Published using Google Docs
PROGRAMACION DE PCPI 2011.doc
Updated automatically every 5 minutes

P.C.P.I.

Asignatura:  Modulo Científico-Matemático

Profesores:  Rosario Romero

 1. - INTRODUCIÓN:

A programación didáctica dos módulos Científico Matemático e de Competencia Dixital que pretendemos desenvolver no marco do Programa de Cualificación Profesional Inicial do I.E.S. Xesús Taboada Chivite de Verín (Ourense) está deseñada intentando conxugar as necesidades e demandas do noso variado alumnado coa lexislación vixente: Real Decreto 1631/2006 do 29 de decembro polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria; o Decreto 133/2007 do 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia e a l orde do D.O.G.A do 21 de xuño de 2011.

Tal e como reflectimos no apartado de contidos, estes serán agrupados convenientemente para que a súa impartición en clase sexa progresiva. Todos eles serán enfocados ou ben dende o punto de vista das matemáticas ou ben dende as ciencias da natureza, os correspondentes ao módulo científico matemático, aínda que en numerosas ocasións enlazaremos ambos os dous enfoques para que así o alumnado vexa as conexións que hai entre estas materias e a vida cotiá.

Tanto os obxectivos como os contidos e os criterios de avaliación recollidos nesta programación poden parecer demasiado amplos e mesmo ambiguos. Estes son os que aparecen nas ordes anteriormente citada que regula os P.C.P.I. e presentados desta forma tan xeral, permitirá que o profesorado que imparte docencia nos devanditos programas poida adaptalos ás necesidades reais do alumnado ao que presta docencia, cubrindo así as necesidades de todos os alumnos e posibilitando a estes un desenvolvemento amplo das súas capacidades.

Como principio básico de actuación, os profesores dos devanditos módulos adaptaranse ás necesidades de cada alumn@ para así facilitar de forma individual un desenvolvemento persoal, non limitando en ningún caso as posibilidades dun alumno coas doutro.

O obxectivo básico destes módulos é que os alumnos do Programa de Cualificación Profesional Inicial alcancen un coñecemento básico do seu corpo, da linguaxe matemática e científica, en xeral, así como que comprendan a relación intrínseca entre desenvolvemento das sociedades e evolución científica. Todo iso a partir da consecución parcial ou total dos obxectivos propostos.

Outro dos traballos que consideramos básicos neste programa é o reforzo positivo que necesitan, debido a que os nosos alumnos incluídos no programa tiveron unha experiencia académica moi negativa que contribuíu a reforzar uns niveis bajísimos de autoestima.

2. - CONTRIBUCIÓN AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:

O carácter integrador dos módulos do P.C.P.I. fai que a súa aprendizaxe contribúa á adquisición das seguintes competencias básicas:

i.- Competencia en comunicación lingüística

A contribución desta materia á competencia en comunicación lingüística realízase a través de dúas vías. Por unha parte, a configuración e a transmisión das ideas e informacións sobre a natureza poñen en xogo un modo específico de construción do discurso, dirixido a argumentar ou a facer explícitas as relacións, que solo se logrará adquirir dende as aprendizaxes destas materias. O coidado na precisión dos termos utilizados, no encadeamento axeitado das ideas ou na expresión verbal das relacións fará efectiva esta contribución. Por outra banda, a adquisición da terminoloxía específica sobre os seres vivos, os obxectos e os fenómenos naturais fai posible comunicar axeitadamente unha parte moi relevante das experiencia humana e comprender suficientemente o que outros expresan sobre ela.

As matemáticas contribúen á competencia en comunicación lingüística xa que son concibidas como unha área de expresión que utiliza continuamente a expresión oral e escrita na formulación e expresión das ideas.

Por iso, en todas as relacións de ensino e aprendizaxe das matemáticas e en particular na resolución de problemas, adquire especial importancia a expresión tanto oral como escrita dos procesos realizados e dos razoamentos seguidos, posto que axudan a formalizar o pensamento. A propia linguaxe matemática é, en si mesmo, un vehículo de comunicación de ideas que destaca pola precisión nos seus termos e pola súa grande capacidade para transmitir conxecturas grazas a un léxico propio de carácter sintético, simbólico e abstracto.

