IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN

DIDÁCTICA

 

 

 

 

 

 

Membros do departamento

 

Mª Carmen Rodríguez Castro

Rubén Veloso Carnero

David Rodríguez Rivada

 

Xefe do departamento

 

David Rodríguez Rivada

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

0.- ÍNDICE

 

0.- Índice

1.- Contribución das materias ao logro das competencias básicas.

2.- Obxectivos para cada curso da ESO.

3.- Contidos temporalizados para cada curso da ESO.

4.- Criterios de avaliación para cada curso da ESO.

5.- Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

6.- Metodoloxía, materiais curriculares e recursos didácticos.

7.- Procedementos e instrumentos de avaliación, tanto na avaliación ordinaria como na extraordinaria.

8.- Sistema de cualificación.

9.- Medidas de atención á diversidade.

10.- Programa de reforzo para recuperación de pendentes de cursos anteriores.

11.- Actividades complementarias e extraescolares que sirvan para cohesionar aos grupos.

12.- Tratamento de fomento da lectura e das TIC.

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

1.- Contribución das materias ao logro das competencias básicas.

 

A materia de “Música” contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacuóns culturais e musicais, artísticas, a través de experiencias, perspectivas, expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, ´pocas e estilos. Pode potenciar así actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto das diferentes manifestacións musicais, establecendo conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social e histórico os que se circunscribe cada obra.

Colabora co desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal, mediante o traballo colaborativo e a habilidade para planificar e xestionar proxectos.

A música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais e de movemento de distinta índole, especialmente as relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais.

A música tamén contribúe ó desenvolvemento do tratamento da información e da competencia dixital. O uso de recursos tecnolóxicos no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados coa producción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia.

Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aaprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria, á vez que desenvolve o sentido da orde e da análise.

Respecto á competencia en comunicación lingüística, a música contribúe a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición dun vocabulario musical básico.

Desde o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico a música realiza unha achega á mellora da calidade do medio ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de serrar hábitos saludables.

A música contribúe á competencia matemática poñendo en evidencia a necesidade do manexo de principios matemáticos para a comprensión dos elementos básicos da linguaxe musical.

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

2.- Obxectivos para cada curso da ESO e Bacharelato.

 

En xeral, podemos dicir que os obxectivos da ESO son estes:

a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma forra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

 

Concretando curso por curso, para MÚSICA 2º ESO

a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

 

Para MÚSICA 3º ESO

a) Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b) Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c) Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d) Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e) Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f) Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g) Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

h) Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

 

Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC

a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións.

f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

 

Para MÚSICA 1º BACHARELATO

 

a) OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA

a) Dominar a lingua castelá e a lingua oficial propia da Comunidade Autónoma.

b) Expresarse con fluidez e corrección nunha lingua estranxeira.

c) Analizar e valorar críticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel.

d) Comprender os elementos fundamentais da investigación e do método científico.

e) Consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. Fomentar un sentido ético que propicie actitudes de tolerancia e respecto cara aos demais como valores fundamentais.

f) Participar de forma activa e solidaria no desenvolvemento e mellora da súa contorna social.

g) Dominar os coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e as habilidades básicas propias da modalidade escollida, cunha visión integradora das distintas materias.

h) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria como fonte de formación e enriquecemento cultural.

i) Utilizar de forma responsable e crítica os medios e recursos que a tecnoloxía pon á súa disposición.

k) Coñecer e valorar o patrimonio cultural da súa Comunidade Autónoma e do resto de España.

 

b) OBXECTIVOS XERAIS DA ÁREA DE MÚSICA

 

Partindo do Real Decreto 126/2008, do 19 de xuño polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, no que se establece o currículo de Bacharelato, os obxectivos xerais para primeiro son os seguintes:

1. Aprender a empregar axeitadamente os recursos vocais, a non falar por riba das nosas posibilidades e a evitar o ruído ambiente.

2. Manexar unha técnica vocal básica que evite patoloxías da voz e das cordas vocais.

3. Ser quen de utilizar correctamente o rexistro máis axeitado da voz.

4. Coñecer e empregar as técnicas básicas de preparación da voz, na tesitura e colocación axeitada.

5. Aprender a controlar a respiración ao mesmo tempo que se canta ou fala.

6. Aprender e desfrutar das posibilidades técnicas da voz que permiten cantar en grupo.

7. Desenvolver os coñecementos básicos que permitan a improvisación e a creación vocal individual.

8. Coñecer, respectar e divulgar o repertorio musical vocal de Galicia, tanto o derivado do folclore e da música popular, como o propio da música clásica.

