RESPOSTAS Ó EXAME DE RECUPERACIÓN DE MÚSICA PENDENTE 3º ESO

1º.- A música na Antigüidade clásica grecolatina: escolle unha pregunta:

a) A música e os deuses gregos: Apolo e Dionisio. As musas e as artes. (1 punto)

Os gregos daban explicacións mitolóxicas á realidade que os rodeaba.

Apolo era o deus das artes e da luz, do sol, da claridade, do racional. Acompañado polas nove musas, fillas de Mnemosine, custodiaba as artes e inspiraba ós artistas. As nove musas son:

Calíope (Καλλιόπη, ‘la de la bella voz"); musa de la poesía épica (canción narrativa)

Clío (Κλειώ, ‘la que celebra’); musa de la historia (epopeya)

Erato (ρατώ, ‘amorosa’); musa de la poesía lírica (canción amatoria)

Euterpe (Ευτέρπη, ‘deleite’); musa de la música, especialmente la de la flauta

Melpómene (Μελπομένη, ‘cantar’); musa de la tragedia

Polimnia (Πολυμνία, ‘muchos himnos’); musa de los cantos (himnos)

Talía (θάλλεω, ‘florecer’); musa de la comedia

Terpsícore (Τερψιχόρη, ‘deleite de la danza’); musa de la danza y poesía coral

Urania (Ουρανία, ‘celestial’). musa de la astronomía y poesía didáctica

Musicalmente atribuíanselle os instrumentos de corda, especialmente a harpa e a lira. O xénero musical que se lle asocia é a kitarodia.

Dionisio era o deus do viño, da paixón, do irracional e desmesurado.

Atribuíanselle os instrumentos de vento, especialmente o aulós e o dobre aulós. O xénero musical que se lle asocia é a aulodia.

b) A música e a filosofía: teoría aristotélica do ethos. (1 punto)

Os gregos crían que a música influía no estado de ánimo, e na alma humana.

Aristóteles desenvolveu unha teoría que se chamou a teoría do ethos (en grego, comportamento), que di que a música e o noso carácter están relacionados.

Así, unha música violenta suscitará estados de ánimo violentos, e unha múscia tranquila apaciguará.

Esta era unha das razóns polas que Platón desterraba ó músico da súa república: se a música que interpretaba non era controlada adecuadamente, podía corromper ós cidadáns.

A teoría do ethos é, salvando as distancias, o fundamento da musicoterapia, unha disciplina que actualmente se está a desenvolver nas medicinas alternativas.

2º.- A música na Idade Media: elixe tres preguntas:

a) O canto gregoriano: características. (1 punto)

O canto gregoriano recibe este nome polo papa Gregorio Magno, que o recopilou e asentaría as súas bases.

É o canto monódico relixioso da Igrexa cristiana católica apostólica romana, con función litúrxica, texto en latín, ausencia de ritmo medido e diferentes tipos de canto:

a) dependendo da melodía, pode ser canto himnódico (se a melodía discurre libremente e se repite estroficamente, cambiando só o texto) ou salmódico (se a melodía está moi acotada e discorre entorno a unha nota principal chamada tenor ou corda de recitado);

b) dependendo da cantidade de notas por sílaba, pode ser silábico (unha nota por sílaba), neumático (dúas ou tres notas por sílaba) ou melismático (con máis de tres notas por sílaba, especialmente nas palabras máis importantes, como Dominus ou Amen);

c) dependendo da alternancia de intérpretes, pode ser directo (todos cantan todo), antifonal (altérnanse no canto un solista e un coro) ou responsorial (altérnanse dous solistas ou dous coros).

O sistema de notación máis relevante sería o sistema de notación cadrada negra, estudiado en Solesmes.

b) Formas paralitúrxicas: tropos e secuencias. (1 punto)

Ademais do canto gregoriano, había música relixiosa non litúrxica, é dicir, creada baixo a inspiración cristiana pero carente de función litúrxica no rito, que xestaba precisamente as FORMAS PARALITÚRXICAS.

En primeiro lugar, temos o TROPOS, que son engadidos de texto a un melisma, de melodía a un texto, ou de ambas cousas.

Cando o tropo se facía sobre un ALELUIA, obtemos as SECUENCIAS.

