HISTORIA DAS
BANDAS DE
MÚSICA
Beatriz Carrera López
Melisa Ferreira Fernández
BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE GULÁNS
En 1870, en Guláns, aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de música “UNION DE GULÁNS", unha das máis antigas de Galicia.
O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Alonso. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo así viva esta agrupación musical ata o ano 1947.
Da escola de música da "UNION DE GULÁNS" así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores. A xeito de exemplo podemos citar a D. Rogelio Groba Groba, director da "UNION DE GULANS" de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade, consagrándose neste período como compositor de renome internacional.
Igualmente importantes despóis de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández Groba. 0 primeiro é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director da Banda de Música Municipal de A Coruña.
A esta serie de directores gulanseses seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección a "UNION DE GULÁNS" galardonada no concurso de bandas populares da cidade de Ourense en 1971 . En 1972 e por mor do traslado de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo: D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e D. José Oro-Val, ata fináis de 1982.
No ano 1982 asume a dirección da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego, que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación musical que a agrupación mantén regularmente dende fai máis de cen anos. E así, chega a banda a fináis do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo, neste caso o recoñecido músico Ourensán D. Hipólito Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos, sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á "UNION DE GULÁNS" unha nova dinámica, elevando o nivel artístico-musical da mesma a tal punto, que zecais nestes intres, sexa o mellor de toda a súa historia.
Durante estes últimos anos a batuta esta a cargo da xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da escola continua que a "UNION DE GULÁNS" desenvolve.
A "UNION DE GULÁNS", está constituida por 50 compoñentes na súa grande maioría xoves que ademáis de participar na escola da banda, estudian cursos profesionáis de música e é de significar que máis de 80% dos participantes na mesma son naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica, zarzuela, lixeira, típica galega...
A media anual de actuacións da "UNION DE GULANS" é de 50 espectáculos, distribuídos entre concertos, actos culturáis, recreativos, festas populares,... na súa maioría en Galicia.
BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
Aínda estaba presente nas memorias dos nosos veciños o recordo das dúas Bandas que houbera en Xinzo a principios e a mediados do século XX, cando no ano 1979 rexurdiu de novo o espírito musical. Así pois un grupo de rapaces iniciábanse no arte da música da man do mestre D. José Guillén Lorenzo (Músico Profesional da Banda Militar do cuartel de Barreiro en Vigo).
No Nadal de 1980 a parroquia puido ver e escoitar por primeira vez o que meses despois se constituiría como Banda de Música Xuvenil de Xinzo (28 de Xuño de 1981). É de destacar que foi a segunda banda con carácter xuvenil que se formou no país.
En 1984, meses antes de falecer en accidente de tráfico o que fora fundador da Banda D. Jose Guillén, toma a batuta Bolívar González Rodríguez. Nesta época a agrupación serviu de banda soporte do primeiro cursiño de dirección feito na nosa comunidade e que impartía D. Pedro Pirfano Zambrano (director da Banda da Policía Nacional de Madrid).
No ano 1985 soamente dúas bandas de Galicia foron admitidas no concurso "Gente Joven de TVE", entre elas a de Xinzo. Durante a viaxe realizada a Madrid para a gravación do programa a banda estrea baixo a batuta de J. Carracedo o "Pasodoble Homenaje a Garzón Cidanes".
En 1987 ponse en marcha un intercambio coa Banda de Música" La Artística de Monovar" (Alicante) que se repite o ano 1988, e tamén en 2005. A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ten actuado en numerosos actos e homenaxes tales como, o recibimento ó ciclista D. Alvaro Pino tras gañar a volta a España, no recibimento a D. Abel Caballero cando viña de ser nomeado ministro; na homenaxe a D. Angel Viro Caamaño, e arroupando agrupacións como as bandas "Delicias do Caeiro (Cabral)", "O Rosal" e "Antas de Ulla" no día do seu estreo.
No remate dos oitenta, toma a batuta D. Sergio Hurtado Carrascosa, clarinetista da banda militar de Marín. O seu período ó fronte da banda foi breve, e substitúeo D. Antonio Budiño Duran clarinetista de Moaña que estivo como director da nosa agrupación dous anos e foi un gran impulsor da escola de música da agrupación e promoveu un intercambio coa banda "La Unión de Castellar Oliveral" de Valencia.
Na década dos noventa lévase a cabo un intercambio coa "Banda de Ribadeo", particípase nos programas da TVG Galicia Directa en dúas ocasións, e no programa-concurso "Con música propia" organizado pola Consellería de Cultura e a TVG.
Convén subliñar que durante todo este tempo foron varios os músicos que acabaron por dedicarse profesionalmente á música (Delio, José Luís, Yolanda e Marcos Represas, José Angel Presa, Benito Porto, Feliciano Cebreiro, Andrés Covelo, Fernado Abreu, etc.
Un destes músicos, formado no seo da nosa banda , D. Miguel Anxo Castro Carrera, foi o encargado de desempeñar a responsabilidade de dirixi-la banda dende o ano 1995 ata maio de 2006. No ano 2005 participamos no V Certame Provincial de Bandas de Música da Excma.
Deputación Provincial de Pontevedra onde acadamos un terceiro premio na segunda categoría.
A partires de maio de 2006 colle a batuta D. Alvaro Varela Ferradans, profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Música "Reveriano Soutullo" de Ponteareas que está o fronte da agrupación ata decembro de 2007.
No ano 2007 a Banda de Música Xuvenil de Xinzo participa no VII Certame Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra na segunda categoría obtendo un terceiro premio nesta categoría, e tamén no 2007 participamos na segunda categoría no I Certame Galego de Bandas de Música Populares celebrado no auditorio de Santiago de Compostela, e no que conseguimos un segundo premio, así como o premio a mellor interpretación dunha obra galega con "Impresións Galegas" de Henrique Saavedra.
No ano 2007 déuselle un pulo importante a escola de música da banda, e froito do traballo realizado polo director, foi a estrea cun concerto en decembro da Banda da Escola de Música de Xinzo, que conta con 30 compoñentes da escola e coa colaboración dos músicos recentemente ascendidos a agrupación dos maiores.
Na actualidade a Banda de Música Xuvenil de Xinzo está dirixida por D. Iñaki Lecumberri Camps, natural de Valencia, titulado superior en clarinete e profesor de Harmonía no Conservatorio "Reveriano Soutullo" de Ponteareas.