Published using Google Docs
Cartas do Mais Alá. Beatriz Prieto
Updated automatically every 5 minutes

CARTAS DO MAIS ALÁ

 

Aquel día estaba eu soa, na casa, e acórdome perfectamente... Eran as oito e meus pais deixáranme soa na casa porque tiñan que ir a un cabodano. Ao día seguinte tiña un exame de Bioloxía e estaba estudando para el porque non estudara antes, aínda que me amargaba un pouco, pero bueno, era o meu deber. De repente escoitouse un ruído aterrador no sótano, e eu era demasiado curiosa, por desgraza. Así que baixei. Ía co meu can, porque soa non me atrevía. Acendín a luz e non vin nada. Entón, subín a escaleira, pero faltábame o can, baixei e chameino pero estaba morto nun charco de sangue cunha nota no colar que dicía:”A seguinte es ti”. Escapei correndo e cando estaba fóra a porta pechouse e escoitouse unha gargallada maléfica, escoitei como se romperan todas as botellas de viño da bodega, e abríronse as ventás, deixando entrar o aire e con el unha carta onde ía escrito:”Non escapes, é inútil”. En canto lin iso quedeime quieta ata que se abriu unha porta deixando outra carta que poñía “Adeus”. Subín as escaleiras a outra planta e pecháronse todas as portas. Entón saltei pola ventá ao outro piso do meu veciño, pero cando cheguei atopeino morto na cama  cun osiño e na parede con sangue escribiran: “Chega o teu final”. Corrín cara a porta de saída e cheguei ao chanzo da escaleira, collín a chave de debaixo do felpudo, abrín a porta, entrei e unha puñalada no medio do peito matoume lentamente e dolorosamente. No tempo de vida que me quedou puiden escribir na parede: “Matoume un espírito”. Pero o que puxen non era o que apareceu porque poñía: “Mateime, non quero vivir máis” e agora estou no mundo dos mortos converténdome en espírito e matando á xente, como me mataron a min. E ti podes ser o seguinte.