Sistema de cualificación

Os elementos escollidos para valorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe,  teñen en conta os dous ámbitos de aplicación da avaliación, en primeiro lugar aparecen os instrumentos empregados para valorar o traballo dos alumnos e a continuación menciónanse os empregados para analizar a práctica docente.

Ao comezo do curso escolar realizarase unha proba escrita, que  permitirá coñecer o nivel de partida de cada un dos alumnos de 1º de bacharelato que cursan ciencias para o mundo contemporáneo.

Extraordinaria

        Os alumnos que non superaran a asignatura en xuño farán unha proba escrita en setembro que constará de varias cuestións referidas ós contidos mínimos, considerándose   aprobado se se obteñen máis de 5 puntos.

Según o aprobado por parte da CCP, claustro de profesores e consello escolar nas súas reunións do 30 de xuño de 2010, a partir deste curso se premiará a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía cun máximo de 0,5 puntos en cada proba realizada.