DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEP CELSO EMILIO FERREIRO
.. RESPECTA A PERSOA QUE A TÚA FILLA LEVA DENTRO
...RESPECTA A PERSOA QUE O TEU FILLO LEVA DENTRO
¡ASÍ APRENDERÁ A RESPECTAR!
DEBUXOS: Francesco Tonucci
A familia é a primeira educadora:
… O proceso de aprendizaxe de cada neno ou nena, vai acontecendo, dende que nace, no ambiente familiar.
…As vivencias que absorbe consciente ou inconscientemente, vanse transformando de vagariño no seu propio “saber”.
… O apoio da familia, e o seu interese, son insustítuibles na vida escolar.
…O compromiso da familia coa educación de cada neno ou nena debe ser total.
◊◊◊ Aínda son moi dependentes respecto dos adultos. Necesitan axuda e din con frecuencia que non saben facer algo. Esta falta de autonomía maniféstase sobre todo no plano intelectual.
◊◊◊ A afectividade convértese nun factor de motivación e de progreso. É vital que sintan que as persoas maiores que están ao seu carón esperan cousas positivas de el/ela. Para medrar e aprender necesitan querer e ser queridos/as.
◊◊◊ O seu pensamento vai evolucionando a partir do contraste entre o que xa sabe e o que aprende de novo, tratando de resolver pequenos problemas que se lle presentan, vivindo novas experiencias... Cada neno ou nena, aprende de maneira diferente e ten un ritmo propio.
◊◊◊ Decátanse de que xa non son o centro do mundo. As súas relacións sociais amplíanse: compañeiros e compañeiras cos que xogar, traballar, falar..., na escola mellorarán a súa capacidade de comunicación e a súa socialización.
◊◊◊ É o momento de crear hábitos de traballo, de descubrir o gusto de aprender. O esforzo que realizan, merece un recoñecemento. Ademais hai outros factores que contribúen ao éxito ou fracaso escolar: o estado físico, a atención, a situación ambiental...
◊◊◊ É o gran momento do acceso á lectura e á escritura. Cando o pracer de ler e escribir é compartido e vivenciado na familia, é moito máis doado acadar as metas propostas. Cando facemos nenos e nenas lectores apaixoados de libros, probablemente esteamos a asegurar o seu éxito escolar.
≈ Promovendo a súa propia autonomía. Permitindo que resolvan os seus pequenos dilemas e sendo conscientes do atraso que supón unha axuda innecesaria. Dándolle pequenas responsabilidades e procurando que respecten unhas normas básicas.
≈ Velando polo seu equilibrio emocional, dando resposta ás súas dúbidas e apoio diante dos seus problemas. Proporcionando modelos de convivencia tranquila, sen berros nin golpes, con diálogo e cariño. Amosando interese polos seus sentimentos.
≈ Interesándovos polas súas actividades escolares e polas aprendizaxes novas en xeral. Se a familia valora o que o neno ou nena aprenden, estes sentirán desexos de aprender.
≈ Promovendo as relacións persoais con outros nenos e nenas, dándolle importancia á convivencia no grupo e ao xogo. Controlando moito o tempo de permanencia diante da TV, do computador, da vídeo consola...Falando diariamente con eles/elas.
≈ Partindo de que os nenos e nenas deben ir contentos á escola e teñen que querer aprender. Para iso cómpre unha colaboración activa da familia, unha organización do tempo libre que posibilite que as cousas que se aprendan na escola poidan ser contadas e aplicadas na vida cotiá...
≈ Tendo tempo diariamente para disfrutar da lectura con eles/elas e proporcionándolles libros axeitados. Os primeiros libros deben ser de moita ilustración e textos curtiños e con letra clara. É recomendable que as actividades propostas sexan atractivas.
≈ Coidando a súa saúde física, principalmente o tempo de sono ( unhas dez horas diarias), e a dieta, que debe ser variada. Cómpre restrinxir o consumo de pastelería industrial e “chuches” xa que son perxudiciais para a saúde.