ii.- Competencia matemática

A competencia matemática está intimamente asociada ás aprendizaxes das Ciencias da natureza. A utilización da linguaxe matemática para cuantificar os fenómenos naturais, para analizar causas e consecuencias e para expresar datos e ideas sobre a natureza proporciona contextos numerosos e variados para poñer en xogo os contidos asociados a esta competencia e, con iso, dá sentido a esas aprendizaxes. Pero contribúese dende as Ciencias da natureza á competencia matemática na medida en que se insista na utilización axeitada das ferramentas matemáticas e na súa utilidade, na oportunidade do seu uso e na elección precisa dos procedementos e formas de expresión acordes co contexto, coa precisión requirida e coa finalidade que se persiga. Por outra parte no traballo científico preséntanse a miúdo situacións de resolución de problemas de formulación e solución máis ou menos abertas, que esixen poñer en xogo estratexias asociadas a esta competencia.

Pode entenderse que todo o currículo da materia contribúe á adquisición da competencia matemática, posto que a capacidade para utilizar distintas formas de pensamento matemático, co obxecto de interpretar e describir a realidade e actuar sobre ela, forma parte do propio obxecto de aprendizaxe. Todos os bloques de contidos están orientados a aplicar aquelas destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas axeitadas e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para obter conclusións, reducir a incerteza e para enfrontarse a situacións cotiás de diferente grao de complexidade.

Convén sinalar que non todas as formas de ensinar matemáticas contribúen por igual á adquisición da competencia matemática: a énfase na funcionalidade das aprendizaxes, a súa utilidade para comprender o mundo que nos rodea ou a mesma selección de estratexias para a resolución dun problema, determinan a posibilidade real de aplicar as matemáticas a diferentes campos de coñecemento ou a distintas situacións da vida cotiá.

iii.- Coñecemento e a interacción co mundo físico

A maior parte dos contidos de Ciencias da natureza ten unha incidencia directa na adquisición da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. Precisamente o mellor coñecemento do mundo físico require a aprendizaxe dos conceptos e procedementos esenciais de cada unha das ciencias da natureza e o manexo das relacións entre eles: de causalidade ou de influencia, cualitativas ou cuantitativas, e require así mesmo a habilidade para analizar sistemas complexos, nos que interveñen varios factores. Pero esta competencia tamén require as aprendizaxes relativas ao modo de xerar o coñecemento sobre os fenómenos naturais. É necesario para iso lograr a familiarización co traballo científico, para o tratamento de situacións de interese, e co seu carácter tentativo e creativo: dende a discusión acerca do interese das situacións propostas e a análise cualitativa, significativo destas, que axude a comprender e a acoutar as situacións formuladas, pasando pola formulación de conxecturas e inferencias fundamentadas e a elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso, deseños experimentais, ata a análise dos resultados.

Algúns aspectos desta competencia requiren, ademais, unha atención precisa. É o caso, por exemplo, do coñecemento do propio corpo e as relacións entre os hábitos e as formas de vida e a saúde. Tamén a son as implicacións que a actividade humana e, en particular, determinados hábitos sociais e a actividade científica e tecnolóxica teñen no medio. Neste sentido é necesario evitar caer en actitudes simplistas de exaltación ou de rexeitamento do papel da tecnociencia, favorecendo o coñecemento dos grandes problemas aos que se enfronta hoxe a humanidade, a busca de solucións para avanzar cara ao logro dun desenvolvemento sostible e a formación básica para participar, fundamentadamente, na necesaria toma de decisións en torno aos problemas locais e globais formulados.

A discriminación de formas, relacións e estruturas xeométricas, especialmente co desenvolvemento da visión espacial e a capacidade para transferir formas e representacións entre o plano e o espazo, contribúe a afondar a competencia en coñecemento e interacción co mundo físico. A modelización constitúe outro referente nesta mesma dirección. Elaborar modelos esixe identificar e seleccionar as características relevantes dunha situación real, representala simbolicamente e determinar pautas de comportamento, regularidades e invariantes a partir das que poder facer predicións sobre a evolución, a precisión e as limitacións do modelo.

iv.- Tratamento da información e competencia dixital

O traballo científico ten tamén formas específicas para a busca, recollida, selección, procesamento e presentación da información que se utiliza ademais en moi diferentes formas: verbal, numérica, simbólica ou gráfica. A incorporación de contidos relacionados con todo iso fai posible a contribución destas materias ao desenvolvemento da competencia no tratamento da información e competencia dixital. Así, favorece a adquisición desta competencia a mellora nas destrezas asociadas á utilización de recursos frecuentes nas materias como son os esquemas, mapas conceptuais, etc., así como a produción e presentación de memorias, textos, etc. Por outra banda, na faceta de competencia dixital, tamén se contribúe a través da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, solicitar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc. Trátase dun recurso útil no campo das ciencias da natureza e que contribúe a mostrar unha visión actualizada da actividade científica.

