Procedementos e instrumentos de avaliación. Ordinarios e extraordinarios.
Avaliaranse os contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais correspondentes a cada unidade didáctica, tendo en conta a situación de partida (coñecementos previos) e os progresos realizados. Faise unha dobre avaliación, unha para conceptos e outra para procedementos e actitudes.
. Para avaliar os procedementos e actitudes usaremos os seguientes intrumentos:
- Observación diaria da clase: asistencia, atención, participación, resolución de problemas e cuestións
- Caderno de clase: está o día e ordenado, aportacións......
- Traballos individuais o en grupos(Os alumnos realizarán un traballo por avalición)
- Prácticas de laboratorio.
- Exercicios na clase.
Estas actividades contabilizarán un 20% na nota da avaliación
Para avaliar conceptos usaranse fundamentalmente probas escritas en diferentes formas:
Tets, preguntas longas ou curtas, interpretacións de esquemas e gráficos................... que permitan determinar coñecementos básicos dos tema.
Os alumnos farán varias probas ao longo da avaliación. A cualificación media destas probas terá que ser igual ou superior a 5 puntos (non facendo media con cualificacións inferiores a 4 puntos). En caso contrario os alumnos farán un examen de avaliación que incluirá os contidos explicados no trimestre.
A avaliación dos conceptos terá un valor do 60% na nota final da avaliación.
A nota final da avaliación obtense ao sumar a valoración de procedementos, actitudes e conceptos
Haberá un examen de recuperación por avaliación para aqueles alumnos que non superaron os obxectivos mínimos.
Para superar ou curso é preciso ter aprobadas como minimo dúas avaliacións e non ter na outra unha nota inferior a 3 puntos
Exame Final
O final do curso farase un examen global para aqueles alumnos que non superaron os obxectivos mínimos nalgunhas das avaliacións. O exame constará de varias cuestións (preguntas longas ou curtas, interpretación de esquemas, gráficos.....) referidas os contidos mínimos .
Exame setembro
Os alumnos que non aprobaron a materia na convocatoria de xuño, farán un exame en setembro que constara de varias cuestións (preguntas longas ou curtas, interpretación de esquemas, gráficos.....)
Según o aprobado por parte da CCP, claustro de profesores e consello escolar nas súas reunións do 30 de xuño de 2010, a partir deste curso se premiará a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía cun máximo de 0,5 puntos en cada proba realizada.