1º BACHARELATO (Común)
Asignatura: Ciencias para o Mundo Contemporaneo |
Profesores: Guiomar Vazquez , Javier Rodríguez |
1º BACHARELATO (Común)
Asignatura: Ciencias para o Mundo Contemporaneo |
Profesores: Guiomar Vázquez, Javier Rodríguez |
- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
A ciencia e a tecnoloxía son un dos alicerces da sociedade actual e constitúen o eixe do cambio acelerado en que se ve inmersa a humanidade do século XXI. O seu vertixinoso avance produce cambios significativos que inciden no proceso constante de transformación do mundo e afecta o tecido e a estrutura social de maneira máis relevante ca outros campos do saber.
O desenvolvemento científico e tecnolóxico, en tanto que proporciona unha mellor comprensión da realidade e aumenta a posibilidade de interactuar sobre o ambiente, contribúe de forma innegable á mellora da calidade de vida nas sociedades occidentais. Con todo, non está exento de riscos e incertezas e suscita problemas sociais e ético–políticos máis aló dos laboratorios, en canto que a cidadanía se ve afectada por decisións en que non tomou parte e que inciden no seu escenario e forma de vida, tanto individual coma colectiva.
Para unha sociedade democrática é, xa que logo, un reto importante a formación dunha sociedade capaz de comprender e desenvolverse nun mundo en que a ciencia e a tecnoloxía están cada día máis presentes e de participar na toma de decisións, con rigor e fundamento, en cuestións de actualidade e relevancia social para avanzar cara a un futuro sustentable para a humanidade.
A materia de ciencias para o mundo contemporáneo, común para o alumnado de todas as modalidades de bacharelato, proponse responder a este desafío e contribuír a que todas as persoas posúan un coñecemento científico funcional, susceptible de ser aplicado a contextos diversos; un coñecemento dinámico, en sintonía co desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, que capacite para adaptarse e seguir o ritmo da actualidade científica; un coñecemento que facilite o desenvolvemento de actitudes, como as de tolerancia e ausencia de dogmatismo, e que permita actuar como persoas autónomas e críticas capaces de argumentar, xustificar as súas posicións e participar activamente na sociedade.
Desde esta perspectiva, abordarase a resolución de problemas abertos, tal e como se presentan no mundo real e na sociedade actual, conxugando a aplicación de modelos, teorías e procedementos científicos básicos coa contribución doutras ciencias necesarias para comprender a súa complexidade. O tratamento de cuestións da realidade, cun enfoque local e global, axudará o alumnado a tomar conciencia das distintas dimensións da realidade e fomentará a súa responsabilidade social.
Na educación secundaria obrigatoria o alumnado xa estudou materias que lle proporcionan unha cultura científica básica. No bacharelato parte do alumnado vai seguir profundando nesta liña. O característico desta materia vai residir no enfoque interdisciplinario, a través da selección de determinados problemas relacionados con problemas reais, abordados desde enfoques CTS (ciencia-tecnoloxíasociedade) que preparen para a participación cidadá.
Os contidos da materia están estruturados en bloques. No bloque común recóllense aqueles contidos que deben estar presentes nalgunha medida no desenvolvemento de todos os demais, aínda que a súa distribución e tratamento dependerá da súa pertinencia en cada contexto. Os restantes céntranse en ámbitos nos cales se insire algún problema específico merecedor de interese social. A orixe do universo e da vida, a saúde, a xestión sustentable do planeta, así como a biotecnoloxía, as tecnoloxías da comunicación, a nanotecnoloxía e a sociedade do coñecemento, son campos que forman parte do noso presente e futuro inmediato e son susceptibles de ser tratados desde unha perspectiva de divulgación científica,cunha formulación accesible.
É ineludible a necesidade de integrar e ponderar equilibradamente os contidos de distintos tipos, a conveniencia de que o alumnado traballe en proxectos de grupo; así como desenvolver as competencias para o traballo en equipo e a responsabilidade compartida na xestión dun proceso de investigación.
Por último, débese ter en conta que os contidos adaptaranse en virtude das necesidades e intereses do alumnado e dos propios avances científicos e tecnolóxicos, para acadar os obxectivos propostos e actuar deacordo cunha ciencia para o mundo contemporáneo.
- CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS E MATERIAS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (NA ESO).
O Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, non inclúe as competencias básicas nesta etapa educativa.
- Coñecer o significado cualitativo dalgúns conceptos, leis e teorías, para formaren opinións fundamentadas sobre cuestións científicas e tecnolóxicas, que teñan incidencia nas condicións de vida persoal e global, e sexan obxecto de controversia social e debate público.
