3º de ESO
Asignatura: Bioloxía e Xeoloxía |
Profesores: Guiomar Vazquez Nogueiras |
Unidade 1. A organización do corpo humano
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece a estrutura básica das células humanas.
- Coñece o concepto de diferenciación celular, os tipos de tecidos humanos e as principais funcións que realizan.
- Distingue entre tecidos, órganos, aparatos ou sistemas que forman o corpo humano.
- Recoñece a importancia dos transplantes e da doazón, como instrumentos para mellorar a vida das persoas.
- Competencia matemática:
- Analiza un diagrama de barras das causas de morte dos doadores de órganos.
- Constrúe un diagrama de sectores das causas de morte dos doadores de órganos durante o ano 2007.
- Representa nunha gráfica lineal as causas de morte por accidente de tráfico e por accidente cerebrovascular dende 1992 ata 2007.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos, como heterótrofo, eucariótica, cromatina, citoplasma, tecido, órgano, transplante, doazón.
- Constrúe frases coherentes a partir duns termos dados.
- Analiza e comprende textos sobre as células nai e os grupos sanguíneos.
- Elabora un breve informe acerca da importancia da doazón de órganos e dos transplantes.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en vídeos, enciclopedias, dicionarios ou internet acerca dos autotransplantes e os xenotransplantes para coñecer exemplos deles.
- Busca o significado de termos científicos como embrión e diferenciación.
- Visualiza o vídeo «A reprodución celular e os tecidos» e a simulación «A célula humana» en 3D para reforzar os contidos relacionados con estes temas.
- Realiza as actividades interactivas propostas para esta unidade.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a importancia dos transplantes como instrumento para restaurar a saúde.
- Valora a doazón como un acto solidario e altruísta que permite seguir vivindo a outras persoas ou mellorar as súas condicións de vida.
- Competencia para aprender a aprender:
- Organiza en táboas a información relativa ao funcionamento e á estrutura dos componentes celulares, dos tipos de tecidos humanos e das funcións destes.
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Coñece a técnica de montaxe dunha preparación de células humanas.
- Interpreta e distingue varios tipos de tecidos a partir de fotografías.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Traballa «a curiosidade científica» de xeito autónomo para coñecer as diferentes formas que teñen as células e os pasos do proceso de doazón de órganos.
- Completa unha táboa de compatibilidade entre grupos sanguíneos.
- Interésase por coñecer e practicar con rigor as técnicas de traballo en laboratorio.
- Competencia cultural e artística:
- Recoñece a importancia do debuxo e da fotografía no estudo da célula e dos tecidos.
- Mostra creatividade e pulcritude ao debuxar algún orgánulo e ao elaborar un cartel publicitario a favor da doazón.
Unidade 2. A alimentación e a nutrición
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece os principais nutrientes que nos achegan os alimentos e o papel que estes realizan no organismo.
- Coñece a nova roda dos alimentos.
- Relaciona a dieta equilibrada co bo nivel de saúde e valora a importancia da dieta mediterránea na nosa cultura.
- Comprende a importancia dunha correcta hixiene e conservación dos alimentos para manter un bo estado de saúde.
- Competencia matemática:
- Calcula a enerxía que proporcionan as cantidades de diversos alimentos.
- Calcula a achega nutricional que debe proporcionarnos unha dieta.
- Calcula o IMC dun grupo de persoas e constrúe un diagrama de barras cos resultados.
- Calcula porcentaxes a partir duns datos dados.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados cos coñecementos adquiridos, como nutriente, dieta, nutriente esencial, enfermidade carencial, intoxicación alimentaria, etc.
- Constrúe frases coherentes a partir duns termos dados.
- Escribe correctamente frases erróneas.
- Utiliza a linguaxe oral para expresar opinións sobre a anorexia e a bulimia.
- Redacta unha breve biografía de sir Francis Drake.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información de enciclopedias, dicionarios ou internet sobre a conservación dos alimentos e a enfermidade dos mariñeiros, para redactar informes breves.
- Visualiza os vídeos «A dieta saudable», «O leite», «Cadea de produción» e «Dous mercados» para afianzar os contidos da unidade.
- Realiza as actividades interactivas da unidade.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a importancia de coñecer o IMC para adoptar medidas encamiñadas a previr enfermidades como a obesidade ou a anorexia e mostra respecto polas persoas que presentan algún trastorno nutricional.
- Recoñece a importancia que ten a información que proporcionan as etiquetas sobre os alimentos.
- Competencia para aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Organiza en táboas a información relativa aos nutrientes que conteñen os alimentos e a función que realizan.
- Detecta frases falsas sobre os contidos e transfórmaas en verdadeiras.
- Clasifica os alimentos segundo a función que realizan a partir de fotografías e debuxos.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Analiza e elabora dietas e valora cal resulta máis saudable.
- Razoa a necesidade de utilizar o frigorífico para conservar os alimentos.
- Propón unha hipótese sobre como se pode erradicar o escaravello da pataca tomando como modelo o proposto na unidade para a penca do tomate.
- Competencia cultural e artística:
- Valora a importancia da dieta mediterránea na nosa cultura.
- Valora a importancia de Francisco Grande Covián polos seus estudos sobre a dieta.
Unidade 3. Aparatos para a nutrición
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Sabe describir os aparatos e sistemas e os procesos relacionados coa nutrición, usando termos científicos introducidos na unidade.
- Relaciona a función individual que realiza cada aparato para levar a cabo a función de nutrición do organismo.
- Competencia matemática:
- Sabe interpretar datos numéricos sobre o contido de gases no aire e no sangue para explicar, de forma cuantitativa, o intercambio gasoso.
- Interpreta os datos numéricos dos parámetros analizados nunha análise de sangue.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados cos coñecementos adquiridos, como epiglote, cardia, píloro, quilo, inspiración, expiración, etc.
- Constrúe frases coherentes a partir duns termos dados.
- Escribe correctamente frases erróneas.
- Redacta textos para describir como acontecen certos procesos, como a dixestión de azucres complexos, o percorrido que realiza un glóbulo vermello ao longo do sistema circulatorio.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en vídeos, enciclopedias, dicionarios ou internet para definir os termos patóxeno e coagulación sanguínea.
- Localiza en internet as enfermidades máis frecuentes relacionadas coa nutrición para elaborar un glosario.
- Visualiza o vídeo «A respiración» para relacionar a información contida nel sobre o intercambio gasoso coa estudada na unidade.
- Realiza as actividades interactivas incluídas na web www.anayadigital.com para reforzar algúns contidos estudados.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a importancia de adquirir hábitos saudables para previr algunhas enfermedades relacionadas coa nutrición.
- Competencia para aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Interpreta debuxos esquemáticos da anatomía dos aparatos e sistemas estudados.
- Organiza a información mediante resumos, táboas e esquemas conceptuais sobre as características e a función de cada un dos aparatos e sistemas relacionados coa nutrición.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Redacta un informe sobre os efectos que o fume do tabaco pode producir sobre os bronquios e, polo tanto, para a saúde do aparato respiratorio.
- Interpreta análises de sangue para descubrir se a persoa pode padecer ou non algunha enfermidade.