Debido á súa popularidade, as secuencias foron prohibidas pola Igrexa no Concilio de Trento, e tan só permitiron cinco: “Dies Irae”, “Victimae paschali laudes”, “Veni, Sancte Spiritus”, “Lauda Sion” y “Stabat Mater”.

c) A música profana medieval: trobadores, xograres, goliardos. (1 punto)

A música profana na Idade Media foi moi importante, e en grande medida o fenómeno trobadoresco, xurdido en Provenza no século XII, e espallado por Europa trala herexía dos Cátaros albixenxes, na que a Igrexa aproveitou a guerra santa contra os herexes para perseguir ós trobadores, xa que coas súas metáforas sacroprofanas igualaban á amada a Deus.

Os cantores do amor son os trobadores, por unha banda, músicos e poetas nobres que para se entreter compuñan poemas e interpretaban a música que os acompañaba.

Por outra banda, os xograres, músicos ambulantes e mensaxeiros que puñan en contacto as tendencias de cada zona coas das cortes que visitaban. Non eran creadores, pero tiveron unha importante función difusora de influencias poético-musicais.

Os goliardos eran clérigos e estudantes retirados, músicos errantes que cantaban de taberna en taberna cancións de crítica social escritas en latín, recompiladas nos famosos “Carmina burana”.

d) Tipos de canción segundo o seu contido. (1 punto)

Segundo o seu contido, as cancións poden ser:

  1. pastorelas: cancións de amor ambientadas nun entorno idílico e pastoril;
  2. alboradas ou albas: cancións nas que os amantes se despiden ó chegar a mañá;
  3. sirventés: cancións satíricas de crítica social e política;
  4. pranto: lamento fúnebre trala morte dun ser amado;
  5. cansó ou cantiga de amor: canción de amor na que se empregan todos os recursos típicos da lírica trobadoresca; un eu masculino diríxese a un tu feminino inalcanzable, perfecto a tódolos niveis, de igual importancia que Deus para o amador, castigado polo seu rexeitamento ou indiferencia, e que debe seguir catro graos de perfección (precador, fenhedor, entendedor e drutz), está enfermo de amor e o segredo cubre as súas vidas e o seu amor adúltero;
  6. cantiga de amigo: un eu poético feminino comparte confidencias coa nai ou coa natureza, laiándose das súas desgrazas, referíndose ó amado como un ser que xa marchou e a quen non pode esquecer; metáforas como o cervo que fuxe, os cabelos que se lavan no río ou as fontes ocultan contidos eróticos tipificados na lírica provenzal, e con antecedentes árabes nas jarchas mozárabes;
  7. cantiga de Santa María: cantigas nas que se alaba á Virxe e se contan os seus miragres; resultado dunha moda mariana difundida desde o século XII na península a través do Camiño de Santiago;
  8. cantiga de escarnio: obra de carácter crítico e mordaz;
  9. cantiga de maldizer: obra dura que ataca sen escrúpulos a un personaxe público, un estamento ou un vicio.

3º.- A música no Renacemento: elixe unha pregunta:

a) A música instrumental no Renacemento. (1 punto)

Durante os séculos XV e XVI a música instrumental vive un desenvolvemento moi importante, en parte debido ás novas necesidades artísticas e sociais, e en parte como resultado natural dun proceso de evolución da música anterior.

Os instrumentos e a música instrumental estaban absolutamente subordinados á música vocal, que protagonizaba os eventos sociais nos que se consumía música.

Agora aparecen novos instrumentos, outros que xa existían evolucionan e fanse populares (os consorts de violas, por exemplo, ou o láude).