9. Respectar a música propia como sinal de identidade dun pobo.

10. Recoñecer as formas vocais doutras culturas como base de riqueza intercultural dos nosos tempos.

11. Identificar e/ou interpretar as cancións e formas vocais propias da cultura occidental, así como doutras culturas, enmarcándoas nos seus respectivos eixes cronolóxicos, preferentemente con acompañamento instrumental.

12. Colaborar na comprensión doutras culturas e civilizacións a través da súa achega ao mundo musical.

13. Aprender a compartir, canalizar as emocións e os sentimentos a través do canto e da súa práctica en grupo.

14. Recoñecer e valorar o gozo que proporciona a cada persoa o feito de cantar, individualmente ou en grupo, con ou sen acompañamento instrumental.

15. Coñecer a evolución e características da voz humana e do canto ata hoxe en día.

 

c) OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DE MÚSICA 1º BACHARELATO

a. Aceptar a pluralidade do feito musical.

b. Comprender a relación da música cos outros campos do saber.

c. Recoñecer os axentes e mecanismos que interveñen no proceso da audición.

d. Distinguir os fenómenos sonoros e os parámetros do son.

e. Comprender a relación entre música e movemento a través da danza.

f. Recoñecer o papel da música nos medios audiovisuais.

g. Apreciar o valor da música como manifestación que precisa interpretación.

h. Practicar a lectura e entoación musical a través do uso do canto e dos instrumentos.

i. Analizar o repertorio desde o punto de vista interpretativo e técnico.

j. Practicar o repertorio vocal, instrumental e de movemento e danza.

k. Empregar a audición e a expresión coma medios de coñecemento, comunicación e desenvolvemento.

l. Empregar de forma expresiva a aprendizaxe, incorporando improvisacións e creacións propias.

m. Integrar o traballo persoal e en equipo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

3.- Contidos temporalizados para cada curso da ESO e BACHARELATO.

Para MÚSICA 2º ESO, os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais, así como a súa temporalización, son:

a. CONCEPTUAIS:

BLOQUE 1: A LINGUAXE DA MÚSICA.

1. Os parámetros do son.

2. Representación gráfica da música.

3. O ritmo.

4. A melodía.

5. A harmonía.

6. Procedementos compositivos e formas de organización musical.

 

BLOQUE 2: A VOZ E OS INSTRUMENTOS.

1. A voz.

2. Os instrumentos.

 

BLOQUE 3: MÚSICA NA CULTURA E A SOCIEDADE.

1. Xéneros musicais na cultura occidental.

2. A música tradicional.

3. A música na actualidade.

4. Introducción á presencia da música noutras manifestacións artísticas.

 

 

 

b. PROCEDIMENTAIS:

BLOQUE 1:

· Posta en práctica de diversos exercicios e xogos que permitan a comprensión e interiorización dos diferentes parámetros do son.

· Lectura, audición, interpretación e recoñecemento dos elementos relacionados coa linguaxe musical.

· Lectura musical directa como axuda ante a interpretación vocal, instrumenal, asociada ou non ó movemento, realizadas tanto individual coma grupalmente.

· Realización de dictados rítmicos e melódicos cos elementos coñecidos.

· Creación de estructuras musicais sinxelas partindo da imitación, repetición e variación de ideas ou temas propostos.

BLOQUE 2:

· Execución de cancións, individual e grupalmente, de unha ou máis voces, con atención á relación entre música e texto.

· Realización de exercicio de técnica vocal axeitados, con vistas a unha apreciación completa dos mecanismos que participan na emisión vocal.

· Canto homofónico e monofónico, así como de cánones sinxelos.

· Cantos tradicionais de Galicia suxeitos a ritmo métrico.

· Improvisacións vocais baseadas en pregunta-resposta rítmica ou rítmico-melódica.

· Composición de cancións propias.

· Gravación e comentario das actividades realizadas na aula empregando o vocabulario axeitado para expresar os aspectos básicos das obras traballadas.

· Recoñecementos visual e auditivo dos instrumentos musicais e dos grupos que conforman a orquesta.

· Interpretación musical con instrumental Orff.

· Improvisación e composición instrumental, individual ou grupal.

 

BLOQUE 3:

· Escoita activa de obras musicais representativas de cada período histórico estilístico, apoiada pola realización de actividades globalizadoras, baseadas na práctica instrumental, vocal ou de movemento.

· Preparación de audicións en directo ás que asistan.

· Realización de bailes tradicionais de Galicia e doutras zonas.

· Escoita activa e visualización de espectáculos onde se interpreten obras musicais representativas.

 

c. ACTITUDINAIS:

a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical.

b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas.

c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras.

d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional.

e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula.

f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.

