Published using Google Docs
A Patela dos libros | Boletín especial | A Patela conmemora o Día da Muller
Updated automatically every 5 minutes

“Sin la mujer, la vida sería pura prosa”

Rubén Darío

A data do 8 de marzo

A data do 8 de marzo sirve para lembrar o esforzo que  mulleres de todo o mundo veñen facendo para lograr a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

 

A historia do Día da Muller

A idea de adicar un día a esta causa xurdiu a finais do século XIX, en pleno desenvolvemento industrial. Pero non foi ata 1911 que se celebrou por primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora. A data elixida naquela ocasión foi o 19 de marzo e celebráronse mítines en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza aos que asistiron milleiros de mulleres e homes e nos que se reclamaban dereitos fundamentais para as mulleres.

O 8 de marzo de 1917, as mulleres rusas saíron ás rúas como reacción ante os desastres que a guerra estaba a causar entre a poboación. O seu grito era “pan e paz”. Esta marcha precipitou a caída do zar e o goberno provisional concedeu por primeira vez o dereito ao voto ás mulleres rusas.

En 1945 firmouse no seo da ONU o primeiro acordo internacional que proclamou que...

a igualdade dos sexos é un dereito fundamental.

Dende entón o Día Internacional da Muller é, cada vez máis, un motivo para que institucións, gobernos, administracións públicas e asociacións celebren os actos de valor e a decisión de mulleres comúns e extraordinarias, realicen campañas informativas destinadas a movilizar á opinión pública e promovan actuacións para mellorar as condicións de mulleres e nenas no mundo.

A Patela conmemora o Día da Muller

A Patela súmase a esta causa/celebración de catro maneiras diferentes:

  1. Programando a proxección de catro películas no ciclo chamado Mulleres de película.
  2. Elaborando materiais para tratar o tema nas aulas.
  3. Facilitando o acceso a recursos seleccionados (vídeos, imaxes, cancións).
  4. Ampliando os seus fondos con materiais pertinentes e poñéndoos a disposición da comunidade educativa.

M U L L E R E S   D E   P E L Í C U L A

Durante a semana do 5-9 marzo terá lugar a actividade organizada pola Patela Mulleres de película. Aquí tes o programa con información sobre as películas que se proxectarán.

 1º ESO  LUNS | 5 MARZO | 18:00 h

MULAN

ANIMACIÓN | 1998 | 88 min |

Mulan, filla única da familia Fa, en lugar de buscar mozo, coma as súas amigas, trata por todos os modos de alistarse no exército imperial para evitar que o seu anciano pai sexa chamado a filas para defender ao Emperador do acoso dos Hunos. Cando o emisario imperial leva a cabo a orde de reclutar aos varóns de todas as familias, Mular se fará pasar por soldado e se someterá a un duro entrenamento ata facerse merecedora da estima e da confianza do resto do escuadrón.

ver secuencia

Temas:

Lendas sobre mulleres

Mulleres soldado

Mulleres que se disfrazan de homes

Mulleres que loitan, pero con outras armas

 2º ESO  MARTES | 6 MARZO | 18:00 h

MISS POTTER

DRAMA | 2006 | 92 min |

Biopic sobre Beatrix Potter, escritora de libros infantís. Potter foi unha muller intelixente e carismática que tivo que loitar contra os convencionalismos da súa época. Norman Warme, o seu editor, do que se namorou, foi quen lle axudou a alcanzar a fama cos seus libros de Peter Rabbit.

► ver trailer

Temas:

Mulleres escritoras, artistas, intelectuais...

Mulleres que loitan contra os convencionalismos

 3º ESO  MÉRCORES | 7 MARZO | 18:00 h

LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS

DRAMA/COMEDIA | 2002 | 90 min |

Ana é unha adolescente méxico-americana que vive na comunidade hispana do este de Los Ángeles. Ao rematar o instituto o seu profesor anímaa para que solicite unha beca e así poder continuar os seus estudos  na Universidade de Columbia. Pero os seus tradicionais pais pensan que non é tempo para estudiar, senon para axudar á súa familia. Dividida entre as súas ambicións personais e a tradición cultural, accede a traballar coa súa nai na fábrica de costura da súa irmá.

► ver trailer

Temas:

Mulleres de carne e oso

Mulleres e familia

Mulleres tradicionais

 4º ESO  XOVES | 8 MARZO | 18:00 h

MILLION DOLLAR BABY

DRAMA | 2004 | 132 min |

Frankie Dunn rexenta un ximnasio coa axuda de Scrap, un ex-boxeador que é, ademais, o seu único amigo. Frankie é un home solitario e adusto que se refuxia dende hai anos na relixión, Un día entra no ximnasio Maggie Fitzgerald, unha voluntariosa rapaza que quere boxear e que está disposta a loitar para conseguilo. Pero o que máis desexa e precisa é que alguén crea nela. Frankie recházaa alegando que el non entrea a mulleres e que, ademáis, é demasiado maior. Maggie non se rende e se machaca cada día no ximnasio co único apoio de Scrap. Finalmente, convencido da inquebrantable determinación de Maggie, Frankie decide entrenala.

► ver trailer

Temas:

Mulleres loitadoras

Mulleres e deporte

Mulleres nun mundo de homes

M A T E R I A I S

Dende aquí podes acceder a unha presentación de (6) diapositivas onde se explica:

  • Por que, como e cando a ONU creou o Día Internacional da Muller.
  • Cales foron lemas dos últimos dez anos.
  • Cal é o lema deste ano.
  • Que é ONU Mulleres.
  • Cal é o significado do logotipo de ONU Mulleres.

