Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0.
Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
Cómo subir un arquivo a Slideshare
Slideshare é unha aplicación web que nos permite almacenar arquivos en formatos pdf, ppt e moitos máis.
Para poder facelo é necesario rexistrarnos.
ENDEREZO: http://www.slideshare.net/login?from_logout=1
Para facelo, pulsaremos en “Signup”. (E en posteriores accesos entraremos a través de “Login” cos datos de usuario e contrasinal que creemos neste primeiro paso).
O rexistro non é demasiado complicado; só temos que indicar unha direción de correo (recomendable non usar a da xunta porque nos enviarán bastantes emails de propaganda), o noso nome e a contrasinal. Aceptar términos de uso. E LISTO!!!
O meu nome de usuario | |
A miña contrasinal |
2) Cómo subir un arquivo a Slideshare
Sabremos que estamos dentro da aplicación porque nos saluda có noso nome .
Se pulsamos en “My Slideshare”, veremos os nosos arquivos almacenados.
Para subir novos arquivos, pinchamos en “Upload”. Chegamos á pantalla superior.
Pulsamos en “Browse and select files” para buscar e selecionar arquivos dende o noso PC ou ben outro dispositivo extraíble (cd, usb) .
Aparece a xanela que na que se amosa o contido do noso PC (igual que cando dende o correo da Xunta adxuntamos un arquivo). Selecionamos o arquivo. Ollo; só nos aparecerán os arquivos cuxo formato sexa aceptado por Slideshare: arquivos .ppt, .doc, pdf, etc.
Una vez elixido pulsamos en “Abrir”. Observaremos o avance da carga. (Tarda bastante en subir pero merece a pena esperar).
Rematada a carga, na ventá que aparece escollemos cómo queremos que sexa o arquivo.
Facemos unha pequena descrición e poñemos etiquetas se o cremos conveniente (sería como palabras clave de búsqueda)
Indicamos se queremos que poida ser descargado por terceiros e, finalmente pulsamos o botón “Publish”.
Nesta xanela infórmanno se a carga foi efectuada correctamente pois, cando apareza o rótulo “Work in progress”, significa que o proceso rematou correctamente.
Aparecerán las etiquetas que temos postas e si se trata dun arquivo público ou ben privado (só o verían as persoas que convidamos).
Co tempo, e no caso de que sexa visitado, aparecerá tamén o número de visitas.
3)Insertar as miñas publicacións nun sitio web: blogger ou web por exemplo.
Para conseguir o código a insertar a presentación no noso sitio, facemos clic no nombre do arquivo.
Na parte esquerda, apareceranos unha miniatura do arquivo e, na parte dereita (entre outras cousas) veremos o código html para insertar na web ou blog. Normalmente aparece marcado cunha frecha vermella.
Se facemos clic sobre éste, quedará marcado (cor azul). Una vez marcado o código, copiámolo “Control+C” ou co botón dereito do rato.
Co código copiado, imos ao blog ou web.
Pegámolo en modo HTML con “Control+V” ou co botón dereito do rato e, PUBLICAMOS.
*AO REMATAR PREMEMOS SEMPRE EN “LOGOUT” NA PARTE SUPERIOR DEREITA DA PÁXINA.