V CONCVRSO DE CVLTURA CLÁSICA

ODISEA 2012


A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a séptima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia.

Terá lugar entre os días 6 e 10 de febreiro (primeira fase), e os días 15 e 29 de febreiro de 2012 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario adxunto.

        

Este certame, malia que aberto a todos os  alumnos e as alumnas dos Centros, está dirixido principalmente aos profesores e alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, e non pretende outra cousa que sacar a Cultura Clásica das aulas, alomenos por uns días.

        Recordamos que a idea orixinal deste concurso debémoslla ás profesoras Ángeles Burgos González e María F. Loira Santiago, dos departamentos de Grego e Latín do IES “David Buján” de Cambre, non sendo este máis que unha versión “en liña” do seu concurso.

        Nesta edición volveremos a contar coa participación das seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, e por primeira vez participará no concurso Catalunya grazas á Associació de Professorat de Llengües Clàssiques (APLEC).

A súa celebración coincidirá nas mesmas datas en todas as Seccións.

        As preguntas cinxiranse ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que se ensina nos centros e, como se establece nas bases, cada día versarán sobre temas concretos.

Visto o bo resultado da edición temática do ano pasado, nesta edición repetimos a experiencia. O tema que centrará o concurso será as viaxes no mundo grecorromano.

A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta séptima singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas e disfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estrictamente necesario.

BASES

  1. O concurso consistirá en responder ás preguntas que cada día se publiquen na páxina web do concurso (http://www.odiseaconcurso.org).

  1. Poderá participar o alumnado matriculado nos Centros Oficiais de ensino Secundario de Galicia durante o curso 2011/2012, formando equipos de tres membros como máximo. Estes equipos deberán contar cun profesor ou profesora responsable. Un mesmo profesor poderá ser responsable de varios equipos.

  1. A inscrición dos equipos realizarase entre os días 11 e 25 de xaneiro de 2012, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición directamente na WEB da SEEC. Unha vez cuberto, cada equipo recibirá no correo-E do profesor responsable unha clave para poder concursar. Unha vez comezado o concurso non se poderá substituír a ningún compoñente dos equipos.

  1. Os tres primeiros días (6, 7 e 8 de febreiro) sairán publicadas tres preguntas” que versarán sobre temas relacionados coa Cultura Clásica:

-1º día as preguntas serán sobre as viaxes na mitoloxía grega e romana.

          -2ºdía versarán sobre as viaxes na vida cotiá en Grecia e Roma.

          -3º día serán sobre as viaxes na Historia e institucións grecolatinas.

  1. No cuarto día (xoves 9 de febreiro) sairán publicadas outras “preguntas-pistas” e un “preguntón”, de maior dificultade que as  preguntas ordinarias: a resposta do “preguntón” virá dada polas iniciais das respostas correctas destas “preguntas-pistas”, seguindo a orde de publicación das mesmas. Estas preguntas serán todas elas sobre as viaxes na Literatura grecolatina.  

  1. Os equipos participantes terán que responder ás preguntas cubrindo directamente o formulario que sairá publicado na WEB.

  1. Só no caso excepcional de avería do sistema informático poderán ser admitidas as respostas por correo-E ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@seecgalicia.org, sempre e cando conste no mesmo a clave, nome do grupo e profesor responsable.


  1. Por cada pregunta correctamente respondida obteranse 5 puntos e o erro suporá o desconto de 1 punto. Se se acerta o “preguntón” obteranse 10 puntos e por cada resposta acertada das preguntas-pistas para chegar á solución obteranse 2 puntos máis; por cada erro descontarase 1 punto.

  1. Non se poden deixar preguntas sen responder (en branco) tanto na serie de preguntas dos tres primeiros días como no “preguntón” xa que ao facelo anúlanse todas as demáis da serie.

  1. Nas respostas non se admitirán abreviaturas e deberase respectar a correcta ortografía das palabras. Ex: Sócrates e non Socrates; cínico e non cinico.

  1. As “preguntas, preguntas-pistas e preguntónterán sempre que ser respondidas cunha soa palabra, quedando automaticamente invalidadas as que consten de máis dunha palabra na súa resposta.

  1. Cando se pida expresamente a resposta en latín deberase usar esta lingua e poñer a palabra en caso nominativo singular/1ª singular se é verbo, tal e como vén no dicionario, a non ser que se dea outra indicación.

  1. As transcricións de palabras gregas deberanse ater ás normas de transcrición ao galego ou castelán. Calquera transcrición a outras linguas será considerada como un erro.  Para a  transcrición de palabras gregas en xeral e dos nomes propios gregos pódense consultar os enlaces que se dan nas FAQ (preguntas frecuentes).

  1. Existe na páxina web unha relación de preguntas e respostas frecuentes relativas á correcta participación no concurso. Non esquezades, polo tanto, consultalas, porque vos poden servir de gran axuda e evitar erros innecesarios.

  1. Cada día publicaranse na web as respostas correctas ás preguntas ou preguntón do día anterior e a orde de clasificación dos equipos.

  1. O resultado provisional darase, se non hai empate, o venres 10 de febreiro de 2012, deixando este día para atender ás reclamacións, se as houbese.

