IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-12

 

MÚSICA 4º PDC

OBXECTIVOS

 

a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

-Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade.

-Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos.

-Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións.

-Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás.

-Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...).

-Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas.

-Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión.

-Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado.

-Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto.

-Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance.

-Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario.

-Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección.

 

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

 

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[1], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teórico-práctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%).

Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota.

Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obterían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

 

MÍNIMOS PARA APROBAR

 

a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5;

c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

d. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.

 

DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS POR UNIDADES E TEMPORALIZACIÓN

 

1ª AVALIACIÓN

UNIDADE 1: A música no cinema. Funcións da b.s.o.

UNIDADE 2: Gravación e reproducción do son. Historia.

UNIDADE 3: A música nos videoxogos. Historia, funcións.

UNIDADE 4: A música popular urbana (I). Das orixes ós anos 60.

 

2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5: Historia do cinema.

UNIDADE 6: A informática musical.

UNIDADE 7: A música nos medios: radio, tv.

UNIDADE 8: A música na publicidade.

UNIDADE 9: A música popular urbana (II). Os 70 e os 80.

 

3ª AVALIACIÓN

UNIDADE 10: Músicas prestadas no cinema.

UNIDADE 11: Instrumentos electrónicos. Música electrónica. Mesas de mezclas: DJ.

UNIDADE 12: Música popular urbana (III). Panorama actual.

 


[1] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.