- Formularse preguntas sobre cuestións e problemas científicos de actualidade e tratar de procurar as súas propias respostas, utilizando e seleccionando de xeito crítico información proveniente de diversas fontes.
- Obter, analizar e organizar informacións de contido científico, utilizar representacións e modelos, facer conxecturas, formular hipóteses e realizar reflexións fundadas que permitan tomar decisións fundamentadas e comunicárllelas aos demais con coherencia, precisión e claridade.
- Adquirir un coñecemento coherente e crítico das tecnoloxías da información, a comunicación e o lecer presentes no seu contorno, propiciando un uso sensato e racional delas para a construción do coñecemento científico, a elaboración do criterio persoal e a mellora do benestar individual e colectivo.
- Argumentar, debater e avaliar propostas e aplicacións dos coñecementos científicos de interese social relativos á saúde, o medio, os materiais, as fontes de enerxía, o lecer etc., para poder valorar as informacións científicas e tecnolóxicas dos medios de comunicación de masas e adquirir independencia de criterio.
- Pór en práctica actitudes e valores sociais como a creatividade, a curiosidade, o antidogmatismo, a reflexión crítica e mais a sensibilidade ante a vida e o medio, que son útiles para o avance persoal, as relacións interpersoais e a inserción social.
- Valorar a contribución da ciencia e a tecnoloxía á mellora da calidade de vida, recoñecendo as súas achegas e as súas limitacións como empresa humana cuxas ideas están en continua evolución e condicionadas ao contexto cultural, social e económico en que se desenvolven.
- Recoñecer nalgúns exemplos concretos a influencia recíproca entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico, e os contextos sociais, políticos, económicos, relixiosos, educativos e culturais en que se produce o coñecemento e as súas aplicacións.
UNIDADE 1:O UNIVERSO E A TERRA
- Composición do universo
- Orixen do universo. Teoria do Big Bang
- Evolución do universo
- O futuro do universo
- As galaxias: estructura e tipos
- As estrelas: formación dunha estrela
- Formación dos elementos químicos máis densos
- A exploración do sistema solar
- O sistema solar
- Planetas e satélites
- A formación da Terra
- As capas da Terra
- A tectónica terrestre: A dinámica de placas
- Limites de placas
- Consecuencias da dinámica de placas
UNIDADE 2: A ORIXE E A EVOLUCIÓN DA VIDA
- Principais hipóteses sobre a orixen da vida
- Paso de prebiótes aos primeiros organismos
- Do fixismo ao evolucionismo
- Interpretaciones relixiosas e filosóficas
- Evidencias proporcionadas polos fósiles
- A teoría de Lamarck
- A teoría de Darwin
- O neodarwinismo
- Os nosos antepasados
- A hominización
- Os cambios xenéticos condicionantes da especificidade humana
UNIDADE 3:A SAÚDE: UN RETO DE VIVIR MAIS E MELLOR
- Saúde e hábitos de vida saudables
- O concepto de saúde e enfermidades
- Como previr as enfermidades
- Os hábitos saudables
- A dieta equilibrada
- Influencia da alimentación nalgunhas enfermidades
- Trastornos alimentarios
- Tipos de enfermidades máis frecuentes: prevención, causas e tratamento
- As enfermedades infecciosas: A sida
- Enfermedades non infecciosas
- O cancro
- As enfermedades psíquicas
- Enfermedades neurodegenerativas
- Enfermedades do sistema inmune
- Presente e futuro da medicina
- Métodos de diagnóstico e tratamentos das enfermedades
- Vacina e inmunidades
- A investigación médica
- A sanidade nos paises do terceiro mundo. Acceso aos medicamentos
UNIDADE 4: A REVOLUCIÓN XENÉTICA E A BIOTECNOLOXÍA
- ADN e xenes. Tecnologías de ADN e biotecnoloxia
- O ADN: estructura e funciones (dogma da biología molecular)
- A biotecnología
- Tecnología do ADN recombinante. Aplicacións
- Xenoma humano e biotecnología ao servizo da saúde
- O xenoma humano: utididade que ten
- A ampliación do ADN
- A terapia xénica
- Biotecnoloxía aplicada a agroalimentación, industria e medio natural
- Que é unha planta transxénica
- Aplicacións da biotecnoloxía á agricultura
- Biotecnoloxía dos alimentos
- A biotecnoloxía e á industria