As principais formas musicais son as seguintes:

a) música baseada en modelos vocais: o ricercare (unha forma moi primitiva de música imitativa a varias voces, antecedente da fuga barroca) e a canzona (con seccións contrastantes en carácter e tempo) eran as dúas principais formas;

b) música para danzas: os pares de danza, sendo sempre danzas binaria-ternaria, lenta-rápida, de pasos-de saltos; comeza coa pavana-gallarda e os branles; (lembremos que no Renacemento a danza era moi importante, e era un hábito socialmente recomendable, cando non un requisito para facer vida social na corte);

c) música improvisatoria: música con carácter rapsódico, como preludios ou intermedios;

d) variacións sobre baixos: repetindo baixos como a folia ou a pasacaglia e facendo variacións sobre eles conseguíanse auténticos espectáculos, e desenvolveuse moito a técnica de certos instrumentos de moda nese momento.

b) A música vocal profana no Renacemento: xéneros. (1 punto)

As principais formas musicais profanas da música vocal do Renacemento son:

a) motete: composición vocal que se caracteriza por ter texto (mot=palabra) e tratar temas inicialmente sacros pero logo sae do ámbito relixiosoo e se extende no ámbito profano; hai motetes tan complexos que teñen 5 ou máis voces, cada unha cun texto diferente, nun idioma diferente, tratando un tema diferente;

b) balada: unha das formas fixas da lírica europea. Consta de estribillo e trata tema amatorio;

c) lai, virelai: dúas das formas fixas europeas, que constaban de estribillo e unha música intimamente relacionada co texto que acompañaba;

d) canción: composición amatoria con forma libre e moi habitualmente cun estribillo;

e) frottola: composición vocal a varias voces, sen contrapunto, homofónica, na que se percibe como melodía a liña melódica superior;

f) madrigal: composición lírica con tema amatorio e música intimamente relacionada co texto; sofre unha complexa evolución ó longo do Renacemento;

g) vilancico: composición típica española na que se cantan amores de vila; adoita ter varias voces;

h) ensalada: composición musical e literaria na que se mesturan elemenos cómicos e tráxicos, sacros e profanos, relacionado co procedemento do quodlibet (variaciones sobre un tema coñecido).

c) A música relixiosa no Renacemento: Palestrina e o Concilio de Trento. (1 punto)

En 1545 comeza o Concilio de Trento, e remataría en 1563, tras 25 sesións.

A necesidade de facer este concilio ecuménico da Igrexa católica veu dada polas presións exercidas polos protestantes e os temores do emperador Carlos I de España (V de Alemaña), que presionou ó papa Clemente VII. Sería o papa Paulo III quen faría a convocatoria inicial deste encontro.

Neste Concilio fíxose a Contrarreforma, na que se sentaron as bases que unirían á comunidade cristiá.

A música foi un dos temas tratados, e prohibiuse toda a polifonía na Igrexa.

Palestrina, mestre do contrapunto romano, faría a famosa Missa do Papa Marcelo, e convencería ó papa para que permitise a polifonía en cinco momentos da celebración, conmovido pola súa composición: o Kyrie, Credo, Gloria, Sanctus e Agnus Dei.

4º.- A música no Barroco: elixe dúas preguntas:

a) O nacemento da ópera. (1 punto)

A ópera é un espectáculo musical e teatral que nace no Barroco italiano como un intento de recuperar o ideal da traxedia grega, no seo dun grupo de intelectuais e artistas na Camerata fiorentina dos Bardi.

Empregando o estilo representativo, que pretende trasnmitir contidos textuais mediante a música e os seus diversos recursos expresivos, revoluciona o mundo teatral barroco.

Impónse a alternancia entre partes máis melódicas (arias) e partes máis narrativas (recitativos); as primeiras serven para expresar reflexións dos personaxes, estados de ánimo... As segundas serven para que a acción avance.

Inicialmente trataban temas mitolóxicos, heroicos e elevados, con protagonistas de alta clase social. Era música de minorías para minorías.

b) Novas formas instrumentais: O concerto e a fuga. (1 punto)

A música instrumental no Barroco evoluciona enormemente, e chega a roubarlle o protagonismo á música vocal.

O concerto é un dos logros do Barroco: como consecuencia directa da nova moda do estilo concertato (que opoñía e facía concordar a un tempo instrumentos solistas e orquestas) xorde a forma CONCERTO.

Podía ser CONCERTO GROSSO, cando a alternancia se facía entre un reducido grupo de solistas (dous, tres, catro...) e a orquesta. A estrutura era tripartira, Rápido-lento-rápido. Exemplo: Concerto de Brandenburgo nº 6, de Bach.

Podía ser CONCERTO SOLISTA, cando había un único solista. Exemplo: Concerto para violín e orquesta en la menor, de Bach.