 

d. TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES NAS QUE SE VEN ESES CONTIDOS:

1ª AVALIACIÓN

UNIDADE 1: O son. Cualidades do son.

UNIDADE 2: Cualidades do son: a altura.

UNIDADE 3: Cualidades do son: a duración.

2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 4: Cualidades do son: a intensidade.

UNIDADE 5: Cualidades do son: o timbre.

UNIDADE 6: A organización do son: ritmo, melodía, textura.

3ª AVALIACIÓN

UNIDADE 7: A estructura da música: a forma musical.

UNIDADE 8: O contido e a función da música: o xénero musical.

 

 

Para MÚSICA 3º ESO os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais, así como a súa temporalización, son:

 

a) CONTIDOS CONCEPTUAIS

BLOQUE 1: ESCOITA

BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN

BLOQUE 3: CREACIÓN

BLOQUE 4: CONTEXTOS MUSICAIS

Este departamento didáctico decidimos axustar a un criterio cronolóxico os catro bloques anteriores, co que os nosos contidos conceptuais integrarían en cada unidade didáctica os catro. Así, na unidade da Idade Media afrontaremos a escoita, a interpretación e a creación musicais no contexto histórico e cultural da Idade Media. Non se tratará de dar Historia da música, senón de encadrar as clases prácticas en diversos contextos socioculturais. Así:

1. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto da Idade Media.

2. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Renacemento.

3. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Barroco.

4. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Clasicismo.

5. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Romanticismo.

6. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Século XX.

7. A música e as novas tecnoloxías.

 

b) CONTIDOS PROCEDIMENTAIS

1. Interpretación de pezas significativas dos diversos estilos musicais, ordenadas cronoloxicamente e por grao crecente de dificultade.

2. Escoita activa e consciente de pezas destacadas.

3. Análise musical baseado na escoita e discriminación auditivas, coa posible utilización de partituras sinxelas que exemplifiquen características musicais.

4. Creación de pezas dentro de diferentes coordenadas estilísticas.

5. Execución de danzas históricas, folklóricas, latinas e de salón, encadradas no seu contexto.

6. Elaboración de materiais escritos relacionados con estes contidos, así coma dun caderno persoal e diario.

 

c) CONTIDOS ACTITUDINAIS

a) Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical.

b) Actitude de interese e respecto hacia os diversos movementos estudiados.

c) Tolerancia ante o diferente, e vontade de escoitar música doutras épocas.

d) Valoración do patrimonio cultural.

e) Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula.

f) Interese pola historia e polo papel que a música desenvolve nese contexto.

 

d) TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES NAS QUE SE VEN ESES CONTIDOS:

1ª AVALIACIÓN

*Unidade 0: Elementos para a análise musical.

*Unidade 1: A escoita, interpretación e creación musicais nos contextos da Antigüidade e da Idade Media.

*Unidade 2: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Renacemento.

*Unidade 3: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Barroco.

2ª AVALIACIÓN

*Unidade 4: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Clasicismo.

*Unidade 5: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Romanticismo.

*Unidade 6: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Século XX.

3ª AVALIACIÓN

*Unidade 7: Música e tecnoloxía.

*Unidade 8: Música popular (urbana) no Século XX.

 

Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais, así como a súa temporalización, son:

 

a) CONCEPTUAIS:

BLOQUE 1: MÚSICA, IMAXE E TECNOLOXÍA.

1. A electrónica e a informática aplicadas á música.

2. A música do cinema, radio, televisión e publicidade.

BLOQUE 2: MÚSICA POPULAR URBANA, A MÚSICA TRADICIONAL E A

MÚSICA CHAMADA CULTA.

BLOQUE 3: A MÚSICA ESPAÑOLA.

BLOQUE 4: A MÚSICA TRADICIONAL EN ESPAÑA.

BLOQUE 5: MÚSICAS DO MUNDO.

 

b) PROCEDIMENTAIS:

BLOQUE 1:

· Coñecemento dos instrumentos electrónicos e electromagnéticos da música máis próxima ós seus intereses, así como das súas posibilidades técnicas e expresivas.

· Coñecemento e posible manipulación a un nivel inicial dos programas informáticos relacionados coa edición de partituras.

· Búsqueda selectiva de arquivos MIDI, de audio ou vídeo, partituras ou páxinas web relacionadas coa música en Internet.

· Visualización de fragmentos de películas representativas das diferentes funcións da música no cinema.

· Análise das funcións da música na publicidade mediante o estudio de diversos anuncios.

BLOQUE 2:

· Análise de obras pertencentes á música popular urbana, fundamentado na audición e apoiado por partituras ou en outras representacións gráficas.

