San Antón
San Antón, regato de Ábedes e arredores
O espazo natural do San Antón posúe unha elevada diversidade de especies animais e vexetais. Próximo a este enclave, a uns dous quilómetros de distancia, está o espazo natural protexido do LIC do río Támega que discurre por uns treitos dos regatos de Ábedes e das Quintas, desde o Pozo do Demo – Fraga dos Lobos, pasando polo balneario de Cabreiroá, onde se xuntarían os dous regatos, continuando ata desembocar no río Támega. O San Antón non posúe ningunha medida de protección, as figuras de protección do LIC do río Támega son as de Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se decalran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais), dicir que o ecosistema da zona do San Antón é semellante ao espazo protexido que atopamos augas abaixo con hábitas prioritarios de interese comunitario.
A continuación banse expor unha serie de especies existentes na zona do San Antón, regato de Ábedes e arredores, a modo de resumo, onde se comprobará a alta diversidade que posúe esta paraxe natural enclavada a escasa distancia do núcleo da vila de Verín. Sobresairían, entre outras, as seguintes especies que puidemos detectar e identificar:
Flora:
Aciñeira, Quercus ilex
Amendoeira, Prunus dulcis, na zona atopamos varios pés, un de idade centenaria, esta presencia fai pensar que a especie foi cultivada tradicionalmente na zona para seu aproveitamento, quedan poucos exemplares desta explotación secular, a especie é orixinaria de Asia Central e foi introducida na Península Ibérica polos Fenicios, en Galicia estaría restrinxida as zonas máis mediterráneas (cuncas do Sil e do Douro)
Asplenium trichomanes, fento
Amieiro, Alnus glutinosa, bosque ripícola en galería xunto con Freixas, Fraxinus angustifolia, e Salgueiros, Salix spp.
Carballo, Quercus robur
Castiñeiro das Indias, Aesculus hippocastanum, naturalizado no regato de Ábedes
Cerquiño, Quercus pyrenaica
Choupo negro, Populus nigra, exemplares sen hibridar, tamén híbridos en plantacións
Choupo tremedor, Populus tremula, especie escasa en Galicia, é un relicto das últimas glaciacións que fai que estea moi localizada tanto no val de Monterrei coma en Galicia ou mesmo en case toda a Península Ibérica
Crista de galo grande, Serapias cordigera, orquídea, na zona ten nome vernáculo compartido con S. lingua, súa denominación sería Galocrista, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia
Dryopteris afinis, fento
Fento común, Pteridium aquilinum
Filipendula vulgaris, florece en prados maio-xullo, en prados húmidos, en Galicia sobre chans básicos ou ultrabásicos (Guía das Plantas de Galicia), escasa a nivel galego
Freixa, Fraxinus angustifolia, bosque ripícola en galería xunto con Amieiros, Alnus glutinosa, e Salgueiros, Salix spp., tamén se atopa en lameiros adevesados que exerce un efecto protector baixo a súa cuberta (Influência de uma árvore isolada de freixo (Fraxinus angustifolia Vahl) no microclima num lameiro em Trás-os-Montes), as árbores máis antigas presentan podas tradicionais para leña e redución da área de sombra nas praderías
Lengüeira, Serapias lingua, orquídea, na zona ten nome vernáculo compartido con S. cordigera, súa denominación sería Galocrista, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia
Macela brava, Anthemis arvensis
Oliveira, Olea europaea
Orquídea de esporón enchido, Orchis coriophora subsp. Martrinii, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia
Parentucellia viscosa, escrofulariácea habitante de pasteiros
Sobreira, Quercus suber, con explotación tradicional de cortiza
Lóxicamente, as especies de flora son moitísimas máis das descritas, só se puxeron as que de algunha maneira chamaron a atención dos observadores.