- Competencia cultural e artística:
- Valora a importancia das investigacións realizadas por algúns científicos para o descubrimento da circulación sanguínea.
- Valora a importancia de realizar debuxos esquemáticos das partes dos diferentes aparatos e sistemas estudados na unidade.
Unidade 4. A función de relación
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece a anatomía e o funcionamento dos aparatos implicados na función de relación.
- Coñece as partes dos órganos dos sentidos e da neurona.
- Recoñece os elementos que interveñen nun acto reflexo e nun acto voluntario.
- Elabora esquemas sobre a regulación hormonal.
- Sabe os principais ósos e músculos do sistema esquelético e do sistema muscular humanos.
- Competencia matemática:
- Calcula a taxa de alcoholemia.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados cos coñecementos adquiridos, como estímulo, resposta, neurona, hormona, receptor, efector, glándula endócrina, articulación.
- Constrúe frases con termos dados.
- Escribe correctamente frases erróneas.
- Redacta un breve informe sobre a influencia do consumo de alcohol nos accidentes de tráfico.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en enciclopedias, dicionarios ou internet acerca da influencia do consumo de alcohol nos accidentes de tráfico e sobre as dependencias que provocan algunhas substancias para elaborar breves informes.
- Visualiza as simulacións «O esqueleto», «A musculatura» e «A función de relación» e o vídeo «Hábitos posturais».
- Realiza as actividades interactivas da unidade.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a importancia de poñer en práctica medidas para o coidado dos aparatos vinculados coa relación, como non consumir substancias tóxicas, evita situacións de risco e modifica os hábitos posturais.
- Valora a importancia de técnicas, como a resonancia magnética funcional no diagnóstico e prevención de enfermidades do sistema nervioso.
- Competencia para aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Interpreta debuxos esquemáticos dos elementos que interveñen nun acto reflexo e nun acto voluntario.
- Elabora esquemas de como elabora a resposta o sistema nervioso cando queimamos un dedo coa lapa dunha candea.
- Organiza a información mediante resumos, táboas e esquemas conceptuais sobre as características dos aparatos vinculados coa relación.
- Interpreta debuxos esquemáticos da neurona, do oído, do ollo, e do sistema endócrino e do acto reflexo, e identifica as partes do encéfalo.
- Identifica en ilustracións os principais ósos e músculos do aparato locomotor humano.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Valora a importancia do coidado dos aparatos vinculados coa relación.
- Competencia cultural e artística:
- Valora a importancia de Santiago Ramón y Cajal no descubrimento da sinapse.
Unidade 5. A reprodución humana
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece os cambios que se producen durante a adolescencia.
- Distingue as partes dos aparatos reprodutores masculino e feminino, e as funcións que realizan.
- Explica e interpreta esquemas sobre a formación dos gametos, dos ciclos do ovario e do útero, e a formación dun novo ser.
- Recoñece a importancia do coidado dos aparatos reprodutores.
- Competencia matemática:
- Analiza un gráfico sobre o ritmo das contraccións do útero ao principio e ao final da dilatación.
- Elabora un diagrama de barras sobre o número de casos de sida dende o ano 1981 ata o ano 2008 e interpreta datos sobre o grao de seguridade dalgúns métodos anticonceptivos.
- Calcula porcentaxes sobre datos relativos aos permisos de paternidade.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos, como condutos deferentes, trompas de Falopio, espermatoxénese, ovoxénese, corpo lúteo, endometrio, menstruación, sexo, sexualidade, etc.
- Expresa o significado dalgunhas expresións, como, por exemplo, «O endometrio se engrosa e vascularízase» e relaciona conceptos coas súas definicións.
- Opina sobre dúas noticias de prensa relacionadas coa igualdade de xénero.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en vídeos, enciclopedias, etc., acerca das profesións só de mulleres ou só de homes para elaborar un breve informe e expresar as súas opinións ao respecto. Obtén información sobre a síndrome de Down.
- Busca o significado de termos científicos, como embrión e diferenciación.
- Visualiza o vídeo «As ecografías».
- Realiza as actividades interactivas propostas para esta unidade.
- Competencia social e cidadá:
- Toma conciencia dos cambios que acontecen durante a adolescencia para aceptar a propia realidade.
- Valora a importancia do coidado que deben ter as mulleres embarazadas para o bo desenvolvemento do feto e de manter a hixiene dos aparatos reprodutores para evitar enfermidades.
- Toma conciencia da importancia que teñen para algunhas persoas os métodos de reprodución asistida e do aspecto ético do traballo con embrións humanos.
- Valora os avances da ciencia, como a técnica da amniocentese para coñecer o desenvolvemento do feto.
- Competencia para aprender a aprender:
- Organiza en táboas e identifica en debuxos as partes dos aparatos reprodutores, e realiza esquemas da clasificación das enfermidades de transmisión sexual.
- Debuxa un espermatozoide e un óvulo e indica as súas partes, os procesos da espermatoxénese e da ovoxénese, e interpreta esquemas do ciclo ovárico, do útero e de todas as etapas da formación dun novo ser.
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Busca información sobre a lei de paternidade e expón opinións sobre ela.
- Competencia cultural e artística:
- Toma conciencia da importancia dos avances da ciencia.
Unidade 6. A saúde e a enfermidade
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece, a través da elaboración de esquemas ou táboas, as características dos tipos de enfermidades e as causas que as producen.
- Comprende como se produce a resposta defensiva do organismo.
- Coñece a importancia dos soros e das vacinas para a defensa contra os organismos patóxenos.
- Competencia matemática:
- Interpreta unha táboa cos datos de temperatura corporal dunha persoa durante un proceso gripal, e posteriormente elabora, a partir deles, unha gráfica.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados coas enfermidades e as defensas: saúde, determinante da saúde, organismo patóxeno, vector de transmisión, vacina, antibiótico, etc.
- Expresa diferenzas entre dous conceptos dados, como transmisión directa e indirecta, inmunidade innata ou adquirida, etc.
- Redacta un informe para explicar como se realiza a manobra de Heimlich.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en vídeos, enciclopedias, dicionarios, etcétera, para definir os termos ou formular algún debate na clase.
- Utiliza os recursos ofrecidos na web www.anayadigital.com para afianzar a comprensión de determinados conceptos.
- Busca información en internet para coñecer a diferenza entre pandemia e epidemia.
- Competencia social e cidadá:
- Entende a importancia da utilización responsable dos medicamentos e, en particular, dos antibióticos para que sigan sendo eficaces.
- Valora a importancia das vacinas e dos soros na loita contra as enfermidades infecciosas.
- Competencia de aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual sobre os contidos aprendidos.
- Identifica en debuxos esquemáticos a resposta inmune humoral.
- Interpreta algún experimento sinxelo sobre a elaboración de soros e xustifica a súa utilización.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Propón unha hipótese para explicar por que os animais curan as feridas lambéndose.
- Expresa opinións sobre a relación entre os índices de mortalidade a nivel mundial e os determinantes da saúde.
- Competencia cultural e artística:
- Valora a importancia das investigacións realizadas por algúns científicos para o descubrimento das vacinas, os antibióticos e outros medicamentos.
