BENVIDO!!!
Disposto a participar no noso concurso? Aquí tes algúns datos sobre a figura misteriosa que te poden axudar:
VIDA E OBRA
- 1933: A súa nai regálalle o seu primeiro libro, “O Mistério do Mohino”, de Joseph Jefferson Farjeon.
- 1934: A falta de recursos da súa familia forza o seu traslado á Escola Industrial Afonso Domingues, onde estuda Cerrallería Metálica.
- 1947: Nace a súa filla Violante.
- 1959: Abandona a Compañía de Seguros na que traballa para exercer de editor literario.
- 1966: Publica o seu primeiro poemario.
- 1969: Afíliase ó Partido Comunista do seu país.
- 1972: Traballa como editorialista no Diário de Noticias.
- 1974: Despois da revolución do 25 de Abril comeza a traballar no Ministerio de Comunicación Social.
- 1985: Outórgaselle o Premio da Crítica polo conxunto da súa obra.
- 1993: Trasládase a Lanzarote.
- 1998: Obtén un importante premio literario.
- 2007: Nace a Fundación que leva o seu nome.
DIXO:
- "A palabra é o mellor que se pode encontrar, a tentativa sempre frustrada para expresar iso ó que, por medio da palabra, chamamos pensamento"
- "É hora de oubear, porque se nos deixamos levar polos poderes que nos gobernan, e non facemos nada por contrarrestalos, pódese dicir que nos merecemos o que temos.”
- "Se o mundo algunha vez consegue ser mellor, só terá sido por nós e connosco.”
- "As tres enfermidades do home actual son a incomunicación, a revolución tecnolóxica e a súa vida centrada no seu triunfo persoal."
- "Non creo en Deus e non me fai falta ningunha. Polo menos estou a salvo de ser intolerante. Os ateos somos as persoas máis tolerantes do mundo. Un crente facilmente pasa á intolerancia. En ningún momento da historia, en ningún lugar do planeta, as relixións serviron para que os seres humanos se acerquen uns ós outros. Pola contra, só serviron para separar, para queimar, para torturar. Non creo en Deus, non o necesito e ademais son boa persoa."
- "Somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos, sen memoria non existimos e sen responsabilidade quizais non merezamos existir."
- "Existen dúas superpotencias no mundo; unha é Estados Unidos; outra, es ti."
- "Penso que todos estamos cegos. Somos cegos que poden ver, pero que non miran."
- "O que realmente nos separa dos animais é a nosa capacidade de esperanza."
- "A vellez comeza cando se perde a curiosidade."
- "Para que serve o arrepentimento, se iso non borra nada do que pasou. O arrepentimento mellor, é simplemente cambiar."
- "Só se nos detemos a pensar nas pequenas cousas chegaremos a comprender as grandes."
SABES QUEN É ?
SE PENSAS QUE SI, VOLTA Ó POST DO BLOG E SIGUE OS PASOS QUE SE INDICAN. PODERÁS GAÑAR UN DOS TRES AGASALLOS QUE SE SORTEARÁN ENTRE TODOS OS ACERTANTES.