DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO
¡NON NOS COMPRENDEN!

NA CONVIVENCIA FAMILIAR:
- APRENDEMOS A RELACIONARNOS COS DEMAIS.
- APRENDEMOS DEREITOS E RESPONSABILIDADES
- ADQUIRIMOS HÁBITOS E ACTITUDES
O NENO, A NENA, NECESITAN UNHA FAMILIA QUE LLES AXUDE A MEDRAR E A DESENVOLVERSE. ESTA AXUDA CONTRIBUIRÁ AO ÉXITO OU FRACASO ESCOLAR.
A escola e a familia deben camiñar xuntas cara un obxectivo común:
A educación dos adultos do futuro.
- Neste momento encóntranse entre a infancia e a adolescencia, nun periodo marcado por unha certa inestabilidade. Aparecerán cambios emocionais e físicos propios da puberdade.
- Ao longo deste ciclo aumenta a súa capacidade de observación, de reflexión e de análise respecto ás situacións do seu contorno. Isto facilítalles a interacción cos adultos.
- No aspecto social o grupo de amigos /amigas adquire moita importancia. Os vínculos teñen máis consistencia. Ás veces no grupo hai conflitos que se poden resolver a través do diálogo, o compromiso, o consenso...
- A necesidade de buscar a propia identidade e de mellorar a súa autoestima pode provocar a aparición de condutas contradictorias e, ás veces, inician unha fase conflitiva utilizando condutas negativas.
- As vivencias e as experiencias que lle proporciona o seu contorno interveñen positiva ou negativamente no seu progreso. Están moi interesados nas actividades físicas e deportivas.
- Mantendo a autoridade pai/nai pero sendo afectuoso/a con el/ela.
- Adicándolle un tempo diariamente, sendo dialogante e preocupándose polos seus intereses.
- Comentar con el/ela temas de actualidade, facendo análise das mesmas (causas, consecuencias,....)
- Ver conxuntamente películas e programas da TV, analizando vivencias reflitidas.
- Animándoo/a sobre todo naqueles momentos que máis o necesita. Valorando o esforzo que supón o traballo persoal.
- Dándolle pequenas responsabilidades e confiando nel/nela.
- Fomentando a propia iniciativa para que aprendan a ser autónomos.
- Recordando na relación persoal que o neno/nena aprende a autovalorarse, cando se sinte apreciado e valorado na familia.
- Tendo en conta que o consumo excesivo, crea insatisfacción permanente.
- Mostrando control e interese polas tarefas escolares e mantendo un contacto estreito coa titora.
- Facilitándolle un bo lugar de estudio e axudándolle a organizar o tempo de traballo.
- Fomentándolle os hábitos de lectura (visitando bibliotecas, regalándolle libros...).
- Procurando que teña experiencias culturais, deportivas, sociais... no seu tempo libre.