Unidade 7 A cambiante superficie da Terra
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece a dinámica da atmosfera e da hidrosfera, así como a enerxía responsable dela.
- Coñece o significado dos elementos que aparecen no mapa do tempo.
- Recoñece os elementos máis significativos do relevo nos mapas topográficos.
- Coñece e diferencia os tipos de minerais e rochas que forman a codia.
- Competencia matemática:
- Utiliza a linguaxe matemática para operar con escalas, calcular distancias e pendentes entre dous puntos dun mapa topográfico, levantar perfís, etc.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos, como isóbara, borrasca, escorremento, vento, etc.
- Expresa diferenzas entre dous conceptos dados, como, por exemplo, metamorfismo térmico e dinamotérmico.
- Constrúe frases coherentes a partir duns termos dados.
- Elabora un texto no que se explique a relación que hai entre a inclinación do eixe da Terra, a distribución irregular da enerxía solar na superficie terrestre e a circulación dos ventos.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en www.anayadigital.com sobre a circulación global dos ventos, a formación das rochas e o ciclo litolóxico.
- Busca o significado de termos científicos, como litolóxico.
- Visualiza o vídeo «As estacións» e a simulación «A formación de carbón e de petróleo » para reforzar estes contidos.
- Realiza as actividades interactivas proposta para esta unidade.
- Competencia social e cidadá:
- Comprende a importancia que ten a predición do tempo atmosférico para a realización de todo tipo de eventos.
- Valora a importancia da utilización dos mapas topográficos
- Competencia para aprender a aprender:
- Organiza en táboas, esquemas ou debuxos información relativa aos procesos xeolóxicos, ao movemento do aire producido pola enerxía solar, ás formas de cristalización dos minerais, á clasificación das rochas, etc.
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Constrúe perfís topográficos.
- Interpreta o relevo en mapas topográficos.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Ten iniciativa para buscar mapas meteorolóxicos na prensa ou en internet e, a partir deles, facer un mapa significativo e predicir o tempo.
- Interpreta mapas topográficos.
- Deduce, a partir do aspecto externo dunha rocha metamórfica, o tipo de metamorfismo que a orixinou.
- Competencia cultural e artística:
- Recoñece a importancia da predición do tempo meteorolóxico en caso de fortes tormentas, vendavais, etc., para evitar grandes danos.
Unidade 8. O modelado do relevo
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Xustifica as accións modeladoras do relevo dos distintos axentes xeomorfolóxicos.
- Coñece os principais procesos de meteriozación.
- Diferencia os tramos dun río e describe o modelado fluvial.
- Coñece a orixe das augas subterráneas e comprende o modelado cárstico.
- Relaciona os principais movementos das augas mariñas coa orixe dos modelados litorais.
- Comprende a acción xeolóxica dos glaciares e do vento.
- Competencia matemática:
- Manexa datos numéricos sobre o grao de redondez dos fragmentos de rocha que arrastra un río para obter conclusións sobre o transporte destes.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados cos coñecementos adquiridos como meteorización física, meteorización química, etc.
- Completa frases utilizando os termos axeitados.
- Redacta un texto para explicar como se orixinou un relevo.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Selecciona e extrae a información contida en vídeos, enciclopedias, dicionarios ou internet para describir como se forma un oasis ou interpreta unha fotografía dun relevo.
- Realiza as actividades interactivas incluídas na web www.anayadigital.com para reforzar algúns contidos estudados.
- Visualiza as presentacións e os vídeos incluídos na web www.anayadigital.com para ampliar algúns contidos.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a importancia do estudo do relevo e dos factores que inflúen no seu modelado para predicir os posibles riscos xeolóxicos.
- Competencia para aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Interpreta e realiza debuxos esquemáticos dalgunhas formas do modelado e dos procesos que as orixinan.
- Organiza a información mediante resumos, táboas e esquemas conceptuais sobre as formas do modelado e os procesos que as orixinan.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Propón solucións para resolver ou reducir os riscos naturais e os impactos ambientais de determinadas paisaxes.
- Competencia cultural e artística:
- Recoñece os valores culturais e sociais que existen nas paisaxes e responsabilizarse de protexelos.
Unidade 9. O ser humano e o medio.
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
- Coñece e establece unha clasificación dos recursos naturais.
- Relaciona o uso dos recursos con problemas ambientais, como o seu esgotamento, a contaminación e a xeración de residuos.
- Coñece as consecuencias globais dos impactos ambientais, como o efecto invernadoiro, a chuvia ácida, o burato da capa de ozono, etc.
- Coñece os principios básicos do desenvolvemento sustentable.
- Competencia matemática:
- Calcula o volume total de auga da Terra e o volume da auga doce contida nos diferentes recipientes hídricos.
- Analiza unha gráfica para obter conclusións sobre a influencia da concentración de CO2 na temperatura da superficie terrestre.
- Competencia en comunicación lingüística:
- Define conceptos relacionados cos recursos naturais, como recurso natural, potabilización, depuración, residuo, RSU, desenvolvemento sostible, contaminación, efecto invernadoiro, deforestación, cambio climático, impacto ambiental, etc.
- Constrúe frases coherentes a partir duns termos dados.
- Elabora un informe breve acerca do desenvolvemento sustentable.
- Utiliza a linguaxe oral para expresar opinións sobre a conveniencia de utilizar un tipo de enerxía ou outra.
- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:
- Busca e selecciona información en internet acerca do mal da pedra, o Protocolo de Kyoto e sobre as partículas sólidas en suspensión para elaborar os informes ou contestar as preguntas que se piden nas actividades correspondentes.
- Realiza as actividades interactivas incluídas na web www.anayadigital.com para reforzar algúns contidos estudados.
- Visualiza as presentacións e os vídeos incluídos na web www.anayadigital.com para ampliar algúns contidos.
- Competencia social e cidadá:
- Valora a natureza como fonte de todos os recursos que utiliza o ser humano.
- Coñece e valora os problemas ambientais que xera o uso de recursos naturais.
- Valora a importancia do desenvolvemento sustentable e das accións individuais de consumo responsable para combater os problemas ambientais.
- Competencia para aprender a aprender:
- Completa un mapa conceptual da unidade a partir dos coñecementos adquiridos.
- Interpreta un gráfico de barras sobre o risco de desertización en España.
- Interpreta os resultados sobre o contido de partículas sólidas en suspensión para coñecer o grao de contaminación do aire.
- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:
- Formula hipóteses para explicar a relación entre os niveis de CO2 atmosférico e o quecemento global.
- Se capaz de decidir o destino que deben seguir os diferentes tipos de residuos sólidos.
- Competencia cultural e artística:
- Recoñece a paisaxe como un recurso natural e aprecia o seu valor estético.
- Analiza unha paisaxe e distingue os seus compoñentes e os seus elementos básicos.
- Coñece cales foron os principais cumios internacionais en materia ambiental.
Unidade 1. A organización do corpo humano
- As características da célula humana. Os orgánulos celulares:
- Elaboración de táboas que mostren as funcións da membrana plasmática, o citoplasma, cos seus orgánulos e o núcleo celular.
- Explicación das diferenzas entre cromatina e cromosomas.
- Identificación dos distintos orgánulos en ilustracións.