· Práctica instrumental ou vocal de obras representativas das distintas correntes musicais estudiadas.

· Improvisación musical a partires da escala de blues, pentatónicas diversas, maiores e menores... no seo de obras traballadas no tema.

· Visualización de películas ou fragmentos relacionados co tema.

BLOQUE 3:

· Execución vocal ou instrumental de obras ou fragmentos dos distintos períodos estilísticos.

· Análise de obras dos diferentes períodos, fundamentado na audición e apoiado en partituras.

· Visualización de obras e fragmentos do teatro musical representativos de cada época.

BLOQUE 4:

· Interpretación grupal do repertorio vocal e instrumental, con ou sen movemento asociado.

· Análise de obras tradicionais de Galicia, fundamentado na audición e apoiado en partituras.

BLOQUE 5:

· Escoita activa de obras populares iberoamericanas, africanas e do Lonxano Oriente.

· Interpretación vocal, instrumental ou con movemento de obras pertencentes á música iberoamericana, africana ou do Lonxano Oriente.

· Danzas tropicais: o merengue e a salsa.

· Bailes de salón: o tango arxentino.

 

c) ACTITUDINAIS:

a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical.

b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas.

c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras.

d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional.

e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula.

f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.

d) TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES NAS QUE SE VEN ESES CONTIDOS:

1ª AVALIACIÓN

UNIDADE 1: A música no cinema. Funcións da b.s.o.

UNIDADE 2: Gravación e reproducción do son. Historia.

UNIDADE 3: A música nos videoxogos. Historia, funcións.

UNIDADE 4: A música popular urbana (I). Das orixes ós anos 60.

2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5: Historia do cinema.

UNIDADE 6: A informática musical.

UNIDADE 7: A música nos medios: radio, tv.

UNIDADE 8: A música na publicidade.

UNIDADE 9: A música popular urbana (II). Os 70 e os 80.

3ª AVALIACIÓN

UNIDADE 10: Músicas prestadas no cinema.

UNIDADE 11: Instrumentos electrónicos. Música electrónica. Mesas de mezclas: DJ.

UNIDADE 12: Música popular urbana (III). Panorama actual.

 

Para MÚSICA 1º BACHARELATO os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais, así como a súa temporalización, son:

 

a. CONCEPTUAIS

MÚSICA. EXPRESIÓN VOCAL.

Bloque 1: COIDADO E HIXIENE DA VOZ.

1. Aparatos implicados na producción da voz.

2. Clasificación das voces.

3. Agrupacións vocais.

 

Bloque 2: REPERTORIO GALEGO, DA CULTURA OCCIDENTAL E DO MUNDO.

4. Cancións e música vocal do repertorio galego para as distintas épocas do ano.

5. Breve evolución da ópera. O teatro musical en España.

6. Tipoloxías de cancións no ámbito da música urbana: habaneras, boleros, canción

protesta, new wave, canción de autor, etc.

7. Tipoloxías de cancións no ámbito da música culta: canción galega, melodie francaise,

lied, romanza, aria, cavatina, cavaletta, etc.

Bloque 3: HISTORIA DO CANTO.

8. Breve evolución dos xéneros vocais o longo da historia.

 

b. PROCEDIMENTAIS:

a. Práctica do repertorio vocal e instrumental.

b. Comentario e análise do repertorio.

c. Audición dos exemplos gravados.

d. Creación do propio repertorio.

e. Lectura do repertorio.

 

c. ACTITUDINAIS:

a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical.

b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas.

c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras.

d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional.

e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula.

f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.

 

d. TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES NAS QUE SE VEN ESES CONTIDOS:

1ª AVALIACIÓN (6 UNIDADES)

UNIDADE 1: A EXPRESIÓN VOCAL. A VOZ. TIPOS. PRODUCCIÓN. HIXIENE.

UNIDADE 2: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (I): MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

UNIDADE 3: MÚSICA POPULAR URBANA (I): A MÚSICA ESPAÑOLA DESDE OS 50.

UNIDADE 4: MÚSICAS DO MUNDO (I): AMÉRICA.

UNIDADE 5: A MÚSICA CHAMADA CULTA (I): XÉNEROS VOCAIS.

UNIDADE 6: MÚSICA E IMAXE (I): O CINEMA.

2ª AVALIACIÓN (6 UNIDADES)

UNIDADE 7: MÚSICA E IMAXE (II): OS VIDEOXOGOS.

UNIDADE 8: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (II): MÚSICA PENINSULAR.

UNIDADE 9: MÚSICA POPULAR URBANA (II): OS ANOS 70-80.

