(UN RELATO DE PAULO COELHO)

O mestre zen encargou ao discípulo que coidase o campo de arroz.

Ao longo do primeiro ano, o discípulo vixíaba para que nunca faltase a auga necesaria. O arroz medrou forte e a colleita foi boa.

O segundo ano, tivo a idea de engadir un pouco de fertilizante. O arroz medrou rapidamente e a colleita foi maior.

O terceiro ano, colocou máis fertilizante. A colleita foi maior aínda, pero o arroz naceu pequeno e sen brillo.

-Se segues aumentando a cantidade de abono, non terás nada de valor o próximo ano –díxolle o mestre-.                    

Fortaleces a alguén cando lle axudas un pouco, pero debilítalo se lle axudas moito.                                        

                                                                                   

É NO SEO DA FAMILIA ONDE EMPEZA A AUTONOMÍA DO NENO OU NENA.

CANDO APRENDE A FACER AS COUSAS POR SI MESMO, A RESOLVER PERSOALMENTE AS PEQUENAS DIFICULTADES COTIÁS  TEMOS UNHA PERSOA CAPAZ  E CUNHA BOA AUTOESTIMA.  

EN OCASIÓNS. A FALTA DE AUTONOMÍA ESTÁ LIGADA Á DEPENDENCIA AFECTIVA, Á SOBREPROTECCIÓN... UNHA BARREIRA QUE IMPIDE MEDRAR.               

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO

        Contando coa opinión  do neno ou  nena.

 Ofrecéndolle a posibilidade de colaboración  nas actividades propias da dinámica familiar.

 Responsabilizándoo/a de cuestións cotiás como preparar a mochila, estudiar ou facer tarefas pendentes, recoller e gardar a súa roupa...

 Conversando e  infundíndolle seguridade  para que el/ela afronte os pequenos problemas  de relación persoal cos amigos e amigas.

 Valorando o seu esforzo.

        Proporcionando normas claras  de funcionamento  e  esixindo a cada  alumna /alumno que cumpra coas súas obrigas.

        Non permitindo  que o alumnado  xustifique os seu  fallos con  disculpas.

        Animándoo/a  para que  resolva só/a pequenos problemas e traballe  de xeito independente.

        Esixindo organización nas actividades escolares.

                                                                                                                

        Non trae o material cando se precisa.

        “Esquece” levar e traer.

        Non  busca solucións aos pequenos problemas en relación  ás tarefas escolares.

        Busca xustificacións fáciles para saír do paso.

        Non  é capaz de traballar sen  axuda.

        Non ten opinión propia e  busca  a compaña dos máis “fortes”.

        Non presta atención, non se concentra.

        Como consecuencia, non  ten interese, é  apático/a, inseguro/a, séntese incapaz e o seu rendemento escolar está por baixo das súas posibilidades.