Podía ser CONCERTO POLICORAL, cando todos ou case todos los membros da orquesta eran solistas. Exemplo: Concerto de Brandenburgo nº 3, de Bach.

Outra forma moi importante é a FUGA, que consiste nunha composición instrumental na que hai imitacións dunha idea principal (suxeito) que se repite en todas as voces.

Ten unha forma libre, aínda que soe constar de dúas ou tres seccións, enlazadas con episodios.

c) A música vocal protestante: cantata, oratorio, paixón. (1 punto)

Son tres formas moi importantes para a música vocal relixiosa neste período.

A cantata é unha obra de gran forma que consta dunha sucesión de arias e recitativos, con algún intermedio instrumental e unha obertura, e trata temas relixiosos.

A paixón é un tipo de cantata centrado unicamente na paixón e morte ce Cristo.

O oratorio é tamén música teatral pero carece de acción representada, ten un narrador (testo) que cnta o que din os evanxeos e ten moito peso.

5º.- A música no Clasicismo: elixe unha pregunta:

a) A música sinfónica e a forma sonata. Autores e obras destacadas. (1 punto)

No século XVIII a música orquestal vive un dsenvolvemento enorme, xa desde os comezos do período preclásico, coas innovacións da Escola de Manheim e Stamitz.

Con Haydn e as súas fabulosas 104 sinfonías a forma sonata madura e acada unha estabilidade enorme, configurando o modelo de sinfonía en catro movementos:

-1º movemento: rápido, Allegro, forma sonata (estrutura bitemática, reexpositiva, con tema A,B na exposición, desenvolvemento e reexposición cos temas A e B)

-2º movemento: lento, Andante ou Adagio, forma lied (estrutura ternaria ABA ou lied desenvolvido ABACA) ou tema e variacións.

-3º movemento: rápido, Minueto (forma ternaria: minueto inicial con repeticións, trío lento, minueto inicial sen repeticións).

-4º movemento: rápido, Allegro de sonata (forma sonata), tema con variacións ou rondó (alternancia de estribillo e coplas).

Mozart seguiría este molde formal nas súas 41 sinfonías, e Beethoven explotaría todas as posibilidades da forma nas súas 9 sinfonías, engadindo como cambio a utilización de scherzos en lugar de minuetos e rompendo as proporcións establecidas (número de compases para cada sección, xiros harmónicos imprvisibles e novedosos).

b) A ópera seria e a súa reforma. Gluck. (1 punto)

Coa interpretación de “A serva padrona” de Pergolesi tivo lugar en Francia a querella dos bufóns, que supuxo o asentamento das bases do teatro cómico e os seus límites.

A ópera seria chegara a un punto insostible cos caprichos dos castrati e das divas , que impuñan os seus desexos nas óperas pastiche, que eran unha sucesión de arias nas que se lucían aínda que non houbera conexión entre elas.

Gluck reforma a ópera seria e pon as normas, facendo que o argumento da obra se impoña sobre os caprichos musicais dos cantantes, facendo que os ballets que se fagan estean perfectamente integrados no transcurso da obra, que haxa un sentido unitario, que as oberturas teñan relación coa ópera que as segue, etc.

6º.- A música no Romanticismo: elixe unha pregunta:

a) O nacionalismo musical: nacionalismo ruso, nacionalismo nórdico. (1 punto)

O século XIX é unha época de cambios, de búsqueda de identidades e de historia, faise historia en tódolos ámbitos.

Isto ten repercusión nos estudos folkloristas de autores como Bela Bartok e outros, preocupados pola tradición musical dos seus pobos.

Os dous nacionalismos musicais desta pregunta deron enormes froitos: o nacionalismo ruso é un dos máis fructíferos de Europa, con compositores coma Tchaikovsky, Glinka ou grupo dos cinco (Cesar Cui, Balakirev, Nussorgsky, Borodin y Rimsky-Korsakov).

Temas musicais da tradición oral eran utilizados en obras de gran forma (sinfonías, concertos).

O nacionalismo nórdico ten grandes autores como Eduard Grieg (Noruega) e Jean Sibelius (Finlandia), autores de obras tan destacadas coma “Peer Gynt” ou “Finlandia” e o famoso “Concerto para violín e orquesta”.

b) Novas formas musicais do Romanticismo. (1 punto)

Aquí cómpre destacar formas musicais como o poema sinfónico, o impromptu, o nocturno, a mazurca, o lied, o estudio, o capricho ou a romanza.