Aves:
Lavanco, Anas paltyrhynchos
Garza real, Ardea cinerea, lugar de alimentación
Cegoña branca, Ciconia ciconia, lugar de alimentación
Tartaraña cincenta, Circus pygargus, zona de caza, especies considerada como vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas
Miñato común, Buteo buteo
Falcón peregrino, Falco peregrinus, territorio de caza
Ataíño, Falco tinnunculus, territorio de caza
Cegoña branca, Ciconia ciconia, lugar de alimentación
Paspallás, Coturnix coturnix
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Cuco, Cuculus canorus
Curuxa, Tyto alba
Avelaiona, Strix aluco
Moucho de orellas, Otus scops
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Bubela, Upupa epops
Peto verdello, Picus viridis
Peto real, Dendrocopos major
Peto pequeno, Dendrocopos minor
Peto formigueiro, Jynx torquilla
Cotovía dos camiños, Galerida cirstata
Cotovía pequena, Lullula arborea
Lavandeira cincenta, Motacilla cinerea
Lavandeira branca, Motacilla alba
Carriza, Troglodytes troglodytes
Azulenta, Prunella modularis
Paporrubio, Erithacus rubecula
Rousinol común, Luscinia megarhynchos
Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros
Chasco común, Saxicola torquata
Merlo común, Turdus merula
Tordo común, Turdus philomelos
Tordo malvís, Turdus iliacus, invernante
Rousinol bravo, Cettia cetti
Picaxuncos, Cisticola juncidis
Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla
Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala
Papuxa común, Sylvia communis
Papuxa carrasqueira, Sylvia cantillans
Folosa amarela, Hippolais polyglotta
Picafollas común, Phylloscopus collybita, invernante
Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus
Papamosca cincento, Muscicapa striata, cria confirmada preto da zona
Papamoscas negro, Ficedula hypoleuca, en paso posnupcial
Ferreiriño real, Parus major
Ferreiriño azul, Parus caeruleus
Ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus
Gabeador común, Certhia brachydacyla
Picanzo real, Lanius meridionalis
Picanzo vermello, Lanius collurio, cría confirmada preto da zona
Pega, Pica pica
Corvelo, Corvus corone
Estorniño negro, Sturnus unicolor
Papafigos, Oriolus oriolus
Pardal común, Passer domesticus
Pimpín, Fringilla coelebs
Liñaceiro, Carduelis cannabina
Xílgaro, Carcuelis carduelis
Verderolo, Carcuelis chloris
Úbalo, Carduelis spinus, invernante
Xirín, Serinus serinus
Trigueirón, Emberiza calandra
A lista de aves realizouse mediante observación e puntos de escoita, incluíndo algunha cita anterior doutros anos ou de aves invernantes.
As aves mencionadas son as más comúns na zona e arredores, facendo un seguimento ao longo do ano a lista aumentaría significativamente.
Os Petos (Picidae) están moi ben representados, coas catro especies que teñen presenza na comarca, sobresae o Peto pequeno, Dendrocopos minor, con marteleos e voces en plena época de reproducción (nidificación probáble), son uns excelentes indicadores da boa saúde forestal que neste caso comprendería o bosque de ribeira do regato de Ábedes.
Mamíferos:
Raposa, Vulpes vulpes
Morcego común, Pipistrellus pipistrellus
Morcego rabudo, Tadarida teniotis, especie escasa en Galicia (Guía dos Mamíferos de Galicia)
Teixugo, Meles meles
Debido a difícil detectabilidade de mamíferos só se puideron constatar estas especies, de certeza que o lugar é frecuentado por moitas máis.
Anfibios:
Píntiga, Salamandra salamandra
Pintafontes común, Lissotriton boscai
Pintafontes verde, Triturus marmoratus
Sapiño comadrón, Alytes obstetricans
Sapiño pinto, Discoglossus galganoi, incluída como subespecie no Catálogo galego de especies ameazadas
Sapo de esporóns, Pelobates cultripes, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas, hai unha proposta para incluír esta especie na categoría de en perigo de extinción
Sapo cunqueiro, Bufo bufo
Sapo corriqueiro, Epidalea calamita
Estroza, Hyla arborea, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas
Ra patilonga, Rana iberica, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas
Ra verde, Pelophylax perezi
O elenco suma un total de once especies de anfibios, interesantísimo dato, prácticamente a totalidade das existentes na comarca, só faltaría a Saramaganta, Chioglossa lusitanica, que se considera extinguida ao non haber citas recentes.
Réptiles:
Ladra, Tarentola mauritanica, hai unha boa poboación no balneario de Cabreiroá que podería dispersarse pola contorna, a Comarca de Monterrei podería ser a única zona de distribución natural de especie en Galicia (Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia)
Esgonzo común, Chalcides striatus
Lagarto arnal, Timon lepidus
Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica
Lagarta rabuda, Psammodromus algirus
Escáncer cego, Blanus cinereus, especie moi rara en Galicia que só se atopa na Comarca de Monterrei (Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia)
Serpe riscada, Rhincechis sacalaris
Cobregón, Malpolon monspessulanus
Cobra viperina, Natrix maura
Cobra de colar, Natrix natrix
Só detectamos a presenza destes once réptiles mediante procura no terreo e citas anteriores, o que non quere dicir que non existan outras especies de ampla distribución na comarca de Monterrei coma o Escáncer común, Anguis fragilis, ou a Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, incluso o Lagarto das silvas, Lacerta schreiberi.