UNIDADE 10: MÚSICAS DO MUNDO (II): ASIA E EUROPA.

UNIDADE 11: A MÚSICA CHAMADA CULTA (II): XÉNEROS INSTRUMENTAIS.

UNIDADE 12: MÚSICA E TECNOLOXÍA: MÚSICA ELECTRÓNICA E DJ.

3ª AVALIACIÓN (4 UNIDADES)

UNIDADE 13: MÚSICA E IMAXE (III): A PUBLICIDADE E O VIDEOCLIP.

UNIDADE 14: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (III): MÚSICA VASCA E CATALANA.

UNIDADE 15: MÚSICA POPULAR URBANA (III): A ACTUALIDADE.

UNIDADE 16: MÚSICAS DO MUNDO (III): ÁFRICA E OCEANÍA.

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

4.- Criterios de avaliación para cada curso da ESO e BACHARELATO.

 

Para MÚSICA 2º ESO

· Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade.

· Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos.

· Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións.

· Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás.

· Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...).

· Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas.

· Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión.

· Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado.

· Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difución da música, adoptando unha postura activa ó respecto.

· Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance.

· Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario.

· Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección.

 

 

 

Para MÚSICA 3º ESO

- Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade.

- Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos.

- Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións.

- Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás.

- Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...).

- Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas.

- Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión.

- Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado.

- Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto.

- Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance.

- Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario.

- Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección.

 

Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC

· Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade.

· Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos.

· Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións.

· Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás.

· Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...).

· Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas.

· Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión.

· Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado.

· Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto.

· Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance.

· Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario.

· Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección.

 

Para MÚSICA 1º BACHARELATO

1. Aplicar os coñecementos adquiridos para unha correcta posición e hixiene da voz, tanto

na vida cotiá como en contextos de interpretación musical.

2. Recoñecer a estrutura dunha canción, a partir da partitura, do seu canto e da súa audición.

3. Distinguir na audición dunha canción ou forma musical as diferentes voces e/ou instrumentos.

4. Interpretar con acompañamento instrumental cancións de características e estilos diversos e recoñecer as diferenzas e/ou relacións entre elas, utilizando posteriormente, se

se desexa, a partitura.

5. Recoñecer aquelas características dunha forma vocal concreta que producen ou potencian determinados sentimentos e emocións.

6.-Realizar pequenos arranxos ou cancións, con ou sen acompañamento instrumental.

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

5.- Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

 

Para MÚSICA 2º ESO

Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos:

a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 no caderno de clase;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de

danza e instrumentación;

c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades teóricas de

análise e exames;

d. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de

que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos

de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que

suporía o cen por cen da nota.

 

As partes dese exame son as seguintes:

1º.- teoría (5 puntos)

2º.- práctica (5 puntos)

-tocar, solfear

 

Para MÚSICA 3º ESO

Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos:

-Ter aprobados o exame de avaliación e o traballo de avaliación cun 5, ou obter un 4 coma mínimo, que compensado coas outras notas dea un 5 de promedio;

-Ter calificacións positivas (por riba do 5) nas actividades prácticas e instrumentación, canto, audición, análise e danza.

-Ter feitas as tarefas da aula, ou ter aprobado cun 5 ou máis o exame que sustituiría estes procedementos de avaliación.

-Ter unha actitude respectuosa hacia os compañeiros, profesores e demais persoas no centro.

Para MÚSICA 4º ESO

Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos:

a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 nos exames de avaliación, ou ter coma mínimo un 3 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; tamén podería darse o caso de que sacasen menos dun 3 nun exame pero o outro terá que estar aprobado para facer media;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5;

c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

d. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.

Para MÚSICA 4º PDC

Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos:

a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5;

c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

d. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.

 

Para MÚSICA 1º BACHARELATO

Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos:

a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5;

b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, audición, análise e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5;

d. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

e. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

6.- Metodoloxía, materiais curriculares e recursos didácticos.

6.1.- Principios metodolóxicos.

Os principios nos que se basea a docencia desta asignatura son os seguintes:

a. a actividade: as cousas aprenderánse, en moitos casos, facéndose directamente, e non necesariamente a partires da teoría; por exemplo, o merengue;

b. a unidade de teoría e práctica: sempre haberá un exemplo práctico para cada aspecto teórico, e sempre se extraerá unha regra ou máxima que resuma de xeito teórico o aprehendido na aula;

c. a atención personalizada: na medida das posibilidades teránse en conta as necesidades de cada rapaz e rapaza;

d. a creatividade: que será potenciada mediante actividades de libre invención por parte dos alumnos, como por exemplo o deseño de escenas cinematográficas para fragmentos de bandas sonoras propostos polo profesor;

e. a socialización: que será un dos valores máis destacados neste curso, no que terán que facer unha revista entre todos, no que bailarán e tocarán, farán traballos de análise musical en grupos...;

f. a interdisciplinaridade: na medida das posibilidades se venllerán os contidos desta asignatura con outras materias próximas, como lingua castelá e literatura ou debuxo.