A incorporación de ferramentas tecnolóxicas como recurso didáctico para a aprendizaxe e para a resolución de problemas contribúe a mellorar a competencia en tratamento da información e competencia dixital dos estudantes, do mesmo modo que a utilización das linguaxes gráfica e estatística axuda a interpretar mellor a realidade expresada polos medios de comunicación. Non menos importante resulta a interacción entre os distintos tipos de linguaxe: natural, numérico, gráfico, xeométrico e alxébrico como forma de ligar o tratamento da información coa experiencia dos alumnos.

v. - Competencia social e cidadá

A contribución das Ciencias da natureza á competencia social e cidadá está ligada, en primeiro lugar, ao papel da ciencia na preparación de futuros cidadáns dunha sociedade democrática para a súa participación activa na toma fundamentada de decisións; e iso polo papel que xoga a natureza social do coñecemento científico. A alfabetización científica permite a concepción e tratamento de problemas de interese, a consideración das implicacións e perspectivas abertas polas investigacións realizadas e a toma fundamentada de decisións colectivas nun ámbito de crecente importancia no debate social.

En segundo lugar, o coñecemento de como se produciron determinados debates que foron esenciais para o avance da ciencia, contribúe a entender mellor cuestións que son importantes para comprender a evolución da sociedade en épocas pasadas e analizar a sociedade actual. Se ben a historia da ciencia presenta sombras que non deben ser ignoradas, o mellor desta contribuíu á liberdade do pensamento e á extensión dos dereitos humanos. A alfabetización científica constitúe unha dimensión fundamental da cultura cidadá, garantía, á súa vez, de aplicación do principio de precaución, que se apoia nunha crecente sensibilidade social fronte ás implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que poidan comportar riscos para as persoas ou o medio.

A achega á competencia social e cidadá dende a consideración da utilización das matemáticas para describir fenómenos sociais. As matemáticas, fundamentalmente a través da análise funcional e da estatística, achegan criterios científicos para predicir e tomar decisións. Tamén se contribúe a esta competencia enfocando os erros cometidos nos procesos de resolución de problemas con espírito construtivo, o que permite de paso valorar os puntos de vista alleos en plano de igualdade cos propios como formas alternativas de abordar unha situación.

vii. - Competencia cultural e artística

As matemáticas contribúen á competencia en expresión cultural e artística porque o mesmo coñecemento matemático é expresión universal da cultura, sendo, en particular, a xeometría parte integral da expresión artística da humanidade ao ofrecer medios para describir e comprender o mundo que nos rodea e apreciar a beleza das estruturas que creou. Cultivar a sensibilidade e a creatividade, o pensamento diverxente, a autonomía e o apaixonamento estético é obxectivos desta materia.

vii.- Competencia para aprender a aprender

Os contidos asociados á forma de construír e transmitir o coñecemento científico constitúen unha oportunidade para o desenvolvemento da competencia para aprender a aprender. A aprendizaxe ao longo da vida, no caso do coñecemento da natureza, vaise producindo pola incorporación de informacións provenientes nunhas ocasións da propia experiencia e noutras de medios escritos ou audiovisuais. A integración desta información na estrutura de coñecemento de cada persoa prodúcese se se teñen adquiridos en primeiro lugar os conceptos esenciais ligados ao noso coñecemento do mundo natural e, en segundo lugar, os procedementos de análise de causas e consecuencias que son habituais nas ciencias da natureza, así como as destrezas ligadas ao desenvolvemento do carácter tentativo e creativo do traballo científico, a integración de coñecementos e busca de coherencia global, e a auto e interregulación dos procesos mentais.

As técnicas heurísticas que desenvolve constitúen modelos xerais de tratamento da información e de razoamento e consolida a adquisición de destrezas involucradas na competencia de aprender a aprender tales como a autonomía, a perseveranza, a sistematización, a reflexión crítica e a habilidade para comunicar con eficacia os resultados do propio traballo.

viii.- Autonomía e iniciativa persoal

A énfase na formación dun espírito crítico, capaz de cuestionar dogmas e desafiar prexuízos, permite contribuír ao desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal. É importante, neste sentido, sinalar o papel da ciencia como potenciadora do espírito crítico nun sentido máis profundo: a aventura que supón enfrontarse a problemas abertos, participar na construción tentativa de solucións, en definitiva, a aventura de facer ciencia. En canto á faceta desta competencia relacionada coa habilidade para iniciar e levar a cabo proxectos, poderase contribuír a través do desenvolvemento da capacidade de analizar situacións valorando os factores que incidiron nelas e as consecuencias que poden ter. O pensamento hipotético propio do quefacer científico se pode, así, transferir a outras situacións.