- Realización da actividade interactiva «Os orgánulos celulares».
- Os tecidos humanos:
- Elaboración de táboas e esquemas que mostren os principais tecidos humanos e as súas funcións.
- Visualización do vídeo «A reprodución celular e os tecidos».
- Realización da actividade interactiva «Os tecidos humanos».
- Realización no laboratorio da técnica de montaxe dunha preparación de células humanas.
- Órganos, aparatos e sistemas:
- Busca de información sobre as diferentes formas das células.
- Realización da actividade interactiva «Aparatos e sistemas do corpo humano».
- Os transplantes e a doazón:
- Interpretación de datos acerca da porcentaxe de doadores de órganos en España.
- Análise de datos das causas de morte dos doadores de órganos.
- Construción dun diagrama de sectores das causas de morte dos doadores de órganos durante o ano 2007.
- Comprensión da información dun texto sobre grupos sanguíneos, para completar unha táboa de compatibilidades.
- Toma de conciencia da importancia dos transplantes e da doazón como instrumentos para restaurar a saúde.
- Realización da actividade interactiva «Os transplantes».
- Busca de información sobre a importancia das células nai e redacción dun informe sobre elas.
Unidade 2. A alimentación e a nutrición.
- A alimentación e a nutrición. Os nutrientes:
- Diferenciación dos conceptos alimentación e nutrición.
- Clasificación dos alimentos e dos nutrientes que conteñen a partir de fotografías e de debuxos.
- Cálculo da enerxía que nos proporcionan diversos alimentos.
- Relación de distintos alimentos cos seus nutrientes.
- Realización da actividade interactiva «Os nutrientes».
- A dieta. A dieta equilibrada. Outras dietas.
- Interpretación da nova roda dos alimentos.
- Identificación dos alimentos que forman parte da dieta mediterránea a partir de fotografías.
- Elaboración de dietas equilibradas.
- Cálculo da cantidade de nutrientes que necesitamos inxerir nunha dieta.
- Cálculo do índice de masa corporal e interpretación de resultados.
- Visualización do vídeo «A dieta saudable».
- Realización das actividades interactivas «Os alimentos» e «A dieta equibrada».
- Enfermidades de orixe alimentaria. A mal nutrición. As intoxicacións alimentarias.
- Debate sobre algunhas enfermidades de orixe alimentaria, como a anorexia e a bulimia.
- A conservación dos alimentos. Métodos de conservación dos alimentos. Os aditivos alimentarios. Os alimentos transxénicos.
- Busca de información sobre diferentes métodos de conservación, sobre os aditivos alimentarios empregados en diferentes alimentos.
- Visualización do vídeo «O leite».
- Proposición de hipóteses sobre como erradicar o escaravello da pataca.
- Busca de información sobre os alimentos transxénicos e os aditivos alimentarios, que permita coñecer as súas vantaxes e inconvenientes, para adoptar unha actitude responsable acerca do consumo destes alimentos.
- Comercialización e manipulación dos alimentos. A cadea alimentaria. Coidados que debemos ter os consumidores cos alimentos.
- Recollida de información sobre a composición dos alimentos envasados a partir das súas etiquetas.
- Observación dos datos de etiquetaxe e envasado dos alimentos, antes de compralos e de consumilos, polos seus posibles efectos nocivos para a saúde.
- Visualización dos vídeos «Cadea de produción» e «Dous mercados».
- Realización da actividade interactiva «A cadea alimentaria».
- Posta en práctica das normas hixiénicas que debemos ter os consumidores para previr a contaminación dos alimentos no fogar e fóra del.
Unidade 3. Aparatos para a nutrición
- Relación entre os aparatos do corpo humano implicados na nutrición:
- Interpretación de esquemas sobre o intercambio de substancias entre os diferentes aparatos e sistemas do corpo humano.
- O aparato dixestivo, a súa anatomía e funcionamento.
- Localización en esquemas dos diferentes órganos do aparato dixestivo.
- Redacción dun texto sobre o percorrido dos alimentos ao longo do aparato dixestivo.
- Visualización da simulación «A dixestión».
- Realización das actividades interactivas «O aparato dixestivo e a dixestión» e «A dixestión química dos alimentos».
- O aparato respiratorio, a súa anatomía e funcionamento.
- Identificación das partes do aparato respiratorio nun esquema.
- Debuxo de como sucede o intercambio de gases no alvéolo.
- Realización da actividade interactiva «O intercambio gasoso».
- O aparato circulatorio. O sangue. Os vasos sanguíneos. O corazón. O ciclo cardíaco. A circulación sanguínea.
- Elaboración de esquemas que resuman as funcións dos compoñentes do aparato circulatorio.
- Determinación da frecuencia cardíaca dun compañeiro, tras tomarlle o pulso.
- Visualización da simulación «A circulación sanguínea».
- Realización das actividades interactivas «O corazón» e «A circulación sanguínea».
- O sistema linfático e o medio interno. Anatomía do sistema linfático. Funcións do sistema linfático.
- Interpretación de esquemas sobre o intercambio de substancias entre aparato circulatorio e o sistema linfático.
- Visualización da presentación «O equilibrio do medio interno».
- A excreción, o aparato excretor e outros órganos relacionados coa excreción.
- Interpretación dun esquema para relacionar a estrutura dun nefrón coas etapas da formación da urina.
- Realización da actividade interactiva «A excreción».
- A saúde e a función de nutrición.
- Valoración da importancia dos hábitos saudables para previr algunhas enfermidades relacionadas coa nutrición.
- Visualización da presentación «Como lavar os dentes».
Unidade 4. A función de relación
- Concepto de función de relación:
- Elaboración de esquemas de como se produce a función de relación.
- Os receptores e os seus tipos. Os órganos sensoriais:
- Elaboración dunha táboa cos tipos de receptores que pertencen ao olfacto, ao tacto, ao gusto, ao oído e á vista.
- Identificación das partes do oído e da vista en esquemas e modelos.
- Realización da actividade interactiva «Tipos de receptores»
- A coordinación nerviosa. As neuronas e a transmisión do impulso nervioso. O sistema nervioso:
- Identificación, en esquemas, das partes dunha neurona e da transmisión do impulso nervioso nunha sinapse.
- Elaboración dun esquema dos compoñentes do sistema nervioso.
- Elaboración de esquemas que mostren os elementos que interveñen nun acto reflexo e nun acto voluntario.
- Explicación das diferenzas entre un acto reflexo e un acto voluntario.
- Realización da actividade interactiva «As partes da neurona».
- A coordinación endócrina:
- Debuxo dun esquema que explique en que consiste a regulación endócrina.
- O aparato locomotor:
- Identificación en debuxos dos diferentes ósos e músculos.
- Explicación de como funcionan as parellas de músculos.
- Visualización das simulacións «O esqueleto», «A musculatura» e «A función de relación».
- Realización da actividade interactiva «A función do sistema esquelético».
- A saúde e a función de relación:
- Visualización do vídeo «Hábitos posturais».
- Cálculo da taxa de alcoholemia, para coñecer os límites permitidos polas autoridades.
- Redacción dun informe sobre a influencia do consumo de alcohol nos accidentes de tráfico.
