Emigrantes (Shaun Tan)
Capítulo – 2-
Antón continúa a súa viaxe no barco. Séntese só , mira cara o mar tan infinito, logo mira a foto da súa familia. Están tan lonxe... Quen puidera estar con elas!
Pero o barco segue o seu camiño e, cada vez vai máis frío. Homes e mulleres permanecen xuntos, dándose calor e un pouco de ánimo.
Nos seus rostros vese preocupación e, nos ollos... unha tristura sen fin.
Antón escribe no seu caderno . Logo arrinca a folla e fai unha paxariña para Inés. O aire leva a paxariña cunha mensaxe: “Volverei”. Antón mira cara o ceo, onde centos de gaivotas voan sobre o barco. Xa están chegando á terra. Dende a cuberta ven a cidade ao lonxe, dúas grandes estatuas de pedra, cada unha ten un animal no ombreiro, parece que lle dan a benvida.
Baixan todos do barco e, lévanos a un edificio cerca do porto. Mándanos pasar dun en un e cando lle toca a quenda Antón está preocupado e tamén algo asustado.
Fanlle unha revisión médica e logo danlle uns papeis e uns adhesivos. Pasan a unha oficina onde lle cumprimentan unha ficha. O funcionario faille preguntas pero Antón non entende. Deus! Que di ese home? Que quere saber? Antón amósalle a foto da súa familia, elas son a razón de que el estea aquí, sen saber que dicir nin que facer para que o entendan.
De tódolos xeitos, Antón recibe a documentación desexada e gárdaa no peto.
Sae á rúa e segundo vai camiñando ve moita xente, homes, mulleres, cada un na súa vida, totalmente illados do resto. Camiñan polas mesmas rúas, vense uns aos outros pero non se falan, ninguén se detén para coñecer aos demais. Cada persoa vai concentrada nas súas preocupacións...
Vai frío, caen algunha folerpas de neve e sopra o vento, que por certo, lévalle o sombreiro a Antón. O sombreiro cae no chan e cando intenta recollelo, observa un debuxo que aparentemente semella un mapa.
Ve un home e trata de preguntarlle pero o home non entende. Antón amósalle un libro onde está debuxada unha cama e o home sinálalle unha dirección.
Antón chega a unha porta e entra. Unha muller recóllelle a documentación e dálle unha habitación.
Á fin Antón chega á súa habitación. Saca a maleta e colle a foto da súa familia. Todo o que leva pasado parece un pesadelo, algo irreal que parece flotar na súa mente. Pero se mira ao seu redor, ve que está só, nunha casa descoñecida, nunha cidade estraña, a miles de quilómetros do seu fogar.
Leva moito tempo vendo como un animal, unha especie de mascota, acompaña a todas as persoas da cidade e, pregúntase: Que é? Agora que está aquí só, ve que el tamén ten un animaliño.
Os demais tamén poderán velo?
Ao mellor ninguén máis pode ver eses animais. Pero xa non importa, porque Antón cre que xa sabe que é ese animaliño. É a súa ilusión por mellorar a vida da súa familia e a promesa de volver.
Tódalas persoas que están aquí, teñen esas promesas, esas necesidades. Están aquí para loitar por un futuro. Antón mira a foto da súa familia e o seu corazón latexa ao ritmo do sorriso de Inés.
Ana Mª Añel Prieto 2º ESO – A