6.2.- Métodos didácticos.

Principalmente seguiremos dous:

a. método de proxectos: plantexando situación conflictivas que deben solucionar empregando a imaxinación e conceptos xa coñecidos;

b. método de aprendizaxe por descubrimento.

6.3.- Modelo de aprendizaxe.

Procuraremos unha aprendixe significativa, desde o punto de vista constructivista da intervención pedagóxica. A partires dos coñecementos previos do alumnado desenvólvense contidos de forma estructurada e coherente, de xeito que a posibilidade de construir novas aprendizaxes dependa do xa aprehendido, tendo en conta que cada nova aprendizaxe aumenta a súa capacidade de aprender.

 

Para isto debemos:

a. propiciar situacións que sexan motivadoras;

b. crear contextos de aprendizaxe que lles obriguen a ter presentes os contidos xa aprehendidos;

c. garantir a construcción de aprendizaxes significativas e en espiral;

d. promover na aula un ambiente de intercambio.

6.4.- Recursos e materiais didácticos.

Para levar a cabo as nosas actividades precisaremos do seguinte material:

a. material preparado polo departamento;

b. televisión, vídeo VHS e reproductor de DVD;

c. cámara de vídeo;

d. material bibliográfico: manuais de música, de historia da música, de música pop, enciclopedias, etc;

e. material instrumental: láminas (carrillóns soprano e contralto; xilófonos contralto, tenor e baixo; metalófonos contralto, tenor e baixo), piano, guitarra, pequena percusión (caixa china, caixón flamenco, pandeireta, pandeiro, tambor, castañuelas, crótalos, chaves, triángulo, maracas), frautas e batería (timbaleta, bombo, platillos, cortinillas, escobilla, redobrante...);

f. material discográfico: CDs de música clásica, CDs de música popular urbana, CDs de bailes de salón e outras danzas, CDs de músicas do mundo;

g. material audiovisual: DVDs de ópera, ballet, zarzuela, concertos, música de cámara, etc;

h. cadeiras plegables de paleta;

i. pizarra normal e pizarra pautada cun pentagrama, así coma xiz e rotuladores velleda.

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

7.- Procedementos e instrumentos de avaliación, tanto na avaliación ordinaria como na extraordinaria.

Para MÚSICA 2º ESO

A nota deste curso ten dúas partes: unha teórica (40 por cen) e outra práctica (50 por cen). O bó comportamento e o traballo supoñen o 10% restante. Na teoría haberá exames e o caderno do libro. Na práctica haberá instrumentación (frauta), práctica vocal e traballos (un dos instrumentos da orquesta, outro da música hispanoamericana e outro sobre un compositor ou músico importante, cada un deles nunha avaliación). Deberán obter cando menos un 4 na teoría, e un 5 na práctica, pero compensando a media e chegando a un 5.

Teráse en conta o comportamento do alumno (tanto que poderá modificar a calificación media de cada avaliación en +/- 1 punto) e a súa asistencia á aula.

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obterían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

 

Para MÚSICA 3º ESO

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40 por cen), outra práctica (50 por cen) e a asistencia a clase (10%).

Na nota teórica (40%) entran: un exame de avaliación (20% da nota teórica), no que o alumno deberá responder solventemente a unha serie de cuestións teóricas e prácticas relativas ó visto na aula (descrición de danzas, contidos teóricos da materia, análise auditiva de cancións ou pezas pertencentes ó temario...) e un traballo de avaliación (o restante 20% da nota teórica). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame teórico ou no traballo de avaliación poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

A nota práctica (50%) integra actividades de instrumentación (láminas, frauta, pequena percusión, guitarra ou piano), danza, práctica vocal, audición, análise, composición e actividades de solfexo. Ningún alumno poderá negarse a realizar ningunha destas tarefas a non ser que acredite documentalmente algunha incapacidade para levalas a cabo. Faranse varios exames o longo das avaliacións. Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame práctico poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Poderá, sen embargo, renunciar libremente a ser avaliado neste sistema, sustituindo todo por un único exame final de avaliación, de carácter teórico-práctico, que suporá o cen por cen da nota de avaliación.