- Busca de información sobre o que significa a dependencia respecto a unha substancia.
Unidade 5. A reproducción humana
- A reprodución humana. A puberdade e a adolescencia:
- Explicación da diferenza entre sexo e sexualidade.
- Interpretación dunha gráfica sobre os cambios que se producen na adolescencia.
- Elaboración de táboas que mostren os diferentes cambios que se producen durante a adolescencia nos rapaces e nas rapazas.
- Os aparatos reprodutores masculino e feminino:
- Identificación das distintas partes dos aparatos reprodutores en ilustracións ou esquemas.
- Elaboración de táboas coas partes do aparato reprodutor masculino e coas do feminino.
- Realización da actividade interactiva «O aparato reprodutor feminino».
- Os espermatozoides e a súa formación. Os óvulos e a súa formación:
- Debuxo dun espermatozoide e dun óvulo para indicar as súas partes.
- Debuxo da espermatoxénese e da ovoxénese.
- O ciclo ovárico e a ovulación. O ciclo do útero e a menstruación:
- Interpretación de esquemas sobre o ciclo menstrual e o ciclo ovárico.
- Análise de esquemas que mostran a regulación hormonal dos ciclos ováricos e do útero.
- Realización da actividade interactiva «Órganos, gametos e hormonas sexuais».
- A fecundación. O embarazo. O parto:
- Localización sobre un debuxo dos procesos de fecundación e implantación.
- Identificación en debuxos das fases do parto.
- Interpretación de gráficas sobre as contraccións uterinas.
- Elaboración dunha táboa que mostre os cambios que experimenta o feto durante o embarazo.
- Realización da actividade interactiva «As fases do parto».
- Valoración da importancia da amniocentese para coñecer o desenvolvemento do feto.
- Métodos anticonceptivos. A reprodución asistida:
- Interpretación de datos sobre o grao de seguridade de diferentes métodos anticonceptivos.
- Análise de esquemas sobre a fecundación in vitro.
- Realización da actividade interactiva «Os métodos anticonceptivos».
- As enfermidades de transmisión sexual. Trastornos asociados á reprodución. Hábitos saudables do aparato reprodutor:
- Toma de conciencia da importancia que ten para algunhas persoas a reprodución asistida.
- Clasificación nunha táboa das enfermidades de transmisión sexual.
- Elaboración de gráficos sobre os casos de sida en España dende 1981 ata 2008.
- Toma de conciencia de que as mulleres e os homes poden realizar calquera profesión.
Unidade 6. A saúde e a enfermidade
- A saúde e os seus determinantes:
- Interpretación dun mapa sobre índices de mortalidade.
- Interpretación dunha imaxe para explicar os determinantes da saúde.
- Realización da actividade interactiva «Os determinantes da saúde».
- A enfermidade e os seus tipos:
- Elaboración de táboas e esquemas para comparar as características das enfermidades infecciosas e non infecciosas.
- Interpretación de imaxes sobre os mecanismos de transmisión das enfermidades.
- Visualización do vídeo «A transmisión dunha enfermidade pola picada dun mosquito ».
- Realización da actividade interactiva «Os tipos de enfermidades».
- O organismo deféndese. As defensas do organismo. A inmunidade innata e a adaptativa:
- Utilización do dicionario para encontrar o significado das palabras inflamación e específico.
- Elaboración de táboas para resumir os elementos e procesos relacionados cos tipos de inmunidade.
- Interpretación dun esquema para relacionar os elementos que interveñen na resposta humoral primaria.
- Realización da actividade interactiva «Os tipos de inmunidade».
- Axudamos ao organismo. As vacinas. Os soros. Os medicamentos:
- Redacción dun informe a partir da información obtida na web www.anayadigital.com sobre Pasteur, Koch e Fleming.
- Interpretación dunha táboa numérica sobre a evolución da febre dunha persoa con gripe e tratada con antipiréticos.
- Realización da actividade interactiva «Vacinas, soros e medicamentos».
- Primeiros auxilios:
- Reacción dun texto sobre como se leva a cabo a manobra de Heimlich.
- Elaboración dun mural sobre os hábitos de vida saudable.
Unidade 7. A cambiante superficie da Terra
- A enerxía cambia a Terra. A enerxía terrestre e os procesos xeolóxicos:
- Debuxo que explique por que todos os puntos da superficie terrestre non reciben a mesma cantidade de enerxía solar.
- Elaboración dun esquema que relacione os dous tipos de procesos xeolóxicos que cambian a superficie da Terra.
- Visualización do vídeo «As estacións».
- Realización da actividade interactiva «Enerxías e procesos xeolóxicos».
- A dinámica atmosférica. A circulación do aire. Os ventos e a presión atmosférica:
- Debuxo que explique como a enerxía solar produce o movemento do aire.
- Explicación de por que a presión atmosférica non é igual en toda a superficie terrestre.
- A dinámica da hidrosfera. Evaporación. Formación de nubes. Precipitacións. Escorremento e augas subterráneas:
- Debuxo do ciclo da auga.
- Explicación sobre como se forman as nubes e por que se desencadean as precipitacións.
- O tempo atmosférico e o seu estudo. O clima:
- Realización de mapas significativos do tempo, a partir de mapas meteorolóxicos de prensa ou de internet.
- Facer predicións do tempo a partir de mapas meteorolóxicos.
- Toma de conciencia da importancia das predicións do tempo para previr catástrofes naturais.
- O relevo terrestre. A representación do relevo:
- Resolver problemas de escalas de mapas topográficos.
- Realización de perfís topográficos.
- Interpretación do relevo en mapas topográficos.
- Os minerais: a súa formación e os seus tipos. As rochas:
- Elaboración de táboas sobre a clasificación dos minerais e das rochas.
- Realización da actividade interactiva «Clasificar minerais».
- As rochas magmáticas e metamórficas:
- Confección dun debuxo da formación das rochas magmáticas e metamórficas.
- Realización da actividade interactiva «Clasificar rochas».
- As rochas sedimentarias. A formación das rochas sedimentarias. Os fósiles. Os tipos de rochas sedimentarias. Os combustibles fósiles:
- Interpretación de esquemas que mostran a formación das rochas sedimentarias.
- Recoñecemento en fotografías dos diferentes tipos de rochas.
- Busca de información sobre o ciclo litolóxico.
- Elaboración dun texto que explique o proceso de formación do carbón e do petróleo.
- Interpretación de esquemas que mostran a formación do carbón e do petróleo.
- Visualización da simulación «A formación de carbón e petróleo».
Unidade 8. O modelado do relevo
- O modelado do relevo e os procesos exóxenos:
- Realización de esquemas para resumir os factores que inflúen no modelado do relevo.
- A meteorización. Tipos de meteorización. Meteorización e seres vivos:
- Debuxo de como sucede a criofracción.
- Redacción dun texto para explicar o papel dos seres vivos na formación dos solos.
- Interpretación dunha hipótese sobre cal foi a orixe dun determinado relevo a partir duns datos do terreo.
- A acción xeolóxica das correntes de auga. As correntes de auga. As augas salvaxes ou de enxurrada. Os torrentes:
- Visualización do vídeo «A acción da auga».
- Debuxo das partes dun torrente.