B A N C O   D E   R E C U R S O S

A Patela seleccionou unha serie de recursos multimedia para abordar en clase e nas titorías o tema dos dereitos da muller. Vídeos, fotografías e cancións que, sen dúbida, servirán para a reflexión e o debate.

V   Í   D   E   O   S     P   A   R   A     A     R   E   F   L   E   X   I   Ó   N

FONTE

DURACIÓN

ASUNTO

3:57 min

Historia do 8 de marzo

4:05 min

Líbano: a primeira electricista

3:15 min

Pakistán: a educación das nenas

4:42 min

As mulleres de Liberia imparten xustiza

27:50 min

A historia de ser mulleres

1:30 min

Dedigualdade de xénero

2:09 min

Ela manda

1:33 min

Mulleres ao poder

4:14 min

Cerca de ti: premio á imaxe positiva da muller

3:52 min

Unha pioneira en Túnez

1:31 min

Fallado o Nobel da Paz 2011

51: 41 min

Concepción Arenal: a forza dun ideal

49:54 min

Rosalía de Castro: feminista na sombra

I   M   A   X   E   S     P   A   R   A     A     R   E   F   L   E   X   I   Ó   N

Mulleres camiñan por unha rúa de Kabul (Afganistán)

A presidenta de Liberia (á dereita) foi galardonada co Premio Nobel da Paz xunto á pacifista liberiana Leymah Gbowee (no centro) e a periodista  yemení Tawakkul Karman. Johnson-Sirleaf adicou o premio a “todas as mulleres que viron os desastres da violencia".

Sufraxistas manifestándose polo dereito da muller ao voto a principios do século XX.

O 8 de marzo de 1910 Alfonso XIII asinou unha Real Orde do Ministerio de Instrucción Pública que permitía o libre acceso das mulleres aos cursos universitarios.

Cun amplio respaldo do Parlamento alemán, Angela Merkel foi nomeada para o cargo de Canciller en 2005, transformándose na primeira muller en ocupar dito posto.

Fulla é a boneca que Mattel comercializou no mundo musulmán. Fulla é similar a Barbie pero ten rasgos árabes, viste conforme ás regras que estabrece a relixión musulmana, non ten mozo e o único complemento que inclúe é a súa propia alfombra para orar.

C   A   N   C   I   Ó   N   S 

Woman

John Lennon

Más mujer

Marta Sánchez y Malú

Si yo fuera mujer

La 5º estación (versión de la original de Patxi Andión)

Ella

Bebe

Lo que Ana ve

Revólver

L I B R O S   D A   P A T E L A

   FICCIÓN

Nassima é unha nena de dez anos, nacida no Afganistán dos talibán, que decide vivir unha apaixonante aventura antes de verse obrigada a fuxir do seu país, envolta nunha alfombra do xeito que lle propón o seu pai.

O seu amigo Mohamed será  quen a acompañe nesta historia dos nosos días, arriscada e valente.

Nassima, á sombra dos talibán | Merçé Rivas Torres | 114 páx.

As historias deste libro nacen a partir de cartas nada convencionais. O amor e o desamor servirán de excusa para coñecer as dramáticas circunstancias de nove mulleres. As protagonistas da obra son a pobreza, a guerra, a inmigración... Un libro contundente pero tenro que, en definitiva,grazas á valentía destas mulleres, convértese nun canto á vida e á dignidade.

Cartas de amor | Fran Alonso | 128 páx.

BIOGRAFÍAS

Filla dunha familia venerada na India, destacada pola súa loita pola independencia e a democracia, a vida de Indira Gandhi viuse marcada polas súas orixes e a súa posición. Dende moi xoven, Indira entregouse á causa do seu pobo ata que se convirtiu na súa máxima representante e nunha verdadeira icona do seu país.

Indira Gandhi | Paola Capriolo | 128 páx. 

Frida Kahlo, nacida coa Revolución mexicana, saca da inmovilidade provocada por un terrible accidente, dos seus intensos amores e dos seus grandes ideales, a forza para expresar co pincel a súa propia vitalidad arrolladora. A súa pintura simbólica, fantástica e misteriosa, é coma unha ráfaga de aire fresco que dende México alcanza ao resto do mundo. Este libro conta a súa historia.

Frida Kahlo | Vanna Cercená | 128 páx.

BANDA DESEÑADA

A autora desta banda deseñada, Marjane Satrapi, tiña 10 anos cando comezou a chamada revolución islámica no seu país, Irán. Este libro cóntanos as súas experiencias: os cambios na forma de vestir e de vivir impostos polos guardiáns da revolución; a guerra cos seus veciños os irakíes e a súa viaxe e estancia en Europa fuxindo dunha forma de vida que non comparte.

Persépolis | Marjane Satrapi | 360 páx.

Co título de Diario de Ana Frank coñécese á edición dos diarios personais escritos por unha nena xudea de 13 anos (Anneliese Marie Frank) durante a Segunda Guerra Mundial. Esta banda deseñada cóntanos a súa vida e ofrece datos históricos, facendo que poidamos coñecer mellor todo o sucedido nunha guerra que causou centenares de miles de mortos en toda Europa.

Ana Frank, la biografía gráfica | Sid Jacobson | 160 páx.

O novo blog da biblioteca do IES A Cachada: http://apateladoslibros.blogspot.com