Todos queremos ser amigos
todos queremos que non haxa problemas
todos queremos que a PAZ triunfe ante as guerras.
Non queremos a violencia,
non queremos insultos,
paréceche bonito ir pegando coma un bruto?
Gústanos ir a escola,
gústanos aprender
e gustaríanos que outros nenos o puidesen facer.
Hoxe quero soñar,
que iso vai pasar,
porque todos queremos vivir en PAZ.
Collamos as nosas mans
cando nos amemos coma irmáns
camiñemos pola vida axudando a nosa amiga.
Que os pobos vivan en armonía
para que na terra haxa alegría.
A pomba voará e a PAZ á terra virá.
Como me gustaría
levantarme un día
e comprobar que a guerra xa non existía.
Nin odios, nin armas, nin violencia
nin un só disparo
todo iso rachado!
Non máis fame,non máis miserias,
que todos somos iguais
e deixadevos de lerias !
Quero que a PAZ reine no mundo e que estale a liberdade
que nos perdoemos coma irmáns, gracias a PAZ.
Ainda que non o creades todos queremos PAZ ,AMOR e FELICIDADE.
Uns dalí e outros dalá, estemos onde estemos, témolo que lograr.
Viva a PAZ no noso interior
Viva a PAZ no noso corazón.