A educación que reciben os nenos e nenas nestes primeiros anos de vida é vital para o desenvolvemento do seu pensamento, da súa personalidade e socialización...
A familia é a primeira educadora e desempeña un papel principal neste proceso.
É UN TEMPO PRIVILEXIADO E IRRECUPERABLE QUE NON SE PODE PERDER. POR ISO, ESCOLA E FAMILIA TEMOS A OBRIGA DE COORDINARNOS E XUNTAR ESFORZOS.
¡Xogámonos o futuro!
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP OTERO PEDRAYO
E TITORAS DE E. INFANTIL
¿Como son as nenas e nenos no 2º ciclo de Educación Infantil?
- Cada neno e nena compórtase dun xeito propio e persoal. É singular e necesita afecto para medrar con equilibrio.
- Vai avanzando moito no seu desenvolvemento psicomotriz.
- Sabe utilizar tódalas capacidades corporais: comer so/a, vestirse, correr, saltar, gabear...
- Ten a capacidade de expresarse e de comunicarse con outr@s.
- Empezan a madurar as funcións básicas como a memoria, a atención, a imaxinación, a vontade...
- Vólvese curios@, interésalle todo, quere coñecer e tocar todo.
- Vai adquirindo hábitos e habilidades. A orde, os costumes, as normas que se lle dan, tanto pola familia como pola escola son VITAIS para o seu desenvolvemento.
¿Que podes facer para axudarlle?
- Aproxímate á escola e participa das súas propostas .
- Non diferencies o trato aos nenos e ás nenas. Non hai tarefas para nenos ou para nenas, hai tarefas para colaborar.
- Promove o desenvolvemento da súa autonomía e a confianza en si mesm@. Que vaia aprendendo a vestirse, abotoarse, limpar os mocos...
- Valora o xogo: ¡ o neno e a nena aprenden xogando.!
- Promove a súa socialización: que a súa relación cos demais sexa positiva; sen berros, sen pelexas, sen agresións...
- Busca un momento cada día para escoitar ao teu fillo ou filla, conversar, contar e ler contos...
- Preocúpate de que adquira hábitos diarios de orden e colaboración. Non esquezas que se adquiren polos “modelos” dos/das adultos/as do seu contorno.
- Proporciónalle experiencias diferentes, axúdalle a coñecer o mundo.
OS NENOS E NENAS NECESITAN:
APRENDER A CONVIVIR

QUE AS PEQUENAS OPERACIÓNS COTIÁS SE CONVIRTAN EN HÁBITOS SOBRE OS QUE CONSTRUÍR A SÚA AUTONOMÍA

UN AMBIENTE MOTIVADOR DE UN PAI E UNHA NAI QUE LLES DEDIQUEN TEMPO

XOGAR

¿SABES?
MAÑÁ IMOS Á ESCOLA A FALAR COA TÚA PROFE

DEBUXOS:FRANCESCO TONUCCI