Por unha banda, no caso do poema sinfónico, temos un exemplo de como as artes conflúen e colaboran para exploraren novas vías de expresió. O poema sinfónico forma parte da música programática, que busca seguir un guión previo a disposición do público.

Non se trata de que a música represente o contido do texto, senón de que ese texto aproxime ó espectador as intencións do autor e o sentido descriptivo da música.

As outras son formas libres que teñen asociadas connotacións diversas e están ó servizo da todopoderosa inspiración.

7º.- Define os seguintes termos musicais e indica o seu período: (1 punto)

Baixo continuo no Barroco, consistía na condensación nunha liña melódica a cargo dos instrumentos máis graves do ritmo harmónico da peza. Normalmente interpretábano un instrumento monódico grave e o clave, improvisando sobre o baixo acompañamiento.

Blues na música popular urbana de inicios do século XX, en EEUU, era o canto lastimero que entonaban os escravos negros para expresaren o seu pesar. Logo evolucionaría como un estilo propio, converxente co jazz e outros.

Virelai no Renacemento, é unha forma fixa, na música vocal profana, que consta de estribillo e coplas e trata temas trobadorescos.

Sonata da chiesa no Barroco instrumental, é unha forma derivada da canzona do Renacemento (forma baseada en modelos vocais, caracterizada por ter seccións contrastantes), e que se interpretaba na igrexa. Tiña normalmente catro movementos, lento-rápido-lento-rápido, utilizando texturas diversas en cada unha (homofonía, contrapunto imitativo...).

Grunge na música popular urbana de finais do século XX, nos anos 90, en EEUU, é un estilo encabezado polo grupo Nirvana, que defende unha actitude de protesta pasiva, manténdose ó marxe do mundo consumista, facendo unha música moi sinxela e descoidada.

Jazz na música popular urbana de principios do século XX, designa ó estilo instrumetal e vocal baseado na improvisación sobre pautas estructurais, harmónicas, temáticas diversas, enormemente influenciado por estilos como o bluegrass, as baladas norteamericanas, o country, o soul, o blues, o ragtime, os espirituais negros, os cantos de traballo e a música africana en xeral.

Leit motif no Romanticismo, designa a un motivo musical que se asocia a un personaxe, historia, situación relevante no transcurso dunha ópera ou sinfonía, no contexto da música programática ou descriptiva.

Reggae na música popular urbana dos anos 70 do século XX, designa ó estilo xamaicano derivado do ska que practicaban os rude boys dos suburbios de Kingston. Destaca Bob Marley como punteiro. Música profundamente relixiosa, busca a paz a través do consumo de marihuana, a reflexión, o regreso ó paraíso perdido por causa do home branco (Babylon é Abisinia, o seu paraíso: a actual Etiopía). Destaca a figura do rastafari. Musicalmente utilizan riffs esquivos coas partes fortes do compás (sobre todo a primeira) e un ritmo lento e repetitivo.

Ópera bufa a finais do Barroco e sobre todo no Clasicismo, designa á ópera cómica que trataba temas cotiás, con personaxes de tódalas clases sociais

Rockabilly na música popular urbana dos anos 50 do século XX, é o estilo que mesturaba elementos do hill billy con rock and roll.

Ritornello na música instrumental barroca, é a sección que se repite a modo de estribillo. En cada ocasión, esa sección reaparece nunha tonalidade diferente, normalmente nos tonos veciños do principal e no relativo menor.

Soul na música popular urbana de principios de século XX e sobre todo nos anos 60, designa a un estilo de música moi sombrío e triste, profundo (“alma”), inicialmente típico dos músicos afroamericanos.

Pianoforte instrumento de corda percutida que Cristofori desenvolveu no século XVIII e que se faría moi popular. Engadía a novidade de poder tocar con matices, a diferencia do clave barroco.

Funk na música popular urbana dos anos 60 e 70 do século XX, designa á música de baile negra caracterizada polo uso de ombreiras, lentejuelas, brillantes accesorios e un groove moi activo (liña melódica do baixo).