Invertebrados:
Alacrán ceboleiro, Grillotalpa grillotalpa
Escornabois menor, Dorcus parallelopipedus
O campo dos invertebrados é amplísimo polo que só se fan estas dúas reseñas de especies de insectos atopadas de casualidade nunha saída á zona.
En zonas cercanas atopáronse as tres especies de Barbatesas presentes na comarca: Mantis religiosa, Empusa pennata e Ameles spallanziana.
Dentro dos insectos as bolboretas é un dos grupos que estaría más diversificado na comarca. Para detectar as especies existentes na zona habería que facer varias saídas ao longo do ano. Na comarca de Monterrei atoparíanse as seguintes especies:
| Hesperiidae |
| Nymphalidae |
| Pieridae |
|
|
|
|
|
|
1 | Carcharodus alceae | 1 | Aglais urticae | 1 | Anthocharis cardamines |
2 | Pyrgus malvoides | 2 | Boloria dia | 2 | Aporia crataegui |
3 | Pyrgus serratulae | 3 | Boloria selene | 3 | Pieris (Artogeia) napi |
4 | Thymelicus sylvestris | 4 | Issoria lathonia | 4 | Pieris brassicae |
5 | Thymelicus actaeon | 5 | Melitaea (Mellicta) athalia | 5 | Colias crocea |
6 | Hesperia comma | 6 | Melitaea (Mellicta) deione | 6 | Euchloe crameri |
7 | Erynnis tages | 7 | Melitaea cinxia | 7 | Leptidea sinapis |
8 | Ochlodes venata | 8 | Melitaea phoebe | 8 | Pontia daphlidice |
9 | Spialia sertorius | 9 | Melitaea trivia | 9 | Gonepteryx rhamni |
|
| 10 | Inachis io |
|
|
| Lycaenidae | 11 | Apatura ilia |
| Zygaenidae |
|
| 12 | Arethusana arethusa |
|
|
1 | Aricia cramera | 13 | Argynnis paphia | 1 | Zygaena trifolii |
2 | Callophrys avis | 14 | Argynnis adippe | 2 | Zygaena sarpedon |
3 | Callophrys rubi | 15 | Argynnis niobe | 3 | Zygaena filipendula |
4 | Celastrina argiolus | 16 | Argynnis pandora | 4 | Procris sp. |
5 | Glaucopsyche alexis | 17 | Brenthis daphne |
|
|
6 | Lycaena tityrus | 18 | Brintesia circe |
|
|
7 | Lycaena phlaeas | 19 | Nymphalis polychloros |
|
|
8 | Tomares ballus | 20 | Nymphalis antiopa |
|
|
9 | Aricia agestis montensis | 21 | Charxes jasius |
|
|
10 | Cacyreus marshalli | 22 | Coenonympha dorus |
|
|
11 | Thecla quercus | 23 | Coenonympha pamphilus |
|
|
12 | Laeosopis roboris | 24 | Coenonympa arcania |
|
|
13 | Lampides boeticus | 25 | Coenonympha glycerion |
|
|
14 | Leptotes pirithous | 26 | Euphydryas aurinia |
|
|
15 | Lycaena alciphron | 27 | Hipparchia statilinus |
|
|
16 | Plebejus argus | 28 | Hipparchia semele |
|
|
17 | Polyommatus icarus | 29 | Hipparchia fidia |
|
|
18 | Pseudophilotes baton | 30 | Hipparchia alcyone |
|
|
19 | Satyrium esculi | 31 | Lassiommata megera |
|
|
20 | Satyrium spini | 32 | Lassiommata maera |
|
|
|
| 33 | Limenitis reducta |
|
|
| Papilionidae | 34 | Maniola jurtima |
|
|
|
| 35 | Melanargia lachesis |
|
|
1 | Papilio machaon | 36 | Pararge aegeria |
|
|
2 | Iphiclides feisthamellii | 37 | Polyogonnia c-album |
|
|
3 | Zerynthia rumina | 38 | Pyronia bathseba |
|
|
|
| 39 | Pyronia cecilia |
|
|
|
| 40 | Pyronia tithonus |
|
|
|
| 41 | Vanessa atalanta |
|
|
|
| 42 | Vanessa cardui |
|
|
|
| 43 | Hyponephele lupina |
|
|
* Información facilitada por Rafael Estévez e José Álvarez Gándara
A maioría das especies de fauna descritas estarían protexidas en maior ou menor medida polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas, Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, Directiva de Aves, Directiva de Hábitats ou Convenio de Berna.