- Os ríos. O modelado no curso alto. O modelado no curso medio. O modelado no curso baixo:
- Identificación en fotografías ou debuxos dos diferentes cursos dun río.
- Recoñecemento nun esquema das diferentes modalidades de transporte fluvial.
- Localización de zonas con torrentes a través de fotografías aéreas ou de satélite.
- A acción xeolóxica das augas subterráneas. Auga subterránea e modelado. O modelado cárstico:
- Identificación en fotografías, diapositivas ou debuxos, das principais formas cársticas.
- Resolución de problemas relacionados cos acuíferos.
- Interpretación dun corte xeolóxico dun terreo cárstico para obter conclusións sobre o posible risco xeolóxico na zona.
- A acción xeolóxica do mar. As formas do modelado costeiro:
- Debuxo da evolución dun acantilado a plataforma de abrasión.
- Elaboración dunha táboa para explicar os movementos da auga dos mares e a súa acción xeolóxica.
- A acción xeolóxica dos glaciares. As partes dun glaciar e a súa acción:
- Recoñecemento en fotografías ou debuxos das partes dun glaciar.
- Realización da actividade interactiva «As partes dun glaciar».
- A acción xeolóxica do vento. Así actúa o vento. As formas do modelado eólico:
- Identificación en fotografías ou debuxos dos tipos de deserto.
- Elaboración dun informe sobre como se forma un oasis.
Unidade 9. O ser humano e o medio
- Os recursos naturais: tipos e principais impactos ambientais xerados polo seu uso:
- Definición e explicación das diferenzas entre recurso renovable e non renovable.
- Definición de impacto ambiental.
- Debate sobre a necesidade de utilizar as enerxías renovables.
- Realización da actividade interactiva «Tipos de recursos naturais».
- Os recursos enerxéticos: as enerxías renovables e non renovables. O sistema enerxético actual e a xestión da enerxía:
- Organización nunha táboa das vantaxes e desvantaxes das diferentes fontes de enerxía.
- Proposta de medidas para o aforro enerxético.
- Os recursos hídricos. Os usos consuntivos e non consuntivos da auga. A xestión da auga e problemas causados polo uso irresponsable da auga:
- Explicación das diferenzas entre uso consuntivo e uso non consuntivo da auga.
- Organización nunha táboa das actividades da vida diaria na que se consume auga e proposta de medidas de aforro.
- Deseño dun cartel publicitario destinado a promover o aforro de auga.
- O ciclo urbano da auga: a captación, a potabilización e a depuración:
- Explicación da importancia da depuración das augas residuais.
- Redacción dun texto explicativo sobre o proceso de depuración das augas.
- Realización da actividade interactiva «A depuración das augas residuais».
- A biodiversidade, o solo, os minerais e as rochas: problemas derivados do seu uso:
- Explicación de como se produce a perda progresiva do solo.
- Interpretación dun gráfico sobre a porcentaxe de desertización do territorio español.
- Os problemas globais. A perda de biodiversidade, a contaminación atmosférica e os residuos e a súa xestión:
- Explicación da influencia do aumento da poboación nos problemas ambientais.
- Interpretación dun mapa da deforestación a nivel mundial.
- Determinación do grao de contaminación da auga e do aire empregando diversas técnicas.
- Realización da actividade interactiva «Cada residuo ao seu colector».
- Solucións globais. O desenvolvemento sustentable:
- Redacción dun texto sobre as medidas para contribuír ao desenvolvemento sustentable.
- Realización da actividade interactiva «Accións para alcanzar o desenvolvemento sustentable ».
- Realización dun cuestionario para coñecer como é a pegada ecolóxica que deixamos no planeta.
TEMPORALIZACIÓN POR UNIDADES
1ª AVALIACIÓN
• Unidade 1: A organización do corpo humano. Temporalización 4 sesións
• Unidade 2: A alimentación e a nutrición. Temporalización 8 sesións
• Unidade 3: Aparatos para a nutrición.Temporalización 10 sesións
2ª AVALIACIÓN
• Unidade 4: A función de relación. Temporalización 8 sesións
• Unidade 5: A reproducción humana. Temporalización 8 sesións
• Unidade 6: A saúde e a enfermidade. Temporalización 4 sesións
3ª AVALIACIÓN
• Unidade 7: A cambiante superficie terrestre. Temporalización 8 sesións
• Unidade 8: O modelado do relevo.Temporalización 8 sesións
• Unidade 9: O ser humano e o medio. Temporalización 6 sesións
Para actividades de avaliación adicaranse as restantes sesións.
1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos, económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así como as continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os axentes causantes de enfermidades.
Con este criterio preténdese valorar se o alumnado posúe un concepto actual de saúde,e se é capaz de establecer relacións entre as diferentes funcións do organismo, ademais dos factores que teñen unha maior influencia na saúde, como son os estilos de vida.
Ademais, deberá saber distinguir os distintos tipos de enfermidades: infecciosas, hereditarias, por intoxicación, condutuais, ...; relacionando a causa co efecto. Así mesmo deberá comprender os mecanismos de defensa corporal e a acción de vacinas, antibióticos e outras contribucións da ciencia médica na loita contra a enfermidade.
2. Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos de control da natalidade e valorar o uso de métodos de prevención de enfermedades de transmisión sexual.
Trátase de comprobar se as alumnas e os alumnos distinguen o proceso de reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie, da sexualidade entendida como unha actividade ligada a toda a vida do ser humano e de comunicación afectiva e persoal. Deben coñecer, ademais, os trazos xerais anatómicos e de funcionamento dos aparatos reprodutores masculino e feminino e explicar, a partir do seu coñecemento, as bases dalgúns métodos de control de natalidade ou de certas solucións a problemas de infertilidade. Ademais, deben saber explicar a necesidade de tomar medidas de hixiene sexual individual e colectiva para evitar enfermidades de transmisión sexual.
3. Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade de adquirir hábitos alimentarios saudables.
Preténdese avaliar se o alumnado coñece o papel de cada un dos aparatos e órganos implicados na función de nutrición, as relacións entre eles, así como as súas principais alteracións e a necesidade de adoptar determinados hábitos de hixiene. Así mesmo, valorarase o desenvolvemento de actitudes solidarias ante situacións como a doazón de sangue ou de órganos e se relacionan as funcións de nutrición coa adopción de determinados hábitos alimentarios saudables para previr enfermidade e cara a um consumo responsable.
4. Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados en cada caso, identificar os factores sociais que repercuten negativamente na saúde como o estrés e o uso de sustancias aditivas.
Preténdese comprobar que as alumnas e os alumnos saben como se coordinan o sistema nervioso e o endócrino, e aplican este coñecemento a problemas sinxelos que poidan ser analizados utilizando modelos de simulación. Así mesmo, han de caracterizar as súas principais enfermidades, valorar a importancia de adoptar hábitos de saúde mental, e identificar os efectos prexudiciais de determinadas condutas como o consumo de drogas, o estres, a falta de relacións interpersoais sans, as presións dos medios de comunicación, etc.
5. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas sedimentarias.
