ÁFRICA
E o terceiro continente máis grande do mundo, despois de Asia e América (arredor de 30 millóns de kilómetros cadrados).
1. O RELEVO: O trazo máis salientable do relevo africano é a existencia de numerosas mesetas formadas por materiais antigos (ocupan máis do 50% do territorio). Ente elas existen depresións: zonas afundidas do terreo sobre as que se foron depositando materiais polas que discorren os grandes ríos africanos cos seus afluentes formando as chamadas cuncas fluviais. Polo tanto, o relevo é predominantemente chan e monótono.
Ademais, en África existen outras formas de relevo:
Cadeas montañosas: destaca a cordilleira do Atlas (ao norte), formada por montañas novas e elevada; os montes Drakensgberg, ao sudoeste, de menor altitude e constituídos por materiais antigos, e o Macizo Etiópico, na parte oriental do continente. Entre as mesetas emerxen salpicados algúns macizos antigos e de pouca altura como o Macizo de Ahaggar ou o Macizo de Tibesti.
Rift Valley: Situada ao sueste do continente, é unha gran ruptura do terreo en bloques afundidos ou fosas tectónicas ocupadas por lagos e bloques elevados que dan lugar cumes máis elevados de África: o monte Kenia (5194 m) e o volcán Kilimanjaro (5895m), que é o pico máis elevado de África.
Chairas: localízanse nas costas, nas depresións e no fondo do Rift Valley
2. AS COSTAS: As costas son pouco accidentadas ou recortadas, é dicir, compactas, con escasos entrantes e saíntes. Destacan os seguintes:
Penínsulas: Pen de Cirenaica, Pen de Somalia (Corno de África)
Golfos; Gabes, Sirte, Guinea, Adén
Cabos: Blanco, Verde, Buena Esperanza, Guardafui.
3. IllAS E ARCHIPÉLAGOS
Canarias, Cabo Verde, Azores, Madeira, Madagascar, Reunión, Muricio, Comores, Seychelles, Zanzíbar.
4. OCÉANOS, MARES E ESTREITOS
As costas de África báñanas dous océanos, Atlántico e Índico, e dous mares, Mediterráneo e Vermello. O estreito de Xibraltar separa África de Europa.
5. AS AUGAS CONTINENTAIS
Ríos: Distribúense en tres vertentes:
Lagos: Chad e Victoria (onde nace o Nilo) que son anchos e o Tanganika e Malawi ( Nyassa), que son estreitos e alongados.
Desertos: Sahara, Namibia, Kalahari