O último 10% restante da nota é a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[1], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

Para MÚSICA 4º ESO

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (50%), unha práctica (40%) e a asistencia, traballos e comportamento (10%); sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Na nota teórica (50%) os procedementos de avaliación serán: un ou varios exames teórico-prácticos por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas). A nota mínima para facer media é un 3, aínda que tamén se faría media no caso de obter menos dun 3 nun exame e aprobar o outro, sempre e cando a media sexa igual ou superior a 5 puntos sobre dez.

Na nota práctica (40%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota.

Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

Para MÚSICA 4º PDC

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[2], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teórico-práctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%).

Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota.

Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

Para MÚSICA 1º BACHARELATO

A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non[3], ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final).

Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teórico-práctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas realiconadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%).

Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación).

Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota.

Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación).

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame.

Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

8.- Sistema de cualificación.

 

Con carácter xeral, aplicaránse en todos os cursos as seguintes valoracións:

a. a asistencia teráse en conta: no caso das faltas NON XUSTIFICADAS, un alumno que alcance o 10% perderá o dereito á avaliación continua, tendo que se examinar da proba específica a final de curso;

b. se a algún alumno se lle retirase o exame por COPIAR ou realizar calquer movemento sospeitoso durante a súa realización, se se lle ve cunha “chuleta” no exame, ou mesmo se amosa un comportamento irrespectuoso cara os demais no momento de realizar o exame, ese alumno consideraríase automáticamente SUSPENSO, recibindo coma calificación 0;

c. o comportamento modifica nun +/-1 punto a calificación media total do alumno;

 

Concretando en cada curso:

 

a. 2º ESO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría, 10% comportamento e traballo; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5;

b. 3º ESO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría, 10% asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4;

c. 4º ESO, “MÚSICA”: 40% práctica, 50% teoría e 10% comportamento, asistencia e traballo; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima para facer media nalgún exame 3, agás se o outro exame está aprobado e a media dá 5 ou máis;

d. 4º PDC, “MÚSICA”, 50% práctica, 40% teoría e 10% asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4;

e. 1º BACHARELATO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría e 10% asistencia; máis detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4.

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

9.- Medidas de atención á diversidade.

9.1.- Alumnado estranxeiro.

Para o alumnado estranxeiro hai varias posibilidades: pódeselles pedir un pouco menos que ós demais no que a aspectos teóricos se refire e un pouco máis no que atinxe á práctica.

Segundo o caso se adaptará o currículo ás súas posibilidades, sempre nun contexto de integración e tolerancia.

Haberá que ter coidado das dificultades lingüísticas e culturais.

 

9.2.- Superdotación intelectual.

Para o alumnado superdotado farase unha serie de actividades complementarias que satisfagan as súas necesidades, sempre con máxima discreción e de xeito que os compañeiros non perciban diferencias, tendo en conta o mal que o pasan estes rapaces.

 

9.3.- Alumnado con necesidades educativas especiais.

Para rapaces que teñan algún tipo de déficit (visual, auditivo, motórico, de coordinación ou do tipo que sexa) faranse adaptacións das actividades, simplificándoas, esquivando as súas eivas na medida do posible, etc.

Coma dixemos antes, sempre desde a máxima confidencialidade e o respecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

10.- Programa de reforzo para recuperación de pendentes de cursos anteriores.

 

Para os alumnos que teñan asignaturas pendentes o Departamento de Música propón as seguintes actividades de recuperación:

 

(ADVERTENCIA: É de vital importancia que os alumnos implicados se poñan en contacto

coa maior brevidade posible co profesor para seguir as súas indicacións)

 

2º E.S.O.

-Exercicios escritos nun folio.

-Traballo sobre os instrumentos musicais: descrición, fotografías, evolución, historia, relación

da orquesta sinfónica...

-Exercicios sobre linguaxe musical.

 

3º E.S.O.

-Resumo das distintas épocas musicais, situadas cronoloxicamente (Idade Media, Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo e Século XX). Autores, xéneros, obras destacadas e características históricas, sociopolíticas e culturais de cada unha delas. -Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria dunha canción escollida polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno.

 

4º E.S.O.

-Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria dunha canción escollida polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno.

-Traballo sobre a música tradicional galega, seguindo o guión que se lle dea ó alumno.

 

1º Bacharelato

-Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria de dúas cancións escollidas polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno.

-Traballo sobre a música no cinema ou na publicidade. O alumno debe falar co profesor para que lle indique os pasos a seguir.

 

ATENCIÓN: PARA O ALUMNADO REPETIDOR:

SE ALGÚN ALUMNO REPITE CURSO, ACHEGARÍASELLE UNHA SERIE DE EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS PARA QUE NON SE ABURRIRA NAS CLASES, PARA QUE O FEITO DE REPETIR CURSO NON O CONDENE A UNHA REPETICIÓN LITERAL DOS CONTIDOS OU ACTIVIDADES.