Trátase de comprobar que o alumnado ten unha concepción dinámica da natureza e que é quen de recoñecer e interpretar, no medio natural ou en imaxes, a acción dos axentes xeolóxicos externos máis importantes. Preténdese tamén avaliar se o alumnado pode explicar a orixe dos distintos tipos de modelado producidos polos axentes xeolóxicos externos, así como a das rochas sedimentarias.
6. Valorar a capacidade para recompilar información procedente de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas no medio, analizar esta información e formular propostas para promover unha xestión máis racional dos recursos naturais.
Trátase de avaliar se o alumnado é quen de identificar a relación que existe entre a explotación dos recursos naturais e determinados impactos e riscos ambientais.
Valorarase a capacidade de realizar investigacións sobre algunhas alteracións concretas producidas polos seres humanos na natureza e son quen de valorar o medio ambiente como un patrimonio da humanidade e argumentar as razóns de certas actuacións individuais e colectivas para evitar o seu deterioro.
7. Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución dalgún problema medio ambiental de actualidade.
Trátase de pescudar se as alumnas e os alumnos son capaces de buscar bibliografía referente a temas de actualidade, como a conservación das especies ou a intervención humana na reprodución, e de utilizar as destrezas comunicativas suficientes para elaborar informes que estruturen os resultados do traballo. Preténdese avaliar tamén se teñen unha imaxe do traballo científico como un proceso en continua construción, que se apoia nos traballos colectivos de moitos grupos, que ten os condicionamentos de calquera actividade humana e que por iso pode verse afectada por variables de distinto tipo.
8. Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas repercusións sobre a saúde e o medio ambiente, identificando interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais.
Trátase de ver se o alumnado é consciente das diferenzas que existen entre as distintos escenarios do mundo como son os diálogos norte – sur, oriente – occidente, as interdependencias da globalización e é capaz de enunciar cales son as consecuencias da sobreexplotación de recursos, a industrialización masiva, etc.
CONTIDOS MÍNIMOS POR UNIDADES
Unidade 1: A organización do corpo humano:
Unidade 2: A alimentación e a nutrición:
Unidade 3: Aparatos para a nutrición:
Unidade 4: A función de relación:
Unidade 5: A reproducción humana:
Unidade 6: A saúde e a enfermidade:
Unidade 7: A cambiante superfície da Terra.
Unidade 8: O modelado do relevo:
Unidade 9: O ser humano e o médio natural.
A LOE aposta por un modelo curricular baseado nunha concepción constructivista da aprendizaxe que ten que ser significativa para o alumnado, o que quere dicir que establece vínculos entre o novo contido que está a aprender e o que xa sabe. lsto facilita que sexa capaz de aplica-las súas aprendizaxes a novos contextos diferentes daqueles nos que aprendeu.
Para facilitar unha aprendizaxe significativa hai que ter en conta os seguintes criterios metodolóxicos:
- Os coñecementos novos resultan de substituir, completar ou modifica-los coñecementos previos que xa tiña o alumno ou alumna.
- O nivel das actividades de aprendizaxe estará entre o que xa sabe facer autonomamente o alumno e o que é quen de facer coa axuda do profesor.
- Os contidos terán unha significatividade lóxica, coherente dende un punto de vista disciplinar e coherente co nivel de madureza cognitiva do alumnado.
- Procurarase no alumno unha actitude favorable á aprendizaxe.
- Hai que potencia-la memoria, pero sobre todo a memoria comprensiva que é capaz de actualizar, cando os necesitamos, os coñecementos aprendidos.
A presencia de tres tipos de contidos -conceptuáis, procedementais e actitudinais- e o feito de que non todos se aprenden da mesma forma, fai necesario o deseño de diferentes estratexias de actuación na aula.
Os contidos conceptuais (feitos,datos,conceptos e sistemas conceptuais) tampouco se aprenden da mesma forma.
Os feitos e os datos apréndanse por repetición ou memoria mecánica, esta aprendizaxe esquécese con facilidade, por iso precisa de repaso. Para que estas aprendizaxes permanezan na memoria a longo prazo, resulta esencial que se realicen en contextos significativos.
Os sistemas apréndense mediante actividades intelectuais, con comprensión gradual e con actividades organizadas en orde crecente de dificultada.
Os procedementos considéranse aprendidos cando están automatizados e cando se aplican en situacións similares sen necesidade de grande atención. Por exemplo, filtrar unha mestura faise autonomamente, sen estar cunha especial atención, unha vez adquirida esa destreza. Os procedementos apréndanse a partir da presentación do modelo, mediante a explicación dos pasos que se deben seguir, realizándoos coa axuda do profesor e repetindo de seguido a acción de forma consciente e significativa ata a súa automatización.
Os contidos actitudinais apréndanse mediante o exemplo, a observación, a imitación de modelos e a experiencia directa. E fundamental a componente afectiva xa que contribúen á sociabilidade e o establecemento de vínculos. Non se poden reducir á repetición de actividades, senón que precisan dunha interacción persoal e afectiva.
Nas ciencias, a construcción dun significado é un proceso activo e continuo que, interaccionando co medio, busca a comprensión dos feitos naturais, requírese formular e avaliar ideas, hipóteses e modelos, ampliando conceptos operacionais ou organizando as estructuras cognitivas existentes.
No proceso de ensino-aprendizaxe das ciencias non aprendemos por inducción da experiencia, non imos dos feitos ás teorías, senón que procuramos refutar ou verificar por exclusión as hipóteses. Formulamos preguntas axeitadas e buscamos solucións idóneas por ensaio-erro con certos principios heurísticos. 0 rexeitamento das nosas hipáteses, modelos ou teorías por parte da realidade ou evidencia experimental é a única información que obtemos do mundo físico.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
A continuación describense os recursos idóneos para o desenrolo dos temas de Bioloxía e Xeoloxía en terceiro de ESO:
Ó longo do curso, en función da marcha do mesmo, poderían realizarse as seguintes prácticas de laboratorio:
Práctica 1: Manexo da lupa e do microscopio.
Práctica 2: Niveis de organización.
Práctica 4: Microbios e hixene
Práctica 5: Clasificación de medicamentos.
Práctica 6: Roda dos alimentos e análise cualitativo dunha dieta.
Práctica 7: Análise químico e microscópico de alimentos. Detección de fraudes.
Práctica 8: Etiquetas e aditivos.
Práctica 9: Análise cuantitativo de una dieta.
Práctica 10: Maquetas ser humano.
Práctica 11: Dixestión.
Práctica 12: Absorción.
Práctica 13: Disección pulmón.
Práctica 15: Disección dun ril
Práctica 17: O sangue
Práctica 18: Disección do corazón.
Práctica 19: Disección encéfalo e do ollo.
Práctica 20: Órganos dos sentidos.
Práctica 22: Interpretación radiografías.
Práctica 23: Aparato reproductor.
Práctica 24: Exercicios medio natural e realización dun perfil topográfico.
A calificación global en cada unha das avaliacións obterase mediante una dobre avaliación:
Avaliación puntual: terá en conta as probas escritas. Realizarase como mínimo unha por avaliación. Seguindo as medidas de mellora para a ESO do I.E.S. Taboada Chivite nas probas escritas premiarase a boa presentación e a ausencia de faltas ortográficas cun valor máximo de 0,5 puntos en cada proba.