Bibliografía:
Anfibios y reptiles de la Península Ibérica, Baleares y Canarias. Barbadillo, L. J.; Lacomba, J. I.; Pérez-Mellado, V.; Sancho, V.; López Jurado, L. F. Editorial Planeta, S.A. – Barcelona (1999)
Espacios Naturais de Galicia. 3. Provincia de Ourense. Villarino Gómez, A.; González Prieto, S. Baía Edicións – A Coruña (1997)
Flora Ilustrada del Centro y Norte de la Península Ibérica. García López, J. M.; Allué Camacho, C. Exlibris Ediciones, S.L. – Madrid (2002)
Guía das Orquídeas de Galicia. Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. Baía Edicións – A Coruña (2006)
Guía das Aves de Galicia. Penas Patiño, X. M.; Pedreira lópez, C.; Silvar, C. Baía Edicións – A Coruña (2004)
Guía das Orquídeas de Galicia. Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. Baía Edicións – A Coruña (2006)
Guía das Plantas de Galicia. García, X. R. Edicións Xerais de Galicia, S.A. – Vigo (2008)
Guía de Campo de los Insectos de España y de Europa. Chinery, M. Ediciones Omega, S.A. – Barcelona (2001)
Guía dos Anfibios e Réptiles de Galicia. Asensi Cabirta, M. Baía Edicións – A Coruña (2006)
Guía dos Fentos de Galicia. Niño Ricoi, H. Baía Edicións – A Coruña (2008)
Guía dos Mamíferos de Galicia. Díaz d’a Silva, J. I.; Cartelle, Y. Baía Edicións – A Coruña (2007)
Influência de uma árvore isolada de freixo (Fraxinus angustifolia Vahl) no microclima num lameiro em Trás-os-Montes. Modification of microclimate by an isolated ash-tree (Fraxinus angustifolia Vahl) in natural pastures of Northeastern Portugal. Pereira, E.; Abreu, F. G.; Madeira, M. Rev. de Ciências Agrárias, (jul. 2007), vol.30, no.2, p.233-245. ISSN 0871-018X
Pájaros Carpinteros: Excelentes indicadores forestales. La Garcilla nº 99. Díaz Esteban, M. pág. 8-15. SEO/BirdLife – Madrid (1997)
Tembledas, las alamedas de montaña. Biológica nº 42. pág. 44-55. Oria de Rueda, J. A. Editorial América Ibérica – Madrid (2000)
Publicacións web:
http://www.grupogeas.org/actividades/eumediterraneos.htm Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia.. Martiño Cabana Otero. Grupo de Estudos dos Animais Salvaxes GEAS – 2008
http://verin-natural.blogspot.com/
http://vialdeabedes.blogspot.com/
Lexislación:
Decisión 2004/813/CE de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. Diario Oficila de la Unión Europea, 29.12.2004, L378/1
Diorectiva 70/409/CEE del Consejo, de 2 de abril de 1979, relativa a la conservación de las aves silvestres. Diario Oficial nº L 103 de 25/4/1979, p. 1
Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación de los hábitats naturales y de la fauna y flora silvestres. Diario Oficial nº L 206 de 22/07/1992, p. 0007, con modificaciones posteriores
Instrumento de ratificación de 13 de mayo de 1986 del convenio de 19 de septiembre de 1979 relativo a la conservación de la vida silvestre y del medio natural en Europa, hecho en Berna (BOE nº 235 de 1/10/1986)
Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). Diario Oficial de Galicia, DOG, Mércores, 19 de Maio de 2004, Nº 95, páx. 7.073
Real Decreto 439/1990, de 30 de marzo (BOE nº 82, 5 abril 1990). Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, con modificaciones hasta la situación actual
Colaboradores:
En flora participaron: Eduardo Castro, Pastor Santamarina e Xosé Ramón Reigada
En anfibios e réptiles participaron: Alberto Rivero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada
En aves, mamíferos e invertebrados utilizouse a información obtida por Xosé Ramón Reigada
Capela do San Antón antes de asfaltarse o camiño na década pasada
Este resumo realizouse durante os meses de maio e xuño do 2010
Verín, 14 de xuño do 2010. Xosé Ramón Reigada