A bolboreta é un insecto lepidóptero que,despois de ter superado o estado de larva,presenta dous pares de ás.As ás están recubertas por escamas microscópicas que se lles desprenden con só tocarlle,semellando,ó tacto e a vista,un po suave.Hai sinónimos de bolboreta como choruma e papoia.A bolboreta nocturna denomínase avelaíña.
CARACTERÍSTICAS
-As pezas bucais transformaronse nunha trompa que
succiona e que se enrola nunha espiral.
-A cor das ás débese polo xeral a efectos ópticos das escamas máis que a pigmentos.
-As ás están cubertas de escamas de diversas cores que xeralmente trazan debuxos moi coloridos.
CICLO DE VIDA
Nacen de ovos que deixan as bolboretas femias nunha planta específica.Nacen como larvas vermiformes (semellantes a vermes) chamadas eirugas e comen vorazmente as follas ou talos tenros á vez que crecen rapidamente. Nun momento do seu desenvolvemento, a eiruga protéxese dentro dun casulo e alí transfórmase en crisálida. Neste estado non se alimenta e sofre grandes cambios metabólicos e morfolóxicos, que no seu conxunto é chamado metamorfose. A bolboreta adulta sae rompendo o esqueleto externo da crisálida. Para entrar na fase de crisálida a eiruga busca un lugar resgardado ou constrúe un casulo, como ocorre por exemplo na bolboreta da seda.
Machos e femias búscanse activamente, empregando as bolboretas diúrnas como guía visual o seu bater de ás característico, e empregando as nocturnas o sentido do olfacto. Tras a fecundación, a femia pon varios centos ou milleiros de ovos. Nalgúns casos a vida adulta é breve, vivindo só o tempo necesario para asegurar a reprodución.
TIPOS DE BOLBORETAS
bolboreta nocturna
bolboreta tigre
bolboreta sagrada
bolboreta pavón