PARA ISO, TERÁ MÁIS ACTIVIDADES, TERÁ UNS EXERCICIOS LIXEIRAMENTE DISTINTOS ÓS DO CURSO ANTERIOR, UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS E BÚSQUEDAS ONLINE PREPARADAS PARA EL, ETC.

O OBXECTIVO É CONSEGUIR QUE SUPERE SATISFACTORIAMENTE O CURSO E QUE NON ATOPE TEDIOSO (POR COÑECIDO) O QUE SE LLE ENSINE NA AULA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

11.- Actividades complementarias e extraescolares que sirvan para cohesionar aos grupos.

Para este curso estánse organizando varios concertos didácticos: un de música de cámara (probablemente cuarteto de corda), cun programa de repaso das formas musicais clásicas e tamén de temas de cinema.

O outro concerto será cáseque con toda seguridade de violonchelo e piano, co programa “Músicas do mundo”, no que se reflicten temas clásicos e tradicionais de diversas nacións e autores. Os rapaces respostarán ó final do mesmo a unha serie de sinxelas preguntas para avaliar o seu interese, atención e opinión. A data inicial para ese concerto será o venres 18 de novembro, en dous pases: un matutino, no salón de actos do noso centro ou na aula de música, e outro vespertino, no salón de actos do IES García Barbón ás 19:00h.

Ainda que só é un proxecto nestes momentos, planéase outro concerto de música heavy interpretada por instrumentos clásicos, co fin de valorar a sonoridade tan diferente da música en función do estilo e da instrumentación empregada. Estaría a cargo do cuarteto “Rock de cámara”, con web http://www.rockdecamara.es

Anque é unha actividade escolar que levamos varios anos sen facer,  intentaremos retomar a revista musical, unha actividade con proxección en todo o centro, xa que se dará ós outros alumnos e se buscará o xeito de traballar con ela. Se este ano se convoca, pensamos participar no certame “Entre nós, en galego”, tanto na proba de revistas escolares coma na musical.

Está tamén nas intencións para este curso levar a cabo unha representación musical e teatral de “Don Quijote de la Mancha”, para o que buscaremos a colaboración do departamento de “Lengua castellana y literatura”. A obra seleccionada pode ser outra, en función dos gustos dos rapaces que participen na actividade.

E anque todavía é pronto para adiantar nada, veremos se podemos contar cos rapaces para preparar un concerto de fin de curso nas tardes, de xeito extraescolar.

Consideramos de grande interese cultural, musical e persoal os Concertos didácticos dirixidos por Carmen Losada Gallego, que traballan “As formas da música”, “Os instrumentos da orquesta” e por suposto “A evolución da música en Occidente”. Polo tanto faremos a petición de que no vindeiro curso se oferten ditas actividades, enormemente formativas, das que xa temos coñecemento por anos anteriores.

Un conxunto de actividades extraescolares propostas polo departamento ó centro para fomentar a implicación dos rapaces na música e nalgunhas das súas facetas son as seguintes:

 

a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón;

b. práctica instrumental con instrumentos de láminas ou piano;

c. introducción á análise da banda sonora das películas;

d. coro escolar.

 

Tamén haberá actividades extraescolares para profesores:

a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón;

b. práctica instrumental con piano;

c. coro de profesores;

d. audicións comentadas.

 

Hai outra actividade extraescolar que temos en mente, que é unha viaxe a Madrid na que os rapaces farán unha visita ó teatro nacional, para ver un concerto pedagóxico, e o museo do Prado, así coma un musical (“Los miserables”, “Hoy no me puedo levantar”, “Mamma mía”, “Víctor o Victoria”).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

12.- Tratamento de fomento da lectura e das TIC.

 

Outro dos aspectos metodolóxicos que temos que potenciar é o das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que os alumnos empregarán para realizar as búsquedas de información dos traballos do curso e de diversas seccións da revista musical, e o fomento da lectura, que do mesmo xeito se verá traballado ó teren que resumir moita información en poucas páxinas.

Lerán libros con temática musical, xa sexa en coordinación con outros departamentos didácticos (como en 1º bacharelato, no que nos coordinamos con Lingua galega para que lean “Setecento”, unha novela galega ambientada na época de Vivaldi) ou coordinándonos co club de lectura do centro, “A árbore vermella”, na súa incansable actividade lectora e formativa.

Utilizarán recursos web como blogs, enlaces a páxinas e vídeos de interese musical, participarán en foros e mesmo empregarán redes sociais para intercambiar opinións sobre cancións, artistas, concertos…

 


[1] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.

[2] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.

[3] Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.