- Clonación celular. Tecnoloxía aplicada á reproducción humana
- Clonación reproductiva e terapeútic
- Clonación terapéutica e células nai
- Aspectos éticos relacionados coa clonación e as células nais
- Tecnoloxía aplicada á reprodución humana
UNIDADE 5: CARA A UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DO PLANETA
- Crecemento ilimitado nun planeta limitado
- A pegada ecolóxica
- Desenvolvemento e enerxía: as enerxías renovables
- Os recursos naturais. A auga
- A auga un recurso vital
- Auga potable: un ben escaso
- Usos e abusos da auga
- A auga en España
- O solo, un substrato para a vida (a transformación do solo, uso do solo
- Combustibles fósiles
- Que é a biodiversidade
- Importancia da biodiversidade
- Perda de biodiversidade: causas da perda de diversidade
- A xestión global do planeta
- Sustentaabilidade económica, ecolóxica e social
- Que significa desenvolvemento. Modelos de desenvolvemento
- Os Cumios da Terra e o Cambio Climático
UNIDADE 6: O IMPACTO HUMANO NO SISTEMA TERRA
- O sistema Terra e a poboación humana
- A Terra como sistema
- O impacto global
- O cambio climático: consecuencias do cambio climático
- Aspectos do impacto global: contaminación
- A contaminación: causas e tipos
- A contaminación atmosféricaq
- Contaminación da auga
- Efectos do cambio global. Alteración dos ciclos bioxeoquímicos
- Os ciclos bioxeoquímicos. Causas da súa alteración
- A chuvia ácida
- Alteración da capa de ozono
- Efectos do cambio global: modificación dos escenarios
- A Terra como vertedoiro
- Os residuos: tipos e problemas da súa eliminación
- O solo como substrato. Desertización, deforestación
UNIDADE 7 : OS RISCOS NATURAIS E PROVOCADOS
- Os riscos: tipos e distribución.
- Que son os ricos
- Tipos de riscos
- Prevención e predición de riscos
- Os riscos xeolóxicos. Clases
- Catastrofes xeolóxicas ao longo da historia
- Riscos endóxenos: os volcáns e os terremotos
- Riscos esóxenos: corrementos de terra
- Desprendementos
- Avalanchas
- Fluxos
- Riscos meteorolóxicos ou climáticos. Gota fría, tormentas, furacans, tornados
- Riscos físicos. Incendios forestais
- Riscos biolóxicos e tecnolóxicos
UNIDADE 8: DOS SINAIS DE FUME Á ALDEA GLOBAL
- Comunicacións: conceptos básicos
- Os sinais
- A información
- As redes de comunicación
- Servicios das redes de comunicación
- Tecnoloxía usada para procesar a información
- Sinais dixitais
- Realidade virtual
- A exploración das comunicacións
- Satélites e antenas parabólicas
- Sistemas de posición GPS
- Teledetección
- A aldea global
UNIDADE 9: TERCEIRO MILENIO. A ERA DO COÑECEMENTO
- Internet a as súas aplicacións
- Que é internet
- Conexión a internet: ADSL, Wi-Fi, WiMas, Bluetooth
- Servicios de internet:
- A era do coñecemento e as súas consecuencias
1ºAVALIACIÓN.- 21 sesións
UNIDADE 9: DOS SINAIS DE FUME Á ALDEA GLOBAL.- 3 sesións
UNIDADE 10: TERCEIRO MILENIO. A ERA DO COÑECEMENTO.- 3 sesións
UNIDADE 1:O UNIVERSO E A TERRA.- 8 Sesións
UNIDADE 2: A ORIXEN E A EVOLUCIÓN DA VIDA.- 7 sesións
2ª AVALIACIÓN.- 19 sesións
UNIDADE 3:A SAÚDE: UN RETO DE VIVIR MAIS E MELLOR.- 7 sesións
UNIDADE 4: A REVOLUCIÓN XENÉTICA E A BIOTECNOLOXÍA.- 8 sesións
UNIDADE 5: CARA A UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DO PLANETA.- 4 sesións
3ª AVALIACIÓN.- 12 sesións
UNIDADE 6: O IMPACTO HUMANO NO SISTEMA TERRA.- 4 sesións
UNIDADE 7: OS RISCOS NATURAIS E PROVOCADOS.- 8 sesións
As restantes sesións adicaranse a realización de probas escritas e a exposicións de traballos.
- Obter, seleccionar e valorar informacións sobre distintos temas científicos e tecnolóxicos de repercusión social e comunicar conclusións e ideas en distintos soportes a públicos diversos, utilizando eficazmente as tecnoloxías da información e comunicación, para formaren opinións propias argumentadas.
- Analizar algunhas achegas científico-tecnolóxicas a diversos problemas que ten formulados a humanidade, e a importancia do contexto político-social na súa posta en práctica, considerando as súas vantaxes e inconvenientes desde un punto de vista económico, ambiental e social.
