DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO

 

Non, meu rei, non marches. Hoxe tócache a ti ir falar coa titora, eu xa fun todo o curso pasado...

NOS ÚLTIMOS TEMPOS OBSÉRVASE UN BALEIRO NA FUNCIÓN EDUCADORA DA FAMILIA.    

               

OS NENOS E NENAS NECESITAN APOIO E AXUDA FAMILIAR PARA MEDRAR CON EQUILIBRIO.

Á ESCOLA CÓMPRELLE  COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN COA FAMILIA. SE TRABALLAMOS CONXUNTAMENTE SERÁ MOITO MÁIS FÁCIL OBTER RESULTADOS SATISFACTORIOS.

                           

A)-Os nenos e nenas deste ciclo inician un periodo cheo de manifestacións de curiosidade e de interese por todo o que os rodea.

B)-Comenzan a razoar sobre feitos, situacións e obxectos concretos que lle son coñecidos.

C)-Inícianse no xogo baseado nunhas regras, identificando as posibilidades de colaboración e descubrindo o valor das normas,

D)-Podemos dicir que se manifestan menos impulsivos/as e as súas actuacións vólvense máis tranquilas.

E)-Nestas idades teñen un maior control emotivo que pode non deixar entrever os conflitos que poidan existir.

F)-Descubren a vida en grupo e proxectan grande parte da súa actividade a través das relacións co grupo

G)-As súas actitudes son ás veces moi estrictas e manifestan un grande afán de igualdade.

       

                                                     

  1. Adicándolle tempo e conversando con eles

         Para que poidan aclararar as súas     dúbidas e descubrir o que lles interesa.

        Para que poidan expresar os seus    problemas.

  1. Estimulando o desexo de aprender  e fomentando os hábitos de lectura..
  2. Facilitándolle un bo lugar de estudio e axudándolle a organizar o tempo de traballo. Polas súas características é recomendable que realice actividades extraescolares.
  3. Mantendo un contacto estreito coa titora e mostrando control e interese polas tarefas escolares e materiais necesarios.
  4. Mantendo a autoridade pai-nai, pero sendo afectuoso/a  e respectuoso/a con el/ela.
  5. Valorando o seu esforzo.