A contribución porcentual á nota de avaliación será do 60 % (6 puntos).
Avaliación continua: terá en conta todo tipo de actividades que se realizan, tanto na aula como fóra dela, en relación coa materia: traballos en grupo, prácticas, actividades extraescolares, actividades complementarias, traballo na casa, cadernos, tratamento da información recollida de diferentes fontes, exposicións orais, respeto polos compañeiros e compañeiras, etc.. . A contribución porcentual á nota será do 40% (4 puntos).
A nota da avaliación obterase sumando as dúas anteriores.
Se resulta inferior a 5 puntos recuperaríase, en principio, só a parte puntual (os exames) tendo en conta os mínimos establecidos na materia, segundo os criterios de avaliación e contidos mínimos que se darán a coñecer ó alumnado afectado. A cualificación obtida poderá ser de apto (5) ou non apto (neste caso a nota final será a máis alta). Esta cualificación “gardaríase” ata comprobar que os demáis aspectos relativos á avaliación continua se superan na seguinte avaliación. No caso contrario manteríases o suspenso.
A cualificación final da materia na convocatoria de xuño será a media aritmética das tres avaliacións. Se ésta é negativa, poderá recuperar a asignatura na convocatoria extraordinaria do mes de setembro. Neste suposto, non se “gardan” avaliacións aprobadas, deberá examinarse dos temas impartidos durante o curso, mediante unha proba escrita na que se terán en conta os mínimos establecidos na materia, según os criterios de avaliación e contidos mínimos que se darán a coñecer ó alumnado afectado. A calificación obtida poderá ser de apto (5) ou non apto (porase a nota que obteña no exame de setembro).
En coordinación co equipo de orientación do centro realizarase unha valoración das características do alumnado en canto a :
Rendemento do alumno.
Personalidade.
Afeccións e interese.
Coñecemento previos do alumnado.
A partir deses datos realizarase propostas de reforzo, ampliación ou A.C.I.
PLAN DE TRABALLO PARA ALUMNOS CON BIOLOXÍA-XEOLOXIA 3º ESO PENDENTE DE SUPERACIÓN.
A asignatura dividímola en tres bloques:
BLOQUE I
BLOQUE II
BLOQUE III
O alumno terá que contestar acuestionarios que se lle propoñan relacionados coa materia do bloque, e realizará unha proba escrita sobre aspectos dos cuestionarios
Nos cuestionario o alumno terá que:
Interpretar gráficos
Completar cadros
Esquematizar conceptos facendo esquemas
Establecer diferencias
Relacionar térmos
Construir frases coherentes relacionadas co conceptos e procesos
Os criterios de avaliación para todos os alumnos con Bioloxia-Xeoloxía de 3º ESO serán:
Se é posible proporanse varias saídas para ver medios naturais:
Observación dun paisaxe granítico nas proximidades do Centro, o mesmo tempo que impactos ambientais de canteiras e areeiras. Outra acitividade que se podería realizar se as circunstancias o permiten sería unha Visita o Parque Natural do Invernadeiro.
Duranteo curso os alumnos practicaran a lectura de textos divulgativos de ciencias. Seguiremos o protocolo establecido polo centro no Plan lector..
O longo do curso os alumnos terán que recoller información de Internet sobre aspectos tratados na programación e presentarán traballos que na súa elaboración e presentación utilizarán os medios informáticos do departamento e do centro.
Analizarase o perfil do alumno repetidor observando a súa situación académica e persoal.
Elaboraranse medidas de atención para este alumnado(pedagóxicas, metodolóxicas e de organización específicas para estes alumnos.
Coordinaciónde todo o equipo docente baixo a dirección do titor e do departamento de orientación do centro
Contacto coas familias
Análisis das distintas avaliacións.
Partimos do convencemento de que os temas transversais deben estar presentes na aula de forma permanente, xa que se refiren a problemas e preocupacións fundamentais da sociedade. En Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO teñen especial importancia cuatro temas transversais : Educación ambiental, Educación para a saúde e sexual, Educación do consumidor e Educación non sexista.
Todo-los temas poden aparecer como contidos conceptuais, como contidos procedimentais, como contidos actitudinais e como actividades extraescolares, con incidencia no campo das actitudes, xa que a educación ambiental debe partir do suposto que a conservación do medio é o resultado dunha actitude por parte dos individuos
Educación ambiental
A Educación ambiental persegue fundamentalmente a comprensión dos problemas ambientais, o fomento de unha conciencia de responsabilidade fronte ó medio e o desenvolvemento de capacidades e técnicas de relación positiva co mesmo. Os contidos de Educación ambiental estan presentes en varios temas de Bioloxía e Xeoloxía. Estos temas debense tratar tanto ó imparti-los contidos básicos nas unidades de ecoloxia e como temas complementarios, que poden ser tratados monograficamente. En temas complementarios poden ampliarse alguns problemas ambientais e seer tratados con certa profundidade.
Algúns dos aspectos ós que se debe prestar maior atención son: a influencia das accións humanas nos ecosistemas, o mantemento da biodiversidade, o desenvolvemento sostible e os grandes problemas ambientais. Estes contidos debense tratar desde o punto de vista de diferentes disciplinas. O tratamento interdisciplinar proporciona ós alumnos e alumnas unha idea máis completa do alcance do problema (causas, efectos e remedios).
Educación para a saúde/Educación sexual
A Educación para a saúde parte dun concepto integral da mesma, como benestar físico e mental individual, social e do medio. A Educación sexual formúlase como unha exixencia natural da formación integral da persoa.
En Bioloxía e Xeoloxía, os aspectos relacionados coa Educación para a saúde e a Educación sexual trátanse fundamentalmente en 3º. O estudio da anatomía e a fisioloxía humanas é o punto de partida para desenvolver un programa de Educación para a saúde que impregna tódolos contidos e que desenvolve puntos tan importantes como os seguintes: a dieta, o estudio dos alimentos, a hixiene, o coñecemento dalgunhas enfermidades, etc.
En canto á Educación sexual, en 3.º abórdanse as cuestións anatómicas e fisiolóxicas relacionadas con este tema, e trátanse de forma monográfica aspectos como as técnicas do control da natalidade e a reproducción asistida, todo iso desde unha posición responsable e científica. Debénse estudia-las enfermidades de transmisión sexual e, especialmente, a SIDA.
Educación do consumidor
A Educación do consumidor presenta os seguintes obxectivos: proporcionar esquemas de decisión adecuados, desenvolve-lo coñecemento dos mecanismos de mercado e os dereitos dos consumidores, e crear unha conciencia de consumidor responsable.
Aspectos relativos ó uso responsable de bens, como a auga, a elección de alimentos adecuados, a presión consumista que acelera o uso dos recursos naturais non renovables, etc., constitúen a aportación da Bioloxía e a Xeoloxía a este tema transversal.
Educación non sexista
A educación para a igualdade formúlase pola necesidade de crear desde a escola unha dinámica correctora das discriminacións, preséntarase á muller no ámbito do traballo científico e en tódolos aspectos da vida cotiá en situacións iguais ás do home. Por outra parte, tanto as imaxes como os textos que se utilicen exclúen calquera discriminación por razón de sexo.