2. AMÉRICA
O continente americano sitúase entre os océanos: Glacial Ártico (norte), Pacífico (oeste) e Atlántico (leste). Ao longo de 15 000 Km, na dirección dos meridianos, América se extende desde o Círculo polar Ártico ata as proximidades do polo Sur. O continente americano é o segundo, despois de Asia en extensión con aproximadamente 42 millóns de quilómetros cadrados, o que equivale ó 31% do total das terras emerxidas.
Podemos diferenciar tres grandes áreas: América do Norte e América do Sur, similares en forma (triángulo) e en tamaño, e América Central, formada por unha parte continental (istmo de América Central) e outra insular (as Antillas).
1. RELEVO
Unha impresionante cordilleira de montañas novas no Oeste: Na costa oeste, seguindo unha liña moi próxima á costa do océano Pacífico, alónganse un conxunto de cadeas montañosas enlazadas, de formación recente (Era Terciaria), que van desde Alaska ata a Terra de Fogo. En América do Norte estas montañas son as Rochosas (Mackinley 6194m) en América do Sur, os Andes, onde se atopan as maiores altitudes de toda América (Aconcagua 6959m, que é o pico máis alto de América; Huascarán 6768m; Chimborazo 6276 m). En conxunto as Rochosas teñen unha anchura superior ós Andes pero son menos elevadas. En América Central mingúan a súa amplitude, converténdose nunha sucesión de montañas intermedias (Serra Madre Occidental e Serra Madre Oriental), pero dunha grande actividade sísmica.
As montañas Rochosas e mailos Andes encerran no seu interior estreitos e fondos vales (como o canón do Colorado) e elevadas mesetas, como o Altiplano de Bolivia, a uns 4000 m de altura.
Pequenas serras de montañas vellas e mesetas no leste: Preto das costas atlánticas, tanto en América do Norte como en América do Sur, existen aliñamentos de montañas vellas (Era Primaria), de pouca altitude, dimensións reducidas, con amplos vales e cumes redondos. En América do Norte os Apalaches e en América do Sur o macizo das Guaianas e a Meseta Brasileira, a meseta da Patagonia. Ningún cume destes macizos supera os 3000 m.
Inmensas chairas no centro dos continentes: Entre as cadeas xoves do Oeste e as montañas vellas da costa atlántica, tanto en América do Norte como en América do Sur, sitúanse inmensas chairas percorridas por grandes ríos, e os afluentes, que ocupan preto da metade da superficie do continente. De norte a sur, as chairas máis importantes son: as Grandes Chairas de América do Norte (percorridas polos ríos Mackenzie e o Mississippi-Missouri) a chaira do Orinoco, a cunca do Amazonas, cunca do Paraná-Paraguai (o Gran Chaco) e a Pampa.
2. AS COSTAS: As costas americanas son pouco recortadas, a excepción da zona ártica e a Patagonia, no Cono Sur.
3. AS AUGAS CONTINENTAIS:
Os ríos: En América do Norte agrúpanse en tres vertentes hidrográficas:
Os ríos de América do Sur agrúpanse en dúas vertentes hidrográficas:
Os lagos:
Desertos: Arizona, Colorado Atacama