  1. O resultado final desta primeira fase darase o luns 13 de febreiro. En caso de empate a puntos procederase segundo o establecido nos puntos seguintes.


  1. En caso de empate a puntos entre equipos que opten ao terceiro ou segundo premio, o gañador dos mesmos será aquel equipo que empregase menos tempo en responder.

  1. En caso de empate a puntos entre equipos que opten ao primeiro premio celebrarase un desempate que consistirá nun novo preguntón que se publicará na web na tarde do mércores 15 de febreiro.

  1. Este desempate terá lugar nas dependencias dos centros designados pola organización, alomenos un por provincia, e será vixiado por un responsable da mesma.

  1. No desempate as preguntas versarán sobre todos os temas que saíron nas anteriores fases do concurso. Levantarase acta de todo o proceso, segundo o modelo proporcionado pola organización. 

  1. En caso de novo empate a puntos na disputa polo primeiro premio será o gañador o equipo que empregase menos tempo en responder a este “preguntón” de desempate, e con este mesmo criterio adxudicaranse o segundo e o terceiro premio se fose o caso.

  1. O resultado provisional deste desempate darase o xoves 16 de febreiro, quedando este día para atender ás reclamacións, se as houbese.

  1. O resultado final do desempate, e por conseguinte, da fase local do concurso, darase o venres 17 de febreiro.

  1. Para participar na fase Estatal as diferentes seccións deberán comunicar a SEECGALICIA os datos dos equipos gañadores das súas respectivas seccións antes do venres 24 de febreiro.

  1. Os equipos gañadores nas súas respectivas Seccións competirán entre si nunha segunda fase Estatal, cun preguntón que sairá publicado na tarde do mércores 29 de febreiro na web do concurso.

  1. Este desempate terá lugar nas dependencias do centro gañador ou, se non é posible, nun centro designado pola organización, e será vixiado por un responsable da mesma.

  1. O resultado provisional darase o xoves 1 de marzo, quedando este día para atender as reclamacións, se as houbese.

  1. O resultado final desta fase Estatal farase público o venres 2 de marzo.

  1. Na fase local o xurado estará composto polos membros da directiva da sección galega da SEEC seguintes:

  1. Na fase Estatal o xurado estará composto por dous representantes de cada sección.

  1. Establécense os seguintes premios na fase local:  

  1. Establécese o seguinte premio na fase estatal, aportado a partes iguais entre as seccións participantes:

  1. A entrega de premios aos gañadores do concurso en Galicia terá lugar no marco da inauguración do festival de teatro greco-latino a celebrar o día luns, 12 de marzo de 2012, no auditorio Gustavo Freire de Lugo. Os equipos gañadores e os seus profesores estarán invitados ás representacións.

  1. En caso de calquera reclamación ou consulta estas dirixiranse ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@seecgalicia.org

  1. As bases do concurso poderán ser modificadas pola organización en caso de forza maior (temporais, avería informática, etc.)

CALENDARIO

  1. Do mércores 11  ata o mércores 25 de xaneiro: inscrición dos equipos na web de SEECGalicia.
  2. Luns 6 de febreiro, martes 7 de febreiro e mércores 8 de febreiro: As “preguntas” sairán publicadas na web da Delegación Galega da SEEC ás 9:00 h. e deberán ser contestadas polos equipos inscritos nun prazo máximo de 24 horas, é dicir, antes das 9:00 h. do día seguinte.
  3. Xoves 9 de febreiro: O “preguntón” coas súas “preguntas-pistas” sairá publicado o a partir das 9:00 h. e deberá ser contestado polos equipos inscritos nun prazo máximo de 24 horas, é dicir, antes das 9:00 h. do día seguinte.
  4. Venres 10 de febreiro de 2012. Publicación do resultado provisional da primeira fase local. Atención de reclamacións.
  5. Luns 13 de febreiro. Publicación do resultado final desta primeira fase local.
  6. Mércores 15 de febreiro. Desempate autonómico entre equipos empatados a puntos cun novo preguntón que se publicará na WEB ás 16:30 horas e terá que ser contestado antes das 19:30 horas.
  7. Xoves 16 de febreiro, publicación do resultado provisional deste desempate. Atención de reclamacións.
  8. Vernes 17 de febreiro, publicación do resultado final do desempate, e por conseguinte, da fase local do concurso.
  9. Venres 24 de febreiro, data límite para a comunicación a SEECGalicia dos gañadores das diferentes seccións.
  10. Mércores 29 de febreiro, competición entre os equipos gañadores das diferentes seccións mediante un preguntón que que se publicará na WEB de SEECGalicia ás 16:30 horas e terá que ser contestado antes das 19:30 horas.
  11. Xoves 1 de marzo, publicación do resultado provisional da fase Estatal. Atención de reclamacións.
  12. Venres 2 de marzo, publicación do resultado final da fase estatal da Odisea 2012.
  13. Luns, 12 de marzo de 2012: entrega de premios aos gañadores do concurso en Galicia no marco da inauguración do festival de teatro grecolatino Lugo 2012 no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Santiago de Compostela, a 21 de decembro de 2012