Os propios procesos de resolución de problemas contribúen de forma especial a fomentar a autonomía e iniciativa persoal porque se utilizan para planificar estratexias, asumir retos e contribúen a convivir coa incerteza controlando ao mesmo tempo os procesos de toma de decisións

3.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

O obxectivo fundamental do Programa de Cualificación Profesional Inicial  é que o alumnado alcance competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel I da estrutura actual do Catálogo Nacional de Cualifiacións Profesionais, así como que o alumnado teña a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíe as súas competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas.

        É por iso que, a través dos módulos formativos de carácter xeral, debemos cubrir unha serie de obxectivos xerais entre os que se inclúen os referidos ao módulo científico e matemático.

        Debido ás peculiaridades do Programa de Cualificación Profesional Incial estes aspectos básicos deben ser contextualizados ás necesidades e expectativas do noso alumnado. De forma que o documento que aquí se presenta é unha xeneralización que deberá ser particularizada en cada un dos nosos alumnos.

Os obxectivos xerais do módulo científico matemático son os seguintes:

4. – CONTIDOS TEMPORIZADOS

        Os contidos propostos na correspondente orde lexislativa para o módulo científico matemático son os que aparecen a continuación.

  1. O corpo humano: aparellos e sistemas; funcións vitais.
  2. Dieta equilibrada.
  3. Exercicio físico como hábito saudable e de lecer.
  4. Recursos naturais en Galicia: flora e fauna. Utilización e explotación racional dos recursos.
  5. Recursos enerxéticos en Galicia: a auga, o vento e a biomasa.
  6. Resolución de problemas. Cálculo matemático.
  7. Operacións básicas: propiedades e aplicacións a situacións reais. Números enteiros, fraccionarios e decimais.
  8. Proporcións e porcentaxes.
  9. Cálculo aproximado. Redondeo. Estratexias para efectuar cálculos.
  10. Sistema internacional de medidas. Unidades de uso frecuente. Instrumentos de medida na vida cotiá e profesional.
  11. Cálculo de distancias, perímetros, superficies e volumes.
  12. Rectas e ángulos. Formas planas. Polígonos e corpos xeométricos.
  13. Escalas e planos.
  14. Sistema monetario. Prezos. Ingresos e gastos. I.V.E.

TEMPORALIZACIÓN:

        Cabe recordar que a carga lectiva semanal do módulo científico e matemático é de catro sesións. Nestas sesións haberá que distribuír axeitadamente os contidos referidos a dito módulo formativo.

        Tendo en conta que hai que adaptar os ritmos de traballo ao alumnado, no proceso de atención á diversidade, é moi difícil temporalizar ao cen por cen estas materias.

A modo orientativo poderiamos dicir:

1ºAVALIACIÓN: unidades  1-2 e 3

2ºAVALIACIÓN: unidades 4 e 5 e 6 ( a 1º parte)

3ºAVALIACIÓN: unidades 6 ( o resto), 7, 8 e 9

Os obxectivos xerais do módulo científico matemático son os seguintes:

6 – METODOLOXÍA, MATERIAIS CURRICULARES  E RECURSOS:

Hai que recordar que os alumnos de P.C.P.I. presentan importantes carencias nos coñecementos básicos; por iso, na nosa programación, partiuse de contidos mínimos que posibilitan ao alumno o desenvolvemento de capacidades instrumentais, facilitándolle a construción de aprendizaxes significativas, fundamentais para o seu futuro escolar e profesional; en consecuencia, destácanse os contidos procedimentales e actitudinales sobre os conceptuais.

No actual curso o grupo de P.C.P.I. está constituido por 12 alumnos pero  hai que ter en conta a heteroxeneidade do alumnado en canto aos seus coñecementos, habilidades, actitudes, aptitudes, intereses e realidades sociais, xa que hai 2 alumnos con A.c.i a nive de 2º ciclo de E.P. , 2 emigrantes ( marroquí e brasileiro)  que se incorporaron tardiamente ó ensino e que aínda presentan problemas a nivel de lingua, alumnos de etnia xitana que por  absentismo escolar non acadaron os coñecementos básicos e o resto do alumnado non superaron o 1º de  E.S.O e agás 1 superan ós 16 anos.