- Realizar estudos sinxelos sobre cuestións sociais con base científico-tecnolóxica de ámbito local, facendo predicións e valorando as posturas individuais ou de pequenos colectivos na súa posible evolución.
- Valorar a contribución da ciencia e a tecnoloxía á comprensión e resolución dos problemas das persoas e da súa calidade de vida, mediante unha metodoloxía baseada na obtención de datos, o razoamento, a perseveranza e o espírito crítico, aceptando as súas limitacións e equivocacións propias de toda actividade humana.
- Identificar os principais problemas ambientais, as causas que os provocan e os factores que os intensifican; predicir as súas consecuencias e argumentar sobre a necesidade dunha xestión sustentable da Terra, sendo conscientes da importancia da sensibilización cidadá para actuar sobre os problemas ambientais locais.
- Coñecer e valorar as achegas da ciencia e a tecnoloxía á mitigación dos problemas ambientais mediante a procura de novos materiais e novas tecnoloxías, no contexto dun desenvolvemento sustentable.
- Diferenciar os tipos de doenzas máis frecuentes, identificando algúns indicadores, causas e tratamentos máis comúns, valorando a importancia de adoptar medidas preventivas que eviten os contaxios, que lle dean prioridade aos controis periódicos e aos estilos de vida saudables sociais e persoais.
- Coñecer as bases científicas da manipulación xenética e embrionaria, valorar os pros e contras das súas aplicacións e entender a controversia internacional que suscitaron, sendo quen de fundamentar a existencia dun Comité de Bioética que defina os seus límites nun marco de xestión responsable da vida humana.
- Analizar as sucesivas explicacións científicas dadas a problemas como a orixe da vida ou do universo; facendo fincapé na importancia do razoamento hipotético-dedutivo, o valor das probas e a influencia do contexto social, e diferencialas das baseadas en opinións ou crenzas.
- Coñecer as características básicas, as formas de utilización e as repercusións individuais e sociais dos últimos instrumentos tecnolóxicos de información, comunicación, lecer e creación, e valorar a súa incidencia nos hábitos de consumo e mais nas relacións sociais.
UNIDADE 1:O UNIVERSO E A TERRA
- O universo: composición e orixen (Big Bang).
- Galaxias e estrelas. Estrutura e tipos de estrelas. Formación dos elementos químicos máis densos
- A exploración do sistema solar: O sistema solar: planetas e satélites
- A Terra: A formación da Terra. As capas da Terra
- A tectónica global: dinámica de placas
UNIDADE 2: A ORIXE E A EVOLUCIÓN DA VIDA
- A orixe da vida. Principais hipóteses
- Interpretacións relixiosas e filosóficas
- Evidencias proporcionadas polos fósiles
- Teorias evolucionistas (Lamarck, Darwin, neodarwinismo)
- A orixe do ser humano: os nosos antepasados. Hominización
UNIDADE 3:A SAÚDE: UN RETO DE VIVIR MAIS E MELLOR
- O concepto de saúde e enfermidades. Os hábitos saudables
- Saúde e alimentación: a dieta equilibras. Enfermidades relacionadas coa alimentación
- Tipos de enfermidades máis frecuentes: infecciosas (SIDA), non infecciosas (Cancro) psíquicas, neurodexenerativas, inmunitarias
- Presente e futuro da medicina
- A sanidade nos paises do terceiro mundo. Acceso aos medicamentos
UNIDADE 4: A REVOLUCIÓN XENÉTICA E A BIOTECNOLOXÍA
- ADN e xenes. Tecnoloxías de ADN e biotecnoloxia. Tecnoloxía do ADN recombinante
- Xenoma humano e biotecnoloxía ao servizo da saúde. A terapia xénica
- Que é unha planta transxénica
- Biotecnoloxía dos alimentos
- A biotecnoloxía e á industria
- Clonación celular. Clonación reprodutiva e terapéutica, células nai
- A bioética
UNIDADE 5: CARA A UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DO PLANETA
- A pegada ecolóxica
- As enerxías renovables
- Os recursos naturais. A auga,o solo, combustibles fósiles
- Biodiversidade. Importania da biodiversidade. Perda de biodiversidades: causas
- A xestión global do planeta
- Que significa desenvolvemento. Modelos de desenvolvemento
- Os Cumios da Terra e o Cambio Climático
UNIDADE 6: O IMPACTO HUMANO NO SISTEMA TERRA
- O sistema Terra e a poboación humana
- A Terra como sistema. O impacto global. O cambio climático
- A contaminación: causas e tipos. Contaminación atmosférica. Contaminación da auga
- Alteración dos ciclos bioxeoquímicos
- A chuvia ácida
- Alteración da capa de ozono
- A Terra como vertedoiro
- Os residuos: tipos e problemas da súa eliminación
- Solo como substrato. Desertización, deforestación
UNIDADE 7: OS RISCOS NATURAIS E PROVOCADOS
- Os riscos: tipos e distribución.
