DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO 6º
LOIS…. ¿LICHES A NOTICIA DO XORNAL QUE FALA DO AUMENTO DE EMBARAZOS NON DESEXADOS EN ADOLESCENTES…?

- Os nenos e nenas de 6º inician a etapa da vida na que se produce o paso da infancia á adolescencia.
- Neste momento, aínda non ocorren nin grandes conflitos nin interferencias cos procesos de aprendizaxe.
- Esta etapa, pode levar aos nenos e nenas a un gran crecemento persoal. Deben de estar preparad@s para os cambios que se aveciñan.
¡Necesitan o apoio da familia!
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP OTERO PEDRAYO
- No corpo d@s nen@s van iniciando os cambios da puberdade. Poden aparecer conflitos relacionados coa aceptación do seu corpo, da súa imaxe.
- As vivencias e experiencias cos demais influen moito na súa vida Un problema de comunicación con amig@s, familia, mestra...Repercute no seu estado de ánimo.
- Buscan a súa identidade e necesitan mellorar a autoestima e reafirmarse. Na procura de reafirmación poden aparecer condutas negativas
- No seu desenvolvemento intelectual amosan capacidade de imaxinar situacións, facer deducións, sacar conclusións.
- Interacciona cos adultos e contrasta a través da comunicación o seu propio pensamento co dos outros.
- Aumenta a súa capacidade de observación e reflexión. O seu razoamento basease na lóxica.
- Indo ao encontro das súas dúbidas e inquedanzas sobre a sexualidade dun xeito claro e natural.
- Sendo conscientes de que tod@s necesitamos querer e ser querid@s para sentirnos ben.
- Dando prioridade ao tempo de convivencia e diálogo con el/ela e limitando o tempo de T.V. , video consola…
- Educando@s como persoas moralmente comprometidas. É importante que saiban “que facer” pero tamén é imprescindible que teñan conciencia clara “do que non se debe facer” .
- Cómpre que aprendan a ser solidari@s, e a non producir sufrimento aos demais. Por iso non debedes pechar os ollos as condutas de abuso d@s fill@s.
- Proporcionando un ambiente de traballo e materiais e recursos axeitados. Esixindo un horario determinado e traballo autónomo para ir anticipando a nova etapa no Instituto.
- Tendo en conta e valorando as súas opinións. Estimulando a formación dun “proxecto de vida” propio. Recordar que unha vida sen proxecto é unha vida con desesperanza.