SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
A nota de cada avaliación será a media ponderada dos seguintes apartados:
a) Traballo en clase→ 40%
b) Actitude e comportamento→ 20%
c) Probas escritas→ 40%
As probas escritas citadas no apartado (c) fan referencia ás que se levarán a cabo ao finalizar cada unidade didáctica e a proba de avaliación.
As probas escritas no módulo científico matemático sempre terán dúas partes, Ciencias da Natureza e Matemáticas, que contribuirán cun 50% cada unha delas á nota final da proba escrita. Esixirase unha nota mínima de tres sobre dez en cada unha de ambas as dúas partes para así poder facer a ponderación anteriormente citada. No caso contrario, a avaliación será negativa independentemente do resto de apartados.
Ante a posibilidade, de avaliación negativa, se ofertará a oportunidade de recuperación a través das correspondentes probas escritas que serán convocadas con suficiente antelación.
A nota das avaliacións tanto ordinaria coma extraordinaria consistirá nun exame escrito composto por 10 actividades de matemáticas e 10 de ciencias naturais que ponderará cada un un 50% e só se fará media se están os dous aprobados e se se presentan os traballos de aula.
Terase en conta as propostas de mellora,feitas por parte da CCP e do Claustro de Profesores, o Consello Escolar que aprobou por unanimidade, na súa reunión do 30 de xuño de 2010, en canto á competncia lingüística de premiar a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía, en todas as materias, cun mínimo de 0,5 puntos en cada proba realizada e en canto a competencia matemática de traballar máis na resolución de problemas,darlle aos alumnos estratexias, facelos pensar, fomentando neles a visión crítica e traballar na interpretación de gráficos e achegar as ciencias á realidade mediante a realización de exercicios prácticos.