RESPOSTAS Ó EXAME DE RECUPERACIÓN DE MÚSICA PENDENTE 2º ESO
1º.- As calidades do son: explícaas e pon exemplos. (1 punto)
As calidades do son son catro:
2º.- Os instrumentos da orquesta: responde a estas preguntas:
a) Familia de corda fretada: instrumentos e partes. Funcionamento. (1 punto)
Os instrumentos de corda fretada caracterízanse por produciren o son a través da fricción dunha ou varias cordas en tensión mediante o uso dun arco.
Os principais instrumentos, de máis agudo a máis grave, son o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo.
As partes dos instrumentos de corda fretada son as seguintes: (con pór tres ou catro chega para respostar a esta pregunta)
b) Familia de vento madeira: Instrumentos. Funcionamento. (1 punto)
Os instrumentos de vento madeira son aqueles que producen o son ó formaren unha columna de aire en vibración de cuxa lonxitude dependerá a altura da nota (canto máis curta sexa a columna, máis agudo será o son).
Os instrumentos de vento madeira da orquesta clasifícanse así:
a) embocadura de bisel: frauta, frautín;
b) lingüeta simple: crarinete, saxofón;
c) lingüeta dobre: fagot, contrafagot, oboe, corno inglés.
c) Familia de percusión: instrumentos. Clasificación. (1 punto)
Os instrumentos de percusión son aqueles que producen o son mediante o golpeo dunha superficie sonora determinada.
Pódense clasificar segundo:
-instrumentos de altura determinada: poden identificarse notas. Xilófono, metalófono, marimba, timbal de orquesta.
-instrumentos de altura indeterminada: non poden identificarse notas. Batería, bongó, maraca.
-instrumentos golpeados directamente coas mans: darbuca, pandeiro, timbaleta.
-instrumentos golpeados indirectamente, con baquetas: batería, bodhram.
d) Fai un debuxo no que se vexa a disposición da orquesta. (1 punto)
3º.- Linguaxe musical: responde a estas preguntas:
a) As figuras: fai un esquema coas diferentes figuras e os seus silencios. (1 punto)
b) Os matices: explica os diferentes matices e os reguladores. (1 punto)
c) Escribe un exercicio de oito compases de ¾ empregando diferentes figuras e silencios. (1 punto)
d) Escribe un exercicio de oito compases de 6/8 empregando diferentes figuras e silencios. (1 punto)
4º.- Di o que saibas da ópera e da zarzuela. (1 punto)
A ópera é un espectáculo musical e teatral que nace no Barroco italiano como un intento de recuperar o ideal da traxedia grega, no seo dun grupo de intelectuais e artistas na Camerata fiorentina dos Bardi.
Empregando o estilo representativo, que pretende trasnmitir contidos textuais mediante a música e os seus diversos recursos expresivos, revoluciona o mundo teatral barroco.
Impónse a alternancia entre partes máis melódicas (arias) e partes máis narrativas (recitativos); as primeiras serven para expresar reflexións dos personaxes, estados de ánimo... As segundas serven para que a acción avance.
Inicialmente trataban temas mitolóxicos, heroicos e elevados, con protagonistas de alta clase social. Era música de minorías para minorías.
A zarzuela é a resposta española á moda italiana da ópera. Recibe ese nome porque se representaba inicialmente no Palacio homónimo, onde abundaban as zarzas.
Aínda que a nosa idea de zarzuela é aquela que toca temas pintorescos, ofrece unha visión máis distendida dos problemas e conflictos humanos, utiliza música tradicional e popular e a combina con composicións, a zarzuela orixinalmente era tamén heroica, con temas elevados e mitolóxicos, e deu vida musical a obras de Calderón entre outros dramaturgos destacados.