É por iso que debemos planificar e poñer en práctica unha serie de estratexias de ensino e aprendizaxe para atender individualizadamente os alumnos.

É nese traballo de planificación onde se inclúen unha serie de medidas que dean resposta educativa á totalidade dos alumnos, ademais de utilizar os recursos dos que dispoñamos no noso Centro.

Entre os recursos materiais pódense citar:

Para conseguir os obxectivos previstos no tratamento de cada unidade teranse en conta os seguintes aspectos metodolóxicos:

7-Procedementos e instrumentos de avaliación, tanto       na avaliación ordinaria comoextraordinaria.

8.A.- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:

Os instrumentos máis habituais utilizados para desenvolver axeitadamente a avaliación das aprendizaxes dos alumnos son:

7.B.- PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN

A avaliación de todos estes contidos, en ambos módulos, efectuarase mediante a observación sistemática do traballo do alumno en clase, sendo instrumentos axeitados para iso tanto a realización das actividades de comprobación de coñecementos de cada un dos contidos en que se organizou a unidade como as finais de síntese da unidade, así como exposicións orais e traballos escritos, nas que o alumno deberá demostrar tanto o dominio de conceptos como o de destrezas básicas da área en cuestión.

Tanto na avaliación ordinaria coma na extraordinaria o alumno terá que presentar os traballos de clase e realizar un exame escrito que constará de 10 preguntas valoradas cun punto cada unha delas .

        

8- SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

A nota de cada avaliación será a media ponderada dos seguintes apartados:

                

a) Traballo en clase→ 40%

                b) Actitude e comportamento→ 20%

                c) Probas escritas→ 40%

        

As probas escritas citadas no apartado (c) fan referencia ás que se levarán a cabo ao finalizar cada unidade didáctica e a proba de avaliación.

        

As probas escritas no módulo científico matemático sempre terán dúas partes, Ciencias da Natureza e Matemáticas, que contribuirán cun 50% cada unha delas á nota final da proba escrita. Esixirase unha nota mínima de tres sobre dez en cada unha de ambas as dúas partes para así poder facer a ponderación anteriormente citada. No caso contrario, a avaliación será negativa independentemente do resto de apartados.

        

        Ante a posibilidade, de avaliación negativa, se ofertará a oportunidade de recuperación a través das correspondentes probas escritas que serán convocadas con suficiente antelación.

        A nota das avaliacións tanto ordinaria coma extraordinaria consistirá nun exame escrito composto por 10 actividades de matemáticas e 10 de ciencias naturais que ponderará cada un un 50% e só se fará media se están os dous aprobados  e se se presentan os traballos de aula.

Terase en conta as propostas de mellora,feitas por parte da CCP e do Claustro de Profesores, o Consello Escolar que  aprobou por unanimidade, na súa reunión do 30 de xuño de 2010, en canto á competncia lingüística de premiar a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía, en todas as materias, cun mínimo de 0,5 puntos en cada proba realizada e  en canto a competencia matemática de traballar máis na resolución de problemas,darlle aos alumnos estratexias, facelos pensar, fomentando neles a visión crítica e traballar na interpretación de gráficos e achegar as ciencias á realidade mediante a realización de exercicios prácticos.

9- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 Como principio básico de actuación, adaptareime ás necesidades de cada alumn@ para así facilitar de forma individual un desenvolvemento persoal, non limitando en ningún caso as posibilidades dun alumno coas doutro.

Outro dos traballos  básicos neste programa é o reforzo positivo que necesitan, debido a que os nosos alumnos incluídos no programa tiveron unha experiencia académica moi negativa que contribuíu a reforzar uns niveis moi baixos  de autoestima.

Traballarase con programas adaptados ás necesidades reais do alumnado e así posibilitarlle a cada un deles un desenvolvemento amplo das súas capacidades

10-Actividades complementarias e extraescolares que sirvan para cohesionar aos grupos.

        Aínda que este alumnado só permanece 2 días no centro intentarei na medida do posible algunha actividade relacionada coa natureza como algunha saída ao campo, plantación de árbores, paseo pola beira do río para estudar o ecosistema fluvial etc