzas. Non sei por que apañeinas e metinas nunha urna. Aínda as tirei onte ó río.