- Os riscos xeolóxicos. Clases
- Os volcáns e os terremotos
- Riscos esóxenos: corrementos de terra, desprendementos, avalanchas, fluxos
- Outros riscos: meteorolóxicos( gota fría, tormentas, furacáns....), físicos( incendios forestais), biolóxicos
UNIDADE 8: DOS SINAIS DE FUME Á ALDEA GLOBAL
- Comunicacións: conceptos básicos
- O salto ao mundo dixital
- Sinais dixitais
- Realidade virtual
- Satélites e antenas parabólicas
- Sistemas de posición GPS
- Teledetección
- A aldea global
UNIDADE 9: TERCEIRO MILENIO. A ERA DO COÑECEMENTO
- Internet a as súas aplicacións
- Que é internet (ADSL, Wi-Fi, WiMas, Bluetooth)
- A era do coñecemento e as súas consecuencias
- PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación é un elemento fundamental do proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que permite obter información de como se está a realizar, coa finalidade de reaxustar a intervención educativa,en función dos datos obtidos.
Ten dous ámbitos de aplicación: O primeiro considera as adquisicións realizadas polos alumnos ao longo do proceso e terá que contemplar conceptos, procedementos, actitudes e hábitos de traballo. O segundo consiste en avaliar o proceso de ensinanza, a práctica docente.
Realizaranse tres tipos de avaliación cos alumnos: inicial, puntual e continua. A avaliación inicial permite determinar os coñecementos previos dos alumnos acerca dos obxectivos que se van traballar. A avaliación puntual valora aspectos conceptuais, mentres que a avaliación continua, céntrase nos procedementos, actitudes e hábitos de traballo.
- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
Os elementos escollidos para valorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, teñen en conta os dous ámbitos de aplicación da avaliación, en primeiro lugar aparecen os instrumentos empregados para valorar o traballo dos alumnos e a continuación menciónanse os empregados para analizar a práctica docente.
- Instrumentos de avaliación da aprendizaxe dos alumnos:
- Proba de avaliación inicial baseada nos obxectivos e criterios de avaliación da ESO.
- Observación directa: Expresión oral e escrita, participación nas actividades, atención as explicacións, respecto polos compañeiros, anotacións no caderno, realización dos exercicios, resposta fronte as cuestións plantexadas pola profesora…
- Avaliación das exposicións orais e das presentacións. Os alumnos realizarán en grupos unha presentación en PowerPoint e unha exposición oral para cada unha das unidades didácticas plantexadas. Valorárase o rigor científico, o esforzo realizado, a calidade da presentación e a exposición oral.
- Probas escritas. Realizarase como mínimo unha por trimestre que incluirá preguntas longas ou curtas, cuestións de verdadeiro ou falso, interpretación de gráficas, fotos ou debuxos…
- Instrumentos de avaliación do proceso de ensinanza:
- Enquisas aos alumnos para valorar o desenvolvemento de cada unidade.
- Intercambios orais: entrevistas cos alumnos, debates…
- Contraste de experiencias con outros profesores.
- PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL.
Ao comezo do curso escolar realizarase unha proba escrita, que permitirá coñecer o nivel de partida de cada un dos alumnos de 1º de bacharelato que cursan ciencias para o mundo contemporáneo.
- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
- As probas obxectivas , cuestionarios de aspectos conceptuais, a actitude e o traballo na clase suporán o 10% da cualificacion da nota de cada avaliación.
- As presentacións e as exposicións, que se realizarán en cada un dos temas suporán 40% da nota de cada avaliación.
- En cada avaliación haberá alomenos 1 proba escrita de aspectos conceptuais, que constara de varias preguntas. Esta proba escrita terá un valor do 50% da nota de cada avaliación.
- A non presentación dun traballo nos plazos marcados supora unha nota negativa co mesmo valor que se otorgue ao traballo.
- A non presentación ou exposición dos traballos encomendados significará o suspenso nesa avaliación, así como tamén o será a non presentación ó exame de avaliación.
- Cada avaliación terá unha recuperación cunha proba escrita .
- A finais de xuño aqueles alumnos que teñan suspensas algunha avaliación realizarán unha proba final escrita referida ao contidos mínimos, aprobando a materia no caso de superar o 50% dos puntos de cada avaliación suspensa.
Extraordinaria
Os alumnos que non superaran a asignatura en xuño farán unha proba escrita en setembro que constará de varias cuestións referidas ós contidos mínimos, considerándose aprobado se se obteñen máis de 5 puntos.
Según o aprobado por parte da CCP, claustro de profesores e consello escolar nas súas reunións do 30 de xuño de 2010, a partir deste curso se premiará a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía cun máximo de 0,5 puntos en cada proba realizada.
- PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES.
Non aplicable a bacharelato.
- PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACION DAS MATERIAS PENDENTES OU DA NOTA FINAL DO CURSO SE HAI ALUMNADO QUE ASISTE A PROGRAMAS DE REFORZO CON ATRIBUCIÓN HORARA (NA ESO).
Non aplicable a bacharelato.
- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES(NO BAC).
Aos alumnos de 2º de bacharelato con ciencias para o mundo contemporáneo de 1º de bacharelato pendente non se lles deseñará un plan de traballo específico a non ser que o soliciten, de forma individual ou colectiva, debido a acumulación de traballo que adoitan ter ditos alumnos.
Terá lugar unha reunión informativa co fin de comunicar o procedemento de recuperación e facilitar unha hora de consulta de dúbidas.
Xefatura de estudos establecerá a data de celebración da proba escrita de recuperación.
- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS (BAC ART. 3.7. ORD. 24/06/2008).
Realizarase unha proba escrita na cal o alumno debera acreditar os coñecementos mínimos do curso en cuestión.
- METODOLOXÍA DIDÁCTICA(BAC: INCIDINDO NO IMPULSO DA AUTONOMÍA PERSOAL)
Os principios metodolóxicos propostos para esta materia baseanse nas concepcións sobre as ciencias para o mundo contemporaneo que foron aportadas nos diversos foros internacionais e nacionais e nas suxerencias orientativas que aparecen nos curriculos oficiais. Destacan os seguintes:
- Aplicar os principios derivados da aprendizaxe significativa.
Inclúense aquí aspectos como: a importancia de ter en conta o nivel de desenvolvemento dos estudiantes e os seus coñecementos previos; conectar as novas ensinanzas cas ideas previas; propoñer problemas de situaciones concretas do entorno; suxerir actividades variadas e graduais para abordar os problemas; proporcionar situacións para por en práctica os novos coñecementos e comprobar a súa utilidade; propiciar actividades de reflexión sobre o aprendido, analizando o avance logrado desde as ideas previas.
No caso desta asignatura, destacan dúas concepciones previas respecto as Ciencias e o Mundo Contemporaneo. A primeira ten que ver ca crenza na omnipotencia humana, que sempre sera capaz de solucionar os problemas que continuamente xera, e a segunda confía na omnipotencia da Ciencia, que tamen tería unha ilimitada capacidade de resolución, sexa cal sexa a agresión a que sexa sometida. Ambas concepcións recordan crenzas históricas pasadas que consideraban a Terra, a Ciencia e a especie humana como o centro do Universo.
Lograr cambios conceptuais a través da investigación e unha das prioridades fundamentais da asignatura, para chegar a entender de outra maneira as relacions entre o Mundo actual e a Ciencia.
- Destacar a funcionalidade das aprendizaxes.
Unha aprendizaxe é máis funcional se pode utilizarse en diversas situaciones reais ou se a partir dela pódense elaborar outras aprendizaxes. Neste senso, deben presentarse aos alumnos e alumnas as abundantes situacions onde poidan aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes ámbitos e contextos, e conectar o aprendido con situacions reais e cotiás, destacando sempre o interés práctico do que se vai aprender.
Os contidos son mais significativos canto máis claras sexan as relacións entre eles. Na práctica convén organizalos con criterios que coñeza o alumnado, a fin de facilitar a sua comprensión. Entre as unidades didácticas debe existir un fio condutor que explique a súa secuencia, e é moi acertado establecer o maior número de relacions entre diferentes áreas de coñecemento. Ademáis, en cada unidade didáctica hai que facilitar a relación entre os conceptos, os procedementos e as actitudes.
- Crear un clima apropiado para a aprendizaxe.
E importante facilitar os traballos cooperativos, e as interacións entre os iguais e os adultos, propiciar a autonomía do alumnado na toma de decisións e na asunción de responsabilidades. Igualmente, debe facilitarse o desenvolvemento da autoestima, o equilibrio persoal e o afectivo. Neste senso, son axeitadas as posturas do profesorado de valorar nos estudiantes os esfozos realizados, propiciar a reflexión sobre os erros e acertos, consensuar as normas da clase e o compromiso de cumplilas, e, sobre todo, non facer descalificacións totais ós traballos realizados e procurar valorar os logros, aínda que sexan pequenos.
- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
A consecución dunha ensinanza eficaz esixe adaptar os procesos de ensinanza-aprendizaxe ás características personais do alumnado. Asentamos a atención á diversidade en catro puntos.
- Anticiparse á aparición de dificultades: para o cal, realizarase ao longo das diferentes unidades, unha avaliación inicial, cun cuestionario de ideas previas para continuar despois cunha avaliación continua do traballo persoal. Desta xeito, asegúrase a adecuación das propostas de traballo a cada alumnado así como a corrección do proceso de aprendizaxe.
- Dispor metodoloxías alternativas para atender as distintas necesidades educativas do alumnado.
- Revisar continuamente as nosas actuaciones para acomodalas aos niveis de partida do alumnado e as súas posibilidades de aprendizaxe.
- Deseñar actividades que permitan axustes a ritmos de aprendizaxe distintos e personalizados para alumnado con dificultades ou para aquel máis capaz, que tamén precisa unha atención personalizada.
Para alumnos que necesiten atención especilizada seguiremos os consellos dados polo Departamento de Orientación.
- PROGRAMACION DA EDUCACIÓN EN VALORES.
A materia de ciencias para o mundo contemporáneo, a través do desenvolvemento das unidades didácticas plantexadas promoverá que os estudantes asimilen e adoiten os valores que se especifican a continuación:
- Traballo en equipo e respecto polas opinións dos demais.
- Valoración da importancia de internet como medio de transmisión de información e coñecementos na nosa sociedade.
- Valoración da contribución da ciencia e a tecnoloxía a mellora da calidade de vida.
- Disposición a reflexionar científicamente ante situacións da vida con contido científico e tecnolóxico.
- Recoñecemento das limitacións e os erros da ciencia e da tecnoloxía.
- Valoración da influencia da presión do pensamento de cada época no desenvolvemento da ciencia.
- Interese pola teoría da tectónica de placas como marco de referencia de gran parte dos procesos xeolóxicos.
- Toma de conciencia de que a evolución comeza desde a orixe mesma da vida e trae consigo a biodiversidade.
- Respecto polas diferentes opinións sobre a orixe dos seres vivos, tendo en conta que a ciencia se ampara no método científico.
- Toma de conciencia de que a saúde é un dereito e unha obriga de toda persoa.
- Toma de conciencia da importancia da nosa colaboración coa medicina para conservar a nosa saúde e do feito de que non debemos automedicarnos.
- Recoñecemento e valoración da eficacia da medicina actual na loita contra a enfermidade.
- Concienciar sobre o importante papel que desempeña na sociedade actual a investigación científica sobre as características e os procesos relacionados coa herdanza
- Valorar desde un punto de vista ético os avances no campo da biotecnoloxía, a enxeñaría xenética e a clonación.
- Tomar conciencia dos riscos que ten a sobreexplotación dos recursos naturais e recoñecer a necesidade de compatibilizar a explotación dos recursos naturais co respecto á natureza.
- O coñecemento da importancia da auga para as persoas permite desenvolver unha actitude solidaria cara ao consumo e a utilización racional da auga, e valorar a necesidade de promover un acceso universal a unha auga cunha calidade aceptable para os usos humanos.
- O estudo da importancia da biodiversidade e dos problemas que produce a súa desaparición permite o fomento de comportamentos compatibles cos principios do desenvolvemento sostible, de modo que se busque a conservación desa biodiversidade para que poidan gozar dela as xeracións futuras.
- O estudo dos efectos dos contaminantes permite incidir na importancia de adquirir hábitos de consumo respectuoso co medio.
- O estudo dos principios do desenvolvemento sostible permitirá fomentar unha actitude crítica cara a un consumo responsable fronte ás modas.
- Resposta adecuada ante unha catástrofe natural, como un terremoto, un volcán, etc.
- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR.
Durante o curso os alumnos practicarán a lectura de textos divulgativos de ciencias . Ademais en cada clase adicaremos expresamente 5 minutos á lectura usando para eso o libro de texto do alumno.
Proporemos desde o noso departamento a lectura ou consulta dos seguintes libros para 1º de Bacharelato:
- CHALMERS, A.F.: ¿Qué es esa cosa llamada ciencia? Siglo XXI, Madrid, 1994.
- DI TROCCHIO, F.: Las mentiras de la ciencia. Alianza Editorial, Madrid, 2002.
- MESSADIÉ, G.: Los grandes descubrimientos de la ciencia. Alianza Editorial, Madrid,1999.
- ORTOLI, S., y WITKUWSKI, N.: La bañera de Arquímedes. Pequeña mitología de la ciencia. Espasa, Madrid, 1999.
- ROBERTS, R.M.: Serendipia. Descubrimientos accidentales en la ciencia. Alianza
Editorial, Madrid, 1989.
- ERICKSON, J.: La exploración de la Tierra desde el espacio. Serie McGraw Hill de Divulgación Científica, España, 1991.
- BIANUCCI, P.: Pequeño, Grande, Vivo. Ariel Ciencia, 1993.
- HALLAM, A.: Grandes controversias geológicas. RBA Editores, 1994.
- SOLOMON, BERG, MARTIN: Biología. 5.ª edición. McGraw Hill, Madrid, 2001.
- WATSON, J.D.: ADN. El secreto de la vida. Taurus, Madrid, 2003.
- ASIMOV, I.: Vida y Tiempo. RBA Editores, 1995.
- CURTIS, H., y BARNES, N.S.: Invitación a la Biología. 6.ª edición en español. Editorial Médica Panamericana, 2001.
- DE DUVE, C.: «El origen de las células eucariotas», Investigación y ciencia, junio de 1996; número 237.
- Evolución. Libros de Investigación y Ciencia. 2.ª edición. Labor, Barcelona, 1982.
- VÁZQUEZ, F.: La base de la geología. Acción divulgativa, 1993.
- LÓPEZ BERMÚDEZ, F.: Erosión y desertización. Heridas de la Tierra. Nivola, libros y ediciones, 2002.
- ANGUITA VIRELLA, F.: Origen e Historia de la Tierra. Editorial Rueda, Madrid, 1988.
- JOU, D., y BAIG, M.: La naturaleza y el paisaje. Editorial Ariel.
- Instituto Americano de Geólogos Profesionales (IUGS). Publicado en español por el Ilustre Colegio Oficial de Geólogos de España (ICOG): Guía Ciudadana de los Riesgos Geológicos. ICOG, 1997.
- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC
Os alumnos a través do blog bioquimchivite consultaran as páxinas web propostas para realizar os traballos de cada unidade didáctica.
Os seus traballos seran realizados e presentados en soporte informático.
- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA.
As máis salientables son:
- Debatir en clase sobre calquer tema de convivencia de xurda o longo do curso.
- Promover normas para o buen funcionamento da clase. Facelas cumplir.
- Asegurar a orde interna que permita conseguir en grao óptimo os obxectivos educativos do noso Centro.
- Desenvolver o interese polo traballo cooperativo e solidario, fomentando o traballo en equipo.
- Manter unha liña de conduta coherente, uniforme e sistemática no tratamento da orde e a disciplina.
- Fomentar un bo clima de convivencia.
- Analizar as causas das condutas disruptivas e procurar resolvelas como paso previo para resolver problemas de convivencia.
- Non discriminar a ningún membro da Comunidade Educativa por razóns de sexo, raza ou calquera outra circunstancia persoal ou social.
- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUIDOS OS LIBROS DE TEXTOS.
A continuación describense os recursos idóneos para o desenrolo dos temas de Ciencias para o Mundo Contemporáneo en 1º de Bacharelato:
- Libro de texto do alumno da editorial Vicens Vives.
- Libros e guías de consulta do departamento.
- Artículos de prensa relacionados coa programación.
- Material audiovisual: Vídeos, diapositivas e transparencias.
- Medios informáticos.
- Material de laboratorio para a realización das prácticas.
- Mapas xeolóxicos e mapas topográficos.
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
Ao longo do curso fomentarase a realización de algunhadas seguintes actividades :
- Visita a espazos naturais.
- Asistencia á proxección de documentais ou charlas sobre calquer tema abordado no curriculo.
- Visita a un museo de ciencias naturais próximo á localidade.
- Elaboración, por equipos, dun mural.
- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR.
Os aspectos a mellorar para o curso 2013-2014 propostos na memoria do curso pasado son:
- Non abordar o unidade 8: “Da idade de Pedra a nanotecnoloxía”.
- Favorecer máis a aprendizaxe construtiva integrando os coñecementos previos cas novas adquisición.
- Explicar os obxectivos e os criterios de avaliación o principio de curso e en cada unidade.
- Favorecer que o alumno participe no proceso de avaliación.
- Fomentar a aprendizaxe cooperativa na realización de traballos en pequeno grupo.
- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.
Utilizaremos